DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2024 Páx. 560

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se publica a Resolución do 26 de outubro de 2023 que rectifica o erro da Resolución do 4 de outubro de 2023 pola que se declara de interese galego a Fundación Dynami: Refuerzos de Autonomía Personal e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Con data do 16 de outubro de 2023 publícase no Diario Oficial de Galicia número 196 a Resolución do 4 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se declara de interese galego a Fundación Dynami: Refuerzos de Autonomía Personal e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

De conformidade co disposto no artigo 7.2.a) do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, a inscrición da fundación que comportará a declaración de interese galego publicarase mediante a resolución da secretaría xeral do departamento correspondente no Diario Oficial de Galicia.

Advertido un erro na denominación da fundación, con data do 26 de outubro de 2023 emítese a resolución que procede á súa rectificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar a Resolución do 26 de outubro de 2023 pola que se procede á rectificación do erro da Resolución do 4 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se declara de interese galego a Fundación Dynami: Refuerzos de Autonomía Personal e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, que se xunta no anexo.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2023

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude

ANEXO

Resolución de corrección dun erro material na Resolución do 4 de outubro
de 2023 pola que se declara de interese galego a Fundación Dynami: Refuerzos
de Autonomía Personal e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións
de Interese Galego

Feitos:

1. O 4 de outubro de 2023, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, por proposta do subdirector xeral de Coordinación Administrativa, emite a resolución pola que se declara de interese galego a Fundación Dynami: Refuerzos para la Autonomía Personal e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, publicada no Diario Oficial de Galicia número 196, do 16 de outubro de 2023.

2. Consultados os datos do expediente, na dita resolución advírtese un erro na denominación da dita fundación.

Fundamentos de dereito:

1. Ao abeiro do disposto no artigo 3.2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a rectificación de erros materiais, de feito ou aritméticos, corresponderalle ao propio órgano administrativo que ditou o acto.

2. De conformidade co establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as administracións públicas poderán rectificar en calquera de momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

En vista do anterior e conforme o establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, resolvo que se proceda a emendar o dito erro material como se indica:

Na Resolución do 4 de outubro de 2023 ditada pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, onde di: «Fundación Dynami: Refuerzos de Autonomía Personal», debe dicir: «Fundación Dynami: Refuerzos para la Autonomía Personal».

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023, María Francisca Gómez Santos, secretaria xeral técnica.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Política Social e Xuventude, no prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.