DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71877

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2023 pola que se actualizan os anexos VI e VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, a orde a que fai referencia o título desta resolución codificou tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar os servizos xestores e as tarifas existentes, razón pola que mediante esta resolución se revisan as codificacións recollidas na orde citada, consonte a autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992.

As normas que motivan as modificacións son as que se citan a seguir:

– Lei de medidas fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024.

– Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (disposición derradeira quinta).

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

A) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

32.29.20

Reclasificación de recursos da sección A) e recursos da sección C)

32.57.05

Modificación non substancial dunha autorización ambiental integrada (AAI)

32.82.00

Actuacións de inspección ambiental de Galicia

32.82.01

Realización de inspeccións ambientais programadas realizadas polo persoal inspector ambiental a instalacións IPPC recollidas na epígrafe 9.3 do Real decreto lexislativo 1/2016 (granxas IPPC)

32.82.02

Realización de inspeccións ambientais programadas realizadas polo persoal inspector ambiental a instalacións IPPC distintas das recollidas na epígrafe 9.3 do Real decreto lexislativo 1/2016 (instalacións industriais IPPC)

32.82.03

Realización de inspeccións ambientais programadas realizadas polo persoal inspector a instalacións non afectadas polo Real decreto lexislativo 1/2016 (instalacións non IPPC)

32.82.04

Realización de inspeccións ambientais non programadas realizadas polo persoal inspector ambiental

B) Modificando os códigos seguintes:

30.39.02

Inscrición da xunta directiva

30.39.04

Inscrición de modificación dos estatutos

30.39.07

Inscrición de incorporación/separación de asociacións a unha federación ou unión de asociacións, e incorporación/separación de federacións a unha confederación

30.39.08

Copia de estatutos

30.39.09

Copia doutros documentos depositados no rexistro e obtención de informacións, certificacións ou listaxes

30.46.01

Inscrición inicial no rexistro

30.46.03

Inscrición de modificación do órgano de goberno

30.46.07

Modificación/desembolso da dotación

30.46.08

Constitución/modificación/supresión de comisións

30.46.09

Nomeamento/cesamento xerencia ou membros de comisións

30.46.11

Copia doutros documentos depositados no rexistro e obtención de informacións, certificacións ou listaxes

30.46.12

Certificado de denominación

30.46.15

Dilixenciado de libros

30.48.00

Expedición e renovación da habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

30.51.05

Autorización da instalación e localización de máquinas de apostas

30.51.06

Comunicación de instalación de máquinas de apostas

31.04.07

Funcionamento e rexistro de entidades colaboradoras en materia de formación agroforestal e de protección dos animais utilizados para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia

32.70.00

Tramitación dun plan ou proxecto sectorial de incidencia supramunicipal

C) Eliminando os códigos seguintes:

30.10.07

Documentos profesionais

30.11.06

Documentos profesionais

30.40.03

Autorización de ampliación de horarios

30.48.01

Participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación

30.48.02

Expedición e renovación da habilitación

31.07.28

Formación en materia de benestar animal

32.52.27

Realización de inspeccións previas ao outorgamento das autorizacións para as operacións de tratamento de residuos

32.57.03

IPPC distintas das recollidas na epígrafe 9.3 do Real decreto lexislativo 1/2016 (instalacións industriais IPPC)

32.57.04

IPPC recollidas na epígrafe 9.3 do Real decreto lexislativo 1/2016 (granxas IPPC)

32.70.01

Tramitación dun plan ou proxecto sectoriais de incidencia supramunicipal

32.70.02

Tramitación dun proxecto industrial estratéxico

Segundo. Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, que queda como segue:

Banco Santander

Banco Sabadell

BBVA

Targobank

Evo Banco

Abanca

Ibercaja

Caixabank

Caja Rural Galega

Caja Rural Zamora

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2024.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia