DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71873

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT215B).

BDNS (Identif.): 734604.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas legalmente constituídas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións de concesión en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para impulsar o apoio á realización de festivais de cinema de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT215B).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito global de 300.000 euros, código de proxecto 2015-00003 repartido nas aplicacións orzamentarias seguintes:

10. A1.432B.460.0: 50.000 euros (entidades locais).

10. A1.432B.470.0: 35.000 euros (empresas).

10. A1.432B.481.0: 215.000 euros (asociacións).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais