DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2024 Páx. 100

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2023 pola que se modifica o anexo II e V da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigas formais e de subministración de información tributaria.

A Orde do 9 de decembro de 2020 aprobou os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigas formais e de subministración de información tributaria.

Para adaptar os anexos da devandita orde aos diversos cambios normativos acaecidos modificáronse nas resolucións da Axencia Tributaria de Galicia do 25 de xaneiro, 4 de marzo, 14 de maio de 2021, 10 de xaneiro de 2022 e 10 de xaneiro de 2023.

Na Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, introdúcese unha modificación do tipo de gravame aplicable no caso de transmisión de vehículos de motor usados que pasan do 8 % ao 3 %, excepto os vehículos que tributan por cota fixa, e establécese un tipo do 0 % cando se trate de vehículos usados clasificados no Rexistro de Vehículos coa categoría ambiental «0 emisións» e as bicicletas, bicicletas de pedais con pedaleo asistido e vehículos de mobilidade persoal. Ademais, nesta lei para os casos de adquisición dun inmoble que vaia ser obxecto de inmediata rehabilitación fíxase un tipo de gravame do 6 % ou 4 %. Este último aplicable se o inmoble se atopa nalgunha das parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais.

O exposto fai necesario modificar no anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 o cadro de concepto/clave/tipo do modelo 600, así como os exemplares en que consta a denominación da carta de pagamento que pasa a ser exemplar para outras administracións ou oficinas, e o anexo V, modelo 620, da citada orde; para iso, é competente a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia con base na habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da devandita orde.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro.

Modificar o anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 para substituír a denominación de carta de pagamento por exemplar para outras administración ou oficinas, e modificar o cadro de crlaves e conceptos que pasa a ser o seguinte:

ANEXO II

Modelo 600

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Segundo. Modificar o anexo V, modelo 620, da Orde de 9 de decembro de 2020 que pasa a ser o seguinte:

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Terceiro.

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación.

Disposición transitoria

Os modelos en papel de autoliquidacións que son substituídos mediante esta resolución seguirán tendo validez e eficacia ata o seu esgotamento.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2023

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia