DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71875

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se adxudica o V Premio empregados/as públicos/as innovadores/as, correspondente á convocatoria do ano 2023.

Mediante a Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación do 8 de agosto de 2023 (publicada no DOG núm. 161, do 25 de agosto) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o V Premio empregados/as públicos/as innovadores/as, co obxectivo de sensibilizar e incentivar o uso da innovación para a mellora dos servizos públicos e a optimización na xestión dos recursos públicos.

En cumprimento do establecido no artigo 11 das bases reguladoras «A adxudicación dos premios realizarase mediante resolución da directora de Gain, de acordo coa proposta do comité de avaliación».

De acordo co exposto, e seguindo o procedemento regulado nas bases reguladoras,

RESOLVO:

1. Adxudicar o V Premio empregados/as públicos/as innovadores/as na súa convocatoria do ano 2023, logo da proposta do comité de avaliación:

– Na categoría de Identificación de oportunidades a solicitude achegada por María Monserrat Rodríguez Varela, con NIF ***3016** e José María Pita Ponte con NIF ***7017** polo proxecto «Countdown begins 2030-Mapa Térmico de Galicia». Ao tratarse dunha solicitude en equipo, o premio consistirá nun importe en metálico de 3.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Na categoría de Proxecto coa temática máis innovadora, a solicitude achegada por José Ángel Vidal Álvarez, con NIF ***0732**, polo proxecto «Procesos Control Avispa Asiática». Ao tratarse dunha solicitude individual, o premio consistirá nun importe en metálico de 2.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

2. Conforme ao artigo 22 das bases reguladoras, os premios financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 05.A2.561A.480.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2023.

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto no devandito boletín oficial, de acordo co disposto nos artigos 8.2.a), 14 e 46.4, respectivamente.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación