DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2024 Páx. 113

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2023 pola que se modifican os anexos III e IV da Orde de 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A Orde do 21 de xaneiro de 2021 aproba os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pago e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

Para adaptar os anexos da devandita orde aos diversos cambios normativos acaecidos modificáronse estes nas resolucións da Axencia Tributaria de Galicia do 14 de maio e 6 de agosto de 2021.

Nestes momentos é preciso modificar os anexos III e IV correspondentes aos modelos da autoliquidación do imposto de sucesións e doazóns, 650 e 651, aprobados mediante a Orde do 21 de xaneiro de 2021 para substituír a denominación de cartas de pagamento por exemplares para outras administracións ou oficinas, sendo competente para iso a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia con base na habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da dita orde.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar os anexos III e IV da Orde do 21 de xaneiro de 2021 para substituír a denominación das copias das cartas de pagamento por exemplares para outras administracións ou oficinas, que pasan a ser os seguintes:

missing image file
missing image file

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición transitoria

Os modelos en papel de autoliquidacións que son substituídos mediante esta resolución seguirán tendo validez e eficacia ata o seu esgotamento.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2023

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia