DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71880

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O).

O 16 de xuño de 2023, a Axencia Instituto Enerxético de Galicia publicou a Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público (código de procedemento IN422O) (DOG núm. 114, do 16 de xuño), aprobado polo Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro, modificado polo Real decreto 377/2022, do 17 de maio, polo que se amplía a tipoloxía de beneficiarios do Real decreto 477/2021 e do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro (BOE núm. 118, do 18 de maio de 2022).

O 28 de decembro de 2023 publícase no BOE o Real decreto polo que se modifica o Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro, e amplíase a data do prazo de solicitudes e a vixencia do programa de incentivos ata o 31 de xullo de 2024.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 28 do Estatuto de autonomía, coas facultades conferidas pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co sinalado no Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a Resolución 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público (código de procedemento IN422O), nos seguintes termos:

Única. O número 2 do artigo 5 queda redactado como segue:

«2. O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas, transcorridos 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de xullo de 2024».

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia