DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5393

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

O Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, recolle determinadas intervencións para o desenvolvemento rural que perseguen os obxectivos xerais e específicos da PAC.

O Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013 establece normas relacionadas coa política agrícola común.

Conforme o citado Regulamento (UE) 2021/2115, o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, é aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión C(2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022, modificado pola Decisión de execución da Comisión C(2023) 5746 final, do 30 de agosto de 2023.

No devandito plan establécense normas en materia de financiamento dos gastos da PAC e sobre os sistemas de xestión e control que deben establecer os Estados membros e inclúe as intervencións que se aplicarán en 2023-2027 para dar resposta ás necesidades do campo español e así alcanzar os obxectivos da PAC e a ambición do Pacto verde europeo.

Entre estas intervencións está a 69611 de establecemento de agricultores mozos, 69612 de establecemento de novos agricultores, 68411 de axudas aos investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático, uso eficiente dos recursos naturais e benestar animal, e a intervención 68412 de axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias.

A nivel estatal, coa finalidade de realizar unha correcta implantación e xestión das intervencións incluídas no PEPAC de España para o período 2023-2027 publicouse unha serie de normas que teñen o seu vértice na Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas, que inclúe as penalizacións e sancións ás persoas beneficiarias.

Tamén cabe citar o Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, no cal se establecen disposicións sobre os controis que se deben levar a cabo para o conxunto de intervencións respecto das solicitudes de axuda e as solicitudes de pagamento.

Así como o Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027, no que se establecen os supostos de aplicación de penalizacións.

A autoridade de xestión emitiu informe favorable sobre esta orde, no que respecta ao cumprimento do establecido no Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España.

Conforme o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a tramitación electrónica será obrigatoria en todas as fases do procedemento, tendo en conta a cualificación técnica dos posibles beneficiarios destas liñas de axudas para o uso dos medios electrónicos, dada a natureza das axudas expostas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias en Galicia e convocadas para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, incluíndo as seguintes intervencións contidas no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC):

a) Intervención 68411 Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais, desenvolta no capítulo III, sección 1ª.

a. Subintervención 68411_01 Investimentos en explotacións.

b. Subintervención 68411_04 Pequenas explotacións.

b) Intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, desenvolto no capítulo III, sección 2ª.

a. Subintervención 68412_01 Explotacións.

b. Subintervención 68412_03 Pequenas explotacións.

c) Intervención 69611 Establecemento de agricultores mozos, desenvolto no capítulo III, sección 3ª.

a. Subintervención 68611_01 Incorporación agraria.

d) Intervención 69612 Establecemento de novos agricultores, desenvolto no capítulo III, sección 4ª.

a. Subintervención 68612_01 Novas persoas agricultoras.

Estas intervencións regúlanse mediante os seguintes procedementos administrativos:

a) MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas.

b) MR404B Establecemento de novos agricultores.

c) MR405D Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias.

d) MR405E Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Pequenas explotacións.

e) MR405F Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias.

f) MR405G Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Pequenas explotacións.

Artigo 2. Definicións

Serán de aplicación as definicións establecidas no PEPAC; no Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, sobre a aplicación, a partir de 2023, das intervencións en forma de pagamentos directos e o establecemento de requisitos comúns no marco do Plan estratéxico da política agrícola común, e a regulación da solicitude única do sistema integrado de xestión e control, e en particular:

1. Xefe de explotación: Persoa física ou grupo de persoas físicas que dispón do control efectivo e a longo prazo da explotación agraria, no que respecta ás decisións relacionadas coa xestión, os beneficios e os riscos financeiros, e polo tanto responsable da xestión das operacións financeiras e de produción habituais e diarias desta.

a) Persoa física: titular da explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

b) Persoa xurídica: persoa socia ou grupo de persoas socias que conten con, polo menos, a mesma porcentaxe de participación no capital social e nos dereitos de voto dentro da xunta reitora da persoa xurídica, igual á cota do socio maioritario. No caso de persoas agricultoras mozas, referirase ás persoas socias que cumpran os requisitos de persoa moza propios de persoa física.

2. Gastos xerais dos proxectos: os custos xerais vinculados ás operacións de investimento, tales como honorarios de enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade e plans empresariais.

3. Explotación agraria: conxunto de unidades de produción administradas por un mesmo titular de explotación agraria.

4. Titular de explotación agraria: persoa física ou xurídica, ou todo grupo de persoas físicas ou xurídicas, que ten o poder de adopción de decisións en relación coas actividades agrarias desempeñadas na explotación agraria, obtén os beneficios e asume risco empresarial derivado da actividade agraria.

5. Elementos da explotación: os bens inmobles de natureza rústica e calquera outro que sexa obxecto de aproveitamento agrario permanente; as construcións e instalacións agrarias, incluso de natureza industrial, e o gando, máquinas e apeiros, integrados na explotación e afectos a ela, cuxo aproveitamento e utilización corresponden a calquera das persoas titulares da explotación, en réxime de propiedade, arrendamento ou outro título xurídico que habilite para o exercicio da actividade agraria. Así mesmo, constitúen elementos da explotación todos os dereitos e as obrigas, incluídos os de produción e plantación, que poidan corresponder ás súas persoas titulares e estean afectos á explotación.

Só se terán en conta os elementos da explotación rexistrados no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

6. Pequena explotación: aquela explotación que figure inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, en que a renda unitaria de traballo (RUT) que se obteña resulte igual ou superior ao 20 % da renda de referencia e inferior ao 35 %.

7. Data de establecemento: determínase como data de incorporación a máis antiga das seguintes:

a) A súa primeira alta no réxime especial para traballadores autónomos (RETA) ou no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios (SETA), para traballadores con esa obriga legal como titular, exceptuando a súa inscrición como propietario ou familiar, así como as explotacións de pequena dimensión que se consideren admisibles.

b) Resolución favorable de axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas dentro das medidas de desenvolvemento rural.

c) Primeira inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou primeira percepción de axudas agrarias detectada.

8. Viabilidade económica: considérase que unha solicitude é viable cando, tras a execución dos investimentos, non diminúa a RUT da explotación ou, nos casos en que varíe o número de UTA, non diminúa a marxe bruta da explotación.

9. Unidade de traballo agrario (UTA): o traballo efectuado, de modo directo e persoal, por unha persoa dedicada a tempo completo durante un ano á actividade agraria.

Artigo 3. Requisitos para todas as persoas beneficiarias

1. Sen prexuízo do previsto no capítulo III, en todo caso, as persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Así mesmo, as persoas beneficiarias deberán dispor dunha contabilidade específica Feader.

Artigo 4. Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I, anexo II, anexo III, anexo IV, anexo V ou anexo VI) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A solicitude de axuda será cuberta a través da aplicación informática Melles á cal pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 5. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 6. Tramitación e resolución das axudas

1. O Servizo de Explotacións Agrarias de cada xefatura territorial da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes correspondentes ao seu ámbito xeográfico e realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales informará ao órgano colexiado da admisibilidade dos expedientes.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado aplicará os criterios de prioridade para que a persoa titular da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias formule a proposta de resolución. Este órgano estará presidido pola persoa titular do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario e integrado por tres persoas dese mesmo servizo con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

3. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, en virtude da orde da Consellería do Medio Rural, do 17 de novembro de 2015, vista a proposta, ditará a correspondente resolución no prazo de 6 meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, a persoa solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude.

Artigo 7. Notificacións

1. As notificacións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 8. Publicación dos actos

Publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e de denegación, que producirá os efectos da notificación.

Artigo 9. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Non se autorizarán modificacións da resolución de concesión da axuda que supoñan a modificación do obxecto ou finalidade do investimento para o cal foi concedida. Tampouco se autorizará a modificación das condicións tidas en conta para fixar os criterios de prioridade establecidos na resolución de concesión.

3. Estas modificacións requirirán a autorización desta consellería, que deberá ser solicitada, como máximo, 6 meses antes de que remate o prazo de execución. A solicitude destes cambios será anterior á súa execución e, nos casos en que sexa necesario, irá precedida da correspondente certificación de non inicio ou da acta notarial que acrediten fidedignamente o non inicio. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos e/ou gastos autorizados deberán ter data posterior á dita solicitude ou, se for o caso, á certificación de non inicio ou da acta notarial.

Estes cambios deberán ser autorizados pola persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da consellería.

O prazo para resolver estes cambios será de dous meses. Se, transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización, esta non se produce, a persoa beneficiaria entenderá denegada a súa petición de cambio de investimento e/ou gasto.

Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade o plan de mellora para o cal ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e o aprobado, a axuda recalcularase segundo corresponda á redución do investimento.

5. A consellería poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

6. Os cambios das características técnicas non terán a consideración de modificación para os efectos do punto primeiro deste artigo. Estes serán validados na certificación, logo de comprobación de elixibilidade e de moderación de custos.

Artigo 10. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 11. Incompatibilidade das axudas

1. As axudas reguladas por esta resolución serán compatibles con calquera outra axuda que co mesmo fin concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido e en relación coa incompatibilidade destas axudas con calquera outra cofinanciada con fondos europeos do Feader, artigo 36 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable.

2. No marco do Feader, unha operación unicamente poderá recibir distintas formas de apoio do Plan estratéxico da PAC e doutros fondos mencionados no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 2021/1060 ou de instrumentos da Unión, se o total acumulado das axudas concedidas en virtude das diferentes formas de apoio non supera a intensidade máxima de axuda ou o importe máximo de axuda aplicables a ese tipo de intervencións a que se refire o título III do Regulamento (UE) 2021/2115.

Artigo 12. Incumprimentos, penalizacións e reintegros

1. Procederá o reintegro total do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes, ou a parte proporcional que corresponda de acordo co plan de controis, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Non se aplicará ningunha penalización, nin exclusión, nin se exixirá o reintegro da axuda nos seguintes casos:

a) Cando o incumprimento obedeza a causas de forza maior ou circunstancias excepcionais previstas no artigo 3 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013; no artigo 4 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común; e no artigo 5 do Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións previstas no Plan estratéxico da política agrícola común, e modifícanse varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da Política Agrícola Común para o período 2023-2027.

b) Cando o incumprimento se deba a un erro da autoridade competente ou doutra autoridade e este erro non puidese ser razoablemente detectado pola persoa afectada.

c) Cando a persoa interesada poida demostrar de forma satisfactoria para a autoridade competente conforme os datos ou documentos achegados que non é responsable do incumprimento.

d) Cando o incumprimento se deba a erros manifestos recoñecidos pola autoridade competente, segundo o disposto no artigo 115.2 do Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro.

e) Outros casos en que a imposición dunha penalización non sexa adecuada, segundo o disposto no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro.

3. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores serán de aplicación as penalizacións previstas no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro. Os incumprimentos dos criterios/requisitos de admisibilidade e compromisos ou outras obrigacións que se produzan con relación ás axudas reguladas na presente orde, darán lugar á aplicación de distintas penalizacións en función do tipo de incumprimento de que se trate, atendendo á súa gravidade, alcance, persistencia, reiteración e intencionalidade, tal e como establece o artigo 4 do Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro.

Artigo 13. Obriga de facilitar información

As persoas interesadas deberán facilitar toda a información que lles sexa requirida polo órgano competente da Consellería do Medio Rural, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia, e o Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

Ademais, deberán proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 123 do Regulamento (UE) nº 2021/2115, do 2 de decembro de 2021.

Artigo 14. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 15. Publicidade das axudas

As persoas beneficiarias destas intervencións deberán dar a coñecer a axuda consonte as regras indicadas no anexo IX.

Artigo 16. Comezo da subvencionabilidade

So serán elixibles os investimentos que se realicen con posterioridade á data de presentación da solicitude, agás os gastos xerais dos proxectos. Inclúense obras e/ou instalacións fixas, cando exista un certificado do técnico competente da Consellería do Medio Rural en que se faga constar o non inicio destas.

Este certificado poderá ser substituído por unha acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra e/ou instalación fixa, sempre que estas ofrezan probas pertinentes e fiables de que as obras e/ou instalacións fixas non foron iniciadas con anterioridade á data de solicitude da axuda.

Artigo 17. Criterios de selección

As solicitudes de axuda serán ordenadas conforme os criterios de selección establecidos no anexo VIII desta orde de bases e deben cumprir o limiar mínimo para ser admisibles.

No caso de que varias solicitudes obtivesen a mesma puntuación, ordenaranse segundo se indica no citado anexo.

Ao tratarse dunha axuda en réxime de concorrencia competitiva, a puntuación mínima para conceder a axuda establecerase en función do orzamento convocado.

Artigo 18. Moderación de custos

A todos os custos subvencionables se lles aplicará un proceso de moderación de custos, tendo en conta o artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, mediante a comparación de tres ofertas diferentes e a aplicación dos módulos máximos para os investimentos incluídos no anexo X.

De non existir un módulo máximo específico, a moderación de custos realizarase tendo en conta os tres orzamentos presentados polo solicitante.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 19. Pagamento das axudas

1. O aboamento das axudas recollidas na sección 1ª e 2ª do capítulo III realizarase nun único pagamento, para o que o servizo territorial correspondente emitirá o informe correspondente á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, que será requisito necesario para o recoñecemento da obrigación e a tramitación da correspondente proposta de pagamento.

2. O aboamento das axudas recollidas na sección 3ª e 4ª do capítulo III realizarase en dous pagamentos. O primeiro deles do 60 % do importe da axuda concedida tras a concesión sen necesidade de presentar unha solicitude de pagamento. Para a percepción deste pagamento, as persoas beneficiarias estarán exentas da constitución de garantías, en virtude da autorización do Consello da Xunta de Galicia prevista no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O importe restante, 40 %, cando se verifique a correcta execución do plan empresarial.

O servizo territorial correspondente emitirá o informe correspondente á correcta execución do plan empresarial á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, que será requisito necesario para o recoñecemento da obrigación e a tramitación da correspondente proposta de pagamento final.

Artigo 20. Prazo de xustificación e ampliación

1. Todas as persoas beneficiarias dalgunha das axudas reguladas nesta orde deberán executar e solicitar o pagamento no prazo máximo de 24 meses da concesión da axuda.

2. Tendo en conta o anterior, ante a posibilidade de que se executen as actuacións subvencionadas ao longo de diferentes anualidades, establécense os seguintes prazos límite en función de cando se finalice a execución da actuación subvencionada:

a. Para as actuacións finalizadas antes do 1 de novembro de 2024, o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza o 15 de novembro de 2024.

b. Para as actuacións finalizadas antes do 1 de novembro de 2025, o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza o 15 de novembro de 2025.

c. Para as actuacións finalizadas antes do 1 de novembro de 2026, o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza o 15 de novembro de 2026.

3. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda a metade deste, se as circunstancias o aconsellan e se con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución.

Tanto a petición das persoas solicitantes como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

En todo caso, o prazo de xustificación, incluída a ampliación, deberá permitir ao órgano outorgante a verificación do cumprimento dos requisitos fixados nestas bases reguladoras dentro do exercicio orzamentario correspondente.

4. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador, segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 21. Presentación dos permisos administrativos

As obras e construcións que precisen da correspondente licenza municipal deberán contar con ela, de acordo co establecido na normativa urbanística.

Para iso deberán presentar a licenza municipal xunto coa solicitude de axuda e, en caso de non dispoñer dela, deberán presentar a solicitude de licenza xunto coa documentación presentada coa dita solicitude. Neste último caso, a persoa beneficiaria deberá ter presentado a solicitude de licenza antes da finalización do prazo de solicitude da axuda e deberá presentar a licenza municipal dentro do prazo de 9 meses desde a resolución de concesión da axuda.

O mesmo requisito e prazo se establecen para o caso de investimentos que deban contar con calquera outro permiso administrativo, de acordo coa correspondente normativa sectorial.

Transcorrido o prazo de 9 meses sen que fose presentada a licenza municipal ou permiso correspondente, requirirase a persoa beneficiaria para que, no prazo de dez días, emende a falta, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa solicitude de axuda, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 22. Xustificantes do gasto dos investimentos

1. Os xustificantes do gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

2. As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Número e, se é o caso, serie.

b) A data da súa expedición.

c) Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto da persoa obrigada a expedir factura como do destinatario das operacións.

d) Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co cal realizase a operación da persoa obrigada a expedir a factura.

e) Domicilio, tanto da persoa obrigada a expedir factura como da destinataria das operacións.

f) Descrición das operacións, con consignación de todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluído o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no devandito prezo unitario.

g) O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

h) A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta deberá consignarse por separado.

i) A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

j) No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

k) Só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura. O IVE non será subvencionable.

l) Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

m) Unha partida do orzamento auxiliable poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na dita partida, sempre que a dita partida admita a desagregación en distintos conceptos.

3. O xustificante do pagamento de facturas realizarase mediante a presentación da factura e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento; non se admitirán pagamentos en metálico.

Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

a) Xustificante bancario do pagamento por parte da persoa beneficiaria (transferencia bancaria, ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da beneficiaria que paga e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio, etc.) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.), en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto deste.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e xuntarase unha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

g) Non se admitirán en ningún caso como xustificantes os documentos acreditativos obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por parte de terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

CAPÍTULO II

Convocatoria

Artigo 23. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2024, con carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, e de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde, as seguintes axudas:

a) MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas.

b) MR404B Establecemento de novos agricultores.

c) MR405D Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias.

d) MR405E Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Pequenas explotacións.

e) MR405F Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias.

f) MR405G Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Pequenas explotacións.

Artigo 24. Prazo de presentación das solicitudes de axuda

O prazo de presentación de solicitudes será de 2 meses, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Una vez rematado o prazo de solicitude e antes da aprobación, non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.

As persoas solicitantes deberán ter en conta que mentres non adquiran a condición de beneficiarias, coa aprobación da axuda, non poderán transferir a solicitude a outra persoa física ou xurídica aínda no suposto de que esta cumpra os requisitos e asuma os compromisos. Exceptúase o cambio de personalidade xurídica cando esta non implique ningún cambio na participación ou composición da persoa solicitante.

Artigo 25. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas nun 60 % con fondos Feader, nun 12 % pola Administración xeral do Estado e nun 28 % pola Xunta de Galicia, efectuarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) 14.04.712B 772.0 (2024 00098), para as axudas previstas ao establecemento de persoas agricultoras mozas (subintervención 68611_01 Incorporación agraria); para o ano 2024, 9.600.000 euros; para o ano 2025, 3.200.000 euros, e para o ano 2026, 3.200.000 euros. En total, 16.000.000 euros.

b) 14.04.712B 772.0 (2024 00099) para as axudas previstas ao establecemento de persoas agricultoras novas (subintervención 68612_01 Nova persoas agricultoras); para o ano 2024, 1.800.000 euros; para o ano 2025, 600.000 euros, e para o ano 2026, 600.000 euros. En total, 3.000.000 euros.

c) 14.04.712B 772.0 (2024 00094) para as axudas previstas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias (subintervención 68411_01 Investimentos en explotacións); para o ano 2024, 400.000 euros; para o ano 2025, 800.000 euros e para o ano 2026, 2.800.000 euros. En total, 4.000.000 euros.

d) 14.04.712B 772.0 (2024 00097) para as axudas previstas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Pequenas explotacións (subintervención 68411_04 Pequenas explotacións); para o ano 2024, 50.000 euros; para o ano 2025, 250.000 euros, e para o ano 2026, 200.000 euros. En total, 500.000 euros.

e) 14.04.712B 772.0 (2024 00117) para as axudas previstas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias (subintervención 68412_01 Explotacións); para o ano 2024, 2.300.000 euros; para o ano 2025, 4.600.000 euros, e para o ano 2026, 16.100.000 euros. En total, 23.000.000 euros.

f) 14.04.712B 772.0 (2024 00119) para as axudas previstas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Pequenas explotacións (subintervención 68412_03 Pequenas explotacións); para o ano 2024, 50.000 euros; para o ano 2025, 250.000 euros, e para o ano 2026, 200.000 euros. En total, 500.000 euros.

2. O crédito destas aplicacións orzamentarias poderanse incrementar, nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. No suposto de existir remanente na liña de axudas aos investimentos nas explotacións agrarias, poderíase utilizar para financiar as solicitudes da liña de axudas ao desenvolvemento de pequenas explotacións, e viceversa.

4. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000, así como o establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e pola Orde do 25 de outubro de 2001, polo que queda condicionada á aprobación da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

A concesión destas subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

CAPÍTULO III

Disposicións específicas

Sección 1ª. Intervención 68411 Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais

Artigo 26. Requisitos das persoas beneficiarias

1. As persoas que desexen acceder ás axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais (procedementos MR405D e MR405E) deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou ben ser novo agricultor que se establece cun plan empresarial que inclúe actuacións en materia de mitigación-adaptación ao cambio climático e o ambiente, excepto no caso de persoa agricultora moza ou nova que solicita simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas.

b) Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.

c) Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.

d) Que a súa actividade principal sexa a agraria.

e) Exercer a actividade agraria na explotación, así como manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos, desde o pagamento final ao beneficiario ou 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes.

f) A solicitude ten que ser viable economicamente.

g) Non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020, sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde.

h) Non ter unha axuda concedida pola mesma intervención.

i) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo de solicitude os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles.

2. No caso de solicitantes do procedemento MR405D, deberán cumprir, ademais, que a explotación ten que ter unha dimensión suficiente que, como mínimo, se traducirá nunha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual.

3. No caso de solicitantes do procedemento MR405E, deberán cumprir, ademais, ser pequena explotación e residir no concello onde se atopa a explotación ou en concellos limítrofes.

Artigo 27. Investimentos elixibles

1. Serán investimentos elixibles os relacionados a continuación, con carácter limitativo:

a) Investimentos relacionados coa xestión eficiente de estercos e xurros (sistemas de almacenamento e/ou cubrición de almacéns de esterco ou xurro).

b) Investimentos en mellora da xestión e aproveitamento dos estercos e xurros:

a. Nitrificación-desnitrificación.

b. Separación sólido-líquido.

c. Compostaxe.

d. Dixestión anaerobia.

c) Investimentos en produción de enerxía renovable para uso exclusivo en autoconsumo na explotación: solar térmica, solar fotovoltaica, biomasa, eólica, aerotérmica ou xeotérmica.

d) Os custos xerais vinculados aos investimentos anteriores.

2. Nesta intervención non serán subvencionables os seguintes investimentos:

a) O IVE, as taxas, licenzas administrativas ou outros impostos.

b) Os xuros de débeda e os seus gastos.

c) Os xuros de demora, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas e penais.

d) Os gastos de procedementos xudiciais.

e) A adquisición de terreos por un importe superior ao 10 % do custo total elixible.

3. Establécese o seguinte importe de investimento elixible mínimo:

a. Para o procedemento MR405D: 20.000 euros.

b. Para o procedemento MR405E: 5.000 euros.

Artigo 28. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I ou anexo II) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante da súa representación (se é o caso).

b) Anexo VII Comprobación de datos de terceiras persoas (se é o caso).

c) Xustificante da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.

d) No caso de investimentos en obra civil, proxecto visado (en soporte dixital) elaborado por técnico/a ou equipo técnico competente (polo menos, deberá formar parte asinando un/unha enxeñeiro/a agrónomo/a, enxeñeiro/a técnico/a agrícola ou grao universitario equivalente), e licenza municipal de obras ou xustificante da súa solicitude xunto coa documentación presentada coa dita solicitude. Así mesmo, no caso de novas construcións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto onde se van realizar os investimentos.

e) Tres orzamentos ou ofertas de diferentes provedores por cada un dos investimentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, agás a compra de terreos e edificacións.

b. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe; no caso de subministración de equipamentos, a súa marca e modelo, así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

f) No caso de adquisición de terreos ou bens inmobles, certificado de taxación.

g) No caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros:

a. As persoas físicas e xurídicas que, consonte a normativa contable poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderá ser substituída pola documentación prevista na letra seguinte.

b. As persoas xurídicas que, consonte a normativa contable non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada:

i. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

ii. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o punto anterior, «Informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido.

Entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requiririda para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 29. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) NIF da entidade solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

e) Títulos oficiais non universitarios da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

f) Títulos oficiais universitarios da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias e das persoas redactoras do proxecto.

g) Informe de vida laboral da empresa da persoa solicitante.

h) Acreditación de actividade agraria por conta propia da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

i) Informe de vida laboral nos últimos 5 anos da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

j) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.

k) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.

l) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa solicitante.

m) Inhabilitación para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.

n) Concesión doutras subvencións da persoa solicitante.

o) Imposto de actividades económicas ampliado (IAE) da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I ou anexo II), ou no anexo VII, se é o caso, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 30. Porcentaxe e contía máxima da axuda

1. O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 75 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

a) 10 % cando os investimentos sexan realizados por unha persoa que cumpra as condicións de persoa agricultora moza. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, máis do 50 % das persoas socias deberán ser persoas mozas.

b) 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.

c) 10 % no caso de investimentos en explotacións de agricultura ecolóxica.

d) 5 % no caso de que a persoa titular da explotación sexa muller. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, máis do 50 % das persoas socias deberán ser mulleres ou que as persoas socias mulleres acrediten máis do 50 % do capital social.

No caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base.

2. A contía máxima da axuda establécese en:

a) Para o procedemento MR405D: 40.000 euros.

b) Para o procedemento MR405E: 10.000 euros.

Artigo 31. Xustificación e pagamento da axuda

1. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, se é o caso, os compromisos adquiridos, presentarase a solicitude de pagamento, cuberta a través da aplicación informática Melles, á cal se pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede, a través da Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia empregando a acción «achega de documentación xustificativa», en que se xuntarán as facturas e os xustificantes de pagamento.

2. Unha vez presentada a solicitude de pagamento dos investimentos, o persoal técnico das oficinas rurais, dos servizos territoriais de explotacións agrarias ou outro designado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas. Non se proporán para pagamento as certificacións inferiores a 5.000 euros de investimento.

3. Os investimentos realizados, no caso de variación sobre os aprobados, deben garantir suficientemente que se cumpre o obxectivo de mellora perseguido no momento da solicitude. De non ser así, poderase iniciar o procedemento de perda do dereito ao pagamento da axuda.

4. Poderán realizarse pagamentos anticipados de ata o 50 % do importe da subvención concedida, sen superar o importe da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos artigos 63, 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 64 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021.

Os pagamentos anticipados supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas. Estes pagamentos deberán ser solicitados pola persoa beneficiaria tras a notificación ou publicación da resolución de concesión.

A persoa beneficiaria deberá presentar coa solicitude de anticipo a declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución destinadas ao financiamento do mesmo proxecto, das distintas administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía. A solicitude de anticipo será cuberta a través da aplicación informática Melles á cal se pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede, realizada a través do Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia empregando a acción «achega de documentación xustificativa».

Unha vez executadas as operacións relacionadas cos anticipos, as persoas beneficiarias comunicarán, cada ano, antes do 31 de decembro, unha declaración dos gastos que xustifique o uso do anticipo, xunto cos xustificantes de gasto e de pagamento.

5. O pagamento de anticipos estará supeditado á constitución dunha garantía bancaria ou dunha garantía equivalente que corresponda ao 100 % do importe anticipado.

Sección 2ª. Intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización
e/ou mellora de explotacións agrarias

Artigo 32. Requisitos das persoas beneficiarias

1. As persoas que desexen acceder ás axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias (procedementos MR405F e MR405G) deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto no caso de persoa agricultora moza ou nova que solicita simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas.

b) Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.

c) Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.

d) Que a súa actividade principal sexa a agraria.

e) Exercer a actividade agraria na explotación, así como manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos, desde o pagamento final ao beneficiario ou 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes.

f) A solicitude ten que ser viable economicamente.

g) Non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020, sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde.

h) Non ter unha axuda concedida pola mesma intervención.

i) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo de solicitude os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles.

2. No caso de solicitantes do procedemento MR405F, deberán cumprir, ademais, que a explotación ten que ter unha dimensión suficiente que, como mínimo, se traducirá nunha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual.

3. No caso de solicitantes do procedemento MR405G deberán cumprir, ademais, ser pequena explotación e residir no concello onde se atopa a explotación ou en concellos limítrofes.

Artigo 33. Investimentos elixibles

1. Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións. En particular:

a) A reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoña una redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade; o cumprimento de novas normas obrigatorias da Unión Europea; a mellora das condicións de seguridade laboral.

b) Compra de construcións agrarias en desuso.

c) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude froiteira (árbores e arbustos froiteiros).

d) A compra de terreos conforme o establecido no artigo 73.3.c) do Regulamento (UE) 2021/2115.

e) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados poderán comprender gastos xerais, licenzas de software u outros permisos.

Os investimentos para adaptarse a normas de obrigado cumprimento da Unión só serán subvencionables no período de gracia de 12-24 meses.

2. Nesta intervención non serán subvencionables os seguintes investimentos:

a) A compra de dereitos de produción agrícola.

b) A compra de dereitos de pagamento.

c) A compra de terras por un importe superior ao 10 % do gasto total elixible.

d) A compra de animais.

e) A compra de plantas anuais e a súa plantación.

f) O IVE, as taxas, licenzas administrativas ou outros impostos.

g) Os xuros de débeda e os seus gastos.

h) Os xuros de demora, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas e penais.

i) Os gastos de procedementos xudiciais.

j) Os de simple substitución.

k) Os de segunda man.

l) Os de carácter forestal.

m) Os de transformación e comercialización.

3. Establécese o seguinte importe de investimento elixible mínimo:

a. Para o procedemento MR405F: 20.000 euros.

b. Para o procedemento MR405G: 5.000 euros

Artigo 34. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III ou anexo IV) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante da súa representación (se é o caso).

b) Anexo VII, Comprobación de datos de terceiras persoas (se é o caso).

c) Xustificante da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.

d) No caso de investimentos en obra civil, proxecto visado (en soporte dixital) elaborado por técnico/a ou equipo técnico competente (polo menos, deberá formar parte asinando un/unha enxeñeiro/a agrónomo/a, enxeñeiro/a técnico/a agrícola ou grao universitario equivalente), e licenza municipal de obras ou xustificante da súa solicitude xunto coa documentación presentada coa dita solicitude. Así mesmo, no caso de novas construcións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto onde se van realizar os investimentos.

e) Tres orzamentos ou ofertas de diferentes provedores por cada un dos investimentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, agás a compra de terreos e edificacións.

b. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca e modelo, así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

f) No caso de adquisición de terreos ou bens inmobles, certificado de taxación.

g) No caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros:

a. As persoas físicas e xurídicas que, consonte a normativa contable poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderá ser substituída pola documentación prevista na letra seguinte.

b. As persoas xurídicas que, consonte a normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada:

i. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

ii. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o punto anterior, «Informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido.

Entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 35. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas sdministracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) NIF da entidade solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

e) Títulos oficiais non universitarios da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

f) Títulos oficiais universitarios da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias e das persoas redactoras do proxecto.

g) Informe de vida laboral da empresa da persoa solicitante.

h) Acreditación de actividade agraria por conta propia da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

i) Informe de vida laboral nos últimos 5 anos da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

j) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.

k) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.

l) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa solicitante.

m) Inhabilitación para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.

n) Concesión doutras subvencións da persoa solicitante.

o) Imposto de actividades económicas ampliado (IAE) da persoa solicitante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo III ou anexo IV), ou no anexo VII, se é o caso, e achegar os documentos

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 36. Porcentaxe e contía máxima da axuda

1. O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

a) 10 % cando os investimentos sexan realizados por unha persoa que cumpra as condicións de persoa agricultora moza. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, polo menos o 50 % das persoas socias deberán ser persoas mozas.

b) 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.

c) 10 % no caso de investimentos en explotacións de agricultura ecolóxica.

d) 5 % no caso de que a persoa titular da explotacións sexa muller. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, máis do 50 % das persoas socias deberán ser mulleres ou que as persoas socias mulleres acrediten máis do 50 % do capital social.

No caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base.

2. A contía máxima da axuda establécese en:

a) Para o procedemento MR405F: 300.000 euros.

b) Para o procedemento MR405G: 75.000 euros

Poderá destinarse, como máximo, un 30 % deste importe á adquisición de maquinaria agrícola.

Artigo 37. Xustificación e pagamento da axuda

1. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, se é o caso, os compromisos adquiridos, presentarase a solicitude de pagamento, cuberta a través da aplicación informática Melles, á cal se pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede, a través da Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia empregando a acción «achega de documentación xustificativa», en que se xuntarán as facturas e os xustificantes de pagamento.

2. Cando se trate de investimentos en maquinaria agrícola, estes deberán estar inscritos no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola.

3. Unha vez presentada a solicitude de pagamento dos investimentos, o persoal técnico das oficinas rurais, dos servizos territoriais de explotacións agrarias ou outro designado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas. Non se proporán para pagamento as certificacións inferiores a 20.000 euros de investimento.

4. Os investimentos realizados, no caso de variación sobre os aprobados, deben garantir suficientemente que se cumpre o obxectivo de mellora perseguido no momento da solicitude. De non ser así, poderase iniciar o procedemento de perda do dereito ao pagamento da axuda.

5. Poderán realizarse pagamentos anticipados de ata o 50 % do importe da subvención concedida, sen superar o importe da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos artigos 63, 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 64 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021.

Os pagamentos anticipados supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas. Estes pagamentos deberán ser solicitados pola beneficiaria tras a notificación ou publicación da resolución de concesión.

A persoa beneficiaria deberá presentar coa solicitude de anticipo a declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución destinadas ao financiamento do mesmo proxecto, das distintas administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía. A solicitude de anticipo será cuberta a través da aplicación informática Melles á cal se pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede, realizada a través do Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia empregando a acción «achega de documentación xustificativa».

Unha vez executadas as operacións relacionadas cos anticipos, as persoas beneficiarias comunicarán, cada ano, antes do 31 de decembro, unha declaración dos gastos que xustifique o uso do anticipo, xunto cos xustificantes de gasto e de pagamento.

6. O pagamento de anticipos estará supeditado á constitución dunha garantía bancaria ou dunha garantía equivalente que corresponda ao 100 % do importe anticipado.

Sección 3ª. Intervención 69611 Establecemento de agricultores mozos

Artigo 38. Requisitos das persoas beneficiarias

As persoas que desexen acceder ás axudas para o establecemento de persoas agriculturas mozas (procedementos MR404A) deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos.

b) Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou tela cumprido nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda (excepción para a incorporación nunha forma xurídica).

c) Cumprir a condición de agricultor profesional dentro dos 18 meses seguinte á data de establecemento.

d) A explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.

e) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento.

f) Presentar un plan empresarial co seguinte contido mínimo:

a. Unha descrición da situación inicial da explotación agraria, indicando as fases e os obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova explotación.

b. Unha descrición da situación unha vez realizado o plan de empresa, incluíndo, polo menos, os seguintes datos:

i. Superficie da explotación, especificando a superficie dos distintos cultivos, e cabezas de gando, por especies, e rendementos medios de cada actividade produtiva.

ii. Maquinaria, equipamentos, melloras territoriais e edificacións.

iii. Composición e dedicación da man de obra.

iv. Plan de produción, que incluirá información relativa á produción bruta de cada actividade produtiva, aos gastos de cada actividade produtiva e gastos fixos do conxunto da explotación.

v. Análise económica do proxecto. Esta análise incluirá: previsións económicas, estrutura de financiamento e rendibilidade.

vi. Actuacións que se van realizar.

c. Un plan de investimentos (información detallada sobre investimentos e prazos), se é o caso, en que se indiquen as melloras que se van realizar, establecendo o seu impacto no cambio climático (emisións de gases efecto invernadoiro, capacidade de adaptación), que inclúa medidas de aforro e eficiencia enerxética, consumo auga eficiente, etc., e no cal figure un estudo de impacto ambiental, no caso de que a normativa europea-estatal-autonómica así o require, prestando especial atención aos posibles impactos nas zonas incluídas na Rede Natura 2000.

d. Información detallada, se é o caso, sobre formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da explotación agraria, incluíndo as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia dos recursos.

g) Permanecer na actividade agraria durante un prazo de 5 anos desde o pagamento final da axuda.

h) Participar no programa de titorización a persoas agricultoras mozas que presta a Consellería do Medio Rural. O proceso de incorporación deberá ser tutelado polo persoal técnico agrario das oficinas rurais da Consellería do Medio Rural do ámbito territorial da área comarcal onde se localice a explotación agraria.

i) Non ter recibido axuda por primeira instalación.

Artigo 39. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo V) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante da súa representación (se é o caso).

b) Anexo VII Comprobación de datos de terceiras persoas (se é o caso).

c) Xustificante da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.

d) No caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros, acreditación do cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, mediante algún dos seguintes documentos:

a. Certificación subscrita pola persoa física, en que afirme alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.

b. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

c. Informe de procedementos acordados elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido.

Entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 40. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) NIF da entidade socia, de ser o caso.

e) Títulos oficiais non universitarios da persoa solicitante.

f) Títulos oficiais universitarios da persoa solicitante.

g) Certificado de residencia da persoa solicitante.

h) Informe de vida laboral da empresa da persoa solicitante.

i) Acreditación de actividade agraria por conta propia da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

j) Informe de vida laboral nos últimos 5 anos da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

k) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.

l) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.

m) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa solicitante.

n) Inhabilitación para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.

o) Concesión doutras subvencións da persoa solicitante.

p) Nivel de renda agraria da persoa solicitante.

q) Imposto de actividades económicas ampliado (IAE) da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo V), ou no anexo VII, se é o caso, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 41. Contía máxima da axuda

1. O importe da axuda será de 30.000 euros, que poderá incrementarse ata os 70.000 euros en función da aplicación dos seguintes criterios:

a) 10.000 euros por ser muller.

b) 10.000 euros por explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.

c) 10.000 euros por explotación de agricultura ecolóxica.

d) 10.000 euros por titularidade compartida.

No suposto de que se instalen varias persoas simultaneamente na mesma explotación, os incrementos establecidos nas alíneas b), c) e d) repartiranse a partes iguais entre as persoas que se instalen.

2. No caso de incorporación en explotacións intensivas, a axuda limitarase a 30.000 euros.

Artigo 42. Xustificación e pagamento da axuda

1. Unha vez executado o plan empresarial, e cumpridos, se é o caso, os compromisos adquiridos, presentarase a solicitude de pagamento do 40 % restante da axuda tras a aplicación do artigo 17, cuberta a través da aplicación informática Melles, á cal se pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede, a través da Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia empregando a acción «achega de documentación xustificativa».

2. Unha vez presentada a solicitude de pagamento, o persoal técnico das oficinas rurais, dos servizos territoriais de explotacións agrarias ou outro designado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas.

Sección 4ª. Intervención 69612 Establecemento de novos agricultores

Artigo 43. Requisitos das persoas beneficiarias

As persoas que desexen acceder ás axudas para o establecemento de persoas agriculturas novas (procedemento MR404B) deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter entre 41 e 55 anos de idade, ambos incluídos.

b) Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou tela cumprido nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda.

c) A explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.

d) Posuír o nivel de capacitación profesional mínimo de 150 horas no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento. A acreditación da capacitación realizarase segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

e) Presentar un plan empresarial co seguinte contido mínimo:

a. Unha descrición da situación inicial da explotación agraria, indicando as fases e os obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova explotación.

b. Unha descrición da situación unha vez realizado o plan de empresa, incluíndo, polo menos, os seguintes datos:

i. Superficie da explotación, especificando a superficie dos distintos cultivos, e cabezas de gando, por especies, e rendementos medios de cada actividade produtiva.

ii. Maquinaria, equipamentos, melloras territoriais e edificacións.

iii. Composición e dedicación da man de obra.

iv. Plan de produción, que incluirá información relativa á produción bruta de cada actividade produtiva, aos gastos de cada actividade produtiva e gastos fixos do conxunto da explotación.

v. Análise económica do proxecto. Esta análise incluirá: previsións económicas, estrutura de financiamento e rendibilidade.

vi. Actuacións que se van realizar.

c. Un plan de investimentos (información detallada sobre investimentos e prazos), se é o caso, en que indiquen as melloras que se van realizar, establecendo o seu impacto no cambio climático (emisións de gases efecto invernadoiro, capacidade de adaptación), que inclúa medidas de aforro e eficiencia enerxética, consumo auga eficiente, etc., e no cal figure un estudo de impacto ambiental, no caso de que a normativa europea-estatal-autonómica así o require, prestando especial atención aos posibles impactos nas zonas incluídas na Rede Natura 2000.

d. Información detallada, se é o caso, sobre formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da explotación agraria, incluíndo as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia dos recursos.

f) Permanecer na actividade agraria durante un prazo de 5 anos desde o pagamento final da axuda.

g) Participar no programa de titorización ás persoas agricultoras novas que presta a Consellería do Medio Rural. O proceso de incorporación deberá ser tutelado polo persoal técnico agrario das oficinas rurais da Consellería do Medio Rural do ámbito territorial da área comarcal onde se localice a explotación agraria.

h) Non ter recibido axuda por primeira instalación, nin considerarse instalado.

Artigo 44. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo VI) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante da súa representación (se é o caso).

b) Anexo VII, Comprobación de datos de terceiras persoas (se é o caso).

c) Xustificante da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.

d) No caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros, acreditación do cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, mediante algún dos seguintes documentos:

a. Certificación subscrita pola persoa física, en que afirme alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.

b. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

c. Informe de procedementos acordados elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido.

Entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 45. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a. DNI/NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

b. DNI/NIE da persoa representante.

c. NIF da entidade representante.

d. NIF da entidade socia, de ser o caso.

e. Títulos oficiais non universitarios da persoa solicitante.

f. Títulos oficiais universitarios da persoa solicitante.

g. Certificado de residencia da persoa solicitante.

h. Informe de vida laboral da empresa da persoa solicitante.

i. Acreditación de actividade agraria por conta propia da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

j. Informe de vida laboral nos últimos 5 anos da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

k. Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.

l. Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.

m. Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa solicitante.

n. Inhabilitación para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.

o. Concesión doutras subvencións da persoa solicitante.

p. Nivel de renda agraria da persoa solicitante.

q. Imposto de actividades económicas ampliado (IAE) da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo VI), ou no anexo VII, se é o caso, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 46. Contía máxima da axuda

1. O importe da axuda será de 25.000 euros, que poderá incrementarse ata os 55.000 euros en función da aplicación dos seguintes criterios:

a) 10.000 euros por ser muller.

b) 10.000 euros por explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña.

c) 10.000 euros por explotación de agricultura ecolóxica.

d) 10.000 euros por titularidade compartida.

No suposto de que se instalen varias persoas simultaneamente na mesma explotación, os incrementos establecidos nas alíneas b), c) e d) repartiranse a partes iguais entre as persoas que se instalen.

2. No caso de incorporación en explotacións intensivas, a axuda limitarase a 25.000 euros.

Artigo 47. Xustificación e pagamento da axuda

1. Unha vez executado o plan empresarial, e cumpridos, se é o caso, os compromisos adquiridos, presentarase a solicitude de pagamento do 40 % restante da axuda trasa aplicación do artigo 17, cuberta a través da aplicación informática Melles, á cal se pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede, a través da Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia empregando a acción «achega de documentación xustificativa».

2. Unha vez presentada a solicitude de pagamento, o persoal técnico das oficinas rurais, dos servizos territoriais de explotacións agrarias ou outro designado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas.

Disposición adicional primeira. Normativa aplicable

Nos aspectos non recollidos nesta orde haberá que aterse ao disposto na seguinte normativa:

Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico da política agrícola común e outras axudas da política agrícola común.

Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións contempladas no Plan estratéxico da política agrícola común, e modifícanse varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.

Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

Regulamento de execución (UE) 2022/1173 da Comisión, do 31 de maio de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común.

Regulamento de execución (UE) nº 2022/1475, do 6 de setembro de 2022, da Comisión, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á avaliación dos plans estratéxicos da PAC e á subministración de información para o seguimento e a avaliación.

Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, ao algodón e aos subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.

Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.

Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común

Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e modifícanse varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da Política Agrícola Común para o período 2023-2027.

Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023-2027 incluídas no Plan estratéxico da política agrícola común.

Instrución ARX PEPAC 01/2023 información, publicidade e visibilidade.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira. Protección de datos

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición adicional cuarta. Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

Habilítase o sistema de xestión de explotacións agrarias de Galicia, Xeaga, para actualizar os elementos da explotación.

As persoas titulares da explotación poden acceder a esta ferramenta mediante a seguinte ligazón https://xeaga.xunta.gal/xeaga/ e proceder e actualizar os elementos da súa explotación antes de presentar a solicitude destas axudas.

Disposición transitoria. Criterios de selección de operacións

Os criterios de selección de operacións que se aplicará nesta convocatoria están condicionados á súa aprobación por parte do Comité de Seguimento do PEPAC.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en gandaría, agricultura e industrias agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Criterios de selección

68411 Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Pequenas explotacións
Subintervención 68411_04 Pequenas explotacións

Criterio

Puntuación

Proxecto vinculado con investimentos en pequenas explotacións

Simultaneamente solicita a axuda pola intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias: 5 puntos.

Explotación ecolóxica rexistrada como tal no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

4 puntos

Localización da explotación nunha zona de montaña

3 puntos

Explotación de titularidade compartida, inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

3 puntos

Titular de explotación muller, en caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres

3 puntos

Explotacións cunha carga gandeira igual ou inferior a 2 UGM/ha segundo o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou explotación agrícola especializada en produción vexetal

2 puntos

Explotación localizada nunha zona distinta á de montaña

2 puntos

Explotación con seguro agrario pertencente ao Plan de seguros agrarios combinados do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación contratado, agás a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos na explotación

2 puntos

Investimentos que se realizarán nunha explotación procedente do Banco de Explotacións, do artigo 15 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación de terra agraria de Galicia

1 punto

Explotación membro dunha organización de produtores inscrita como tal no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

1 punto

A puntuación máxima dunha solicitude será de 24 puntos.

O limiar mínimo para ser subvencionable será de 4 puntos, cun mínimo de dous criterios.

Establécese como criterio de desempate a igualdade de puntos a puntuación obtida en cada un dos criterios, na orde en que están definidos. De persistir en empate, empregarase o criterio de zona rural tomando como referencia LAU2, priorizando as zonas de baixa densidade (zona 3-zona 2 e, por último, a zona 1). Se aínda persistise o empate, ordenaranse por rigorosa orde de presentación.

68411 Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír
á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias.
Subintervención 68411_01 Investimentos en explotacións

Criterio

Puntuación

Explotación vinculada cunha incorporación dunha persoa moza agricultora, en caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan persoas mozas incorporadas

– Simultaneamente solicita a axuda para o establecemento de persoas mozas agricultoras: 10 puntos.

– Ten unha axuda para o establecemento de persoa novas agricultoras concedida nas últimas cinco convocatorias: 5 puntos.

Proxecto vinculado con investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias

Simultaneamente solicita a axuda pola intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias: 10 puntos.

Explotación vinculada ao establecemento de persoas novas agricultoras, en caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan persoas novas agricultoras

Simultaneamente solicita a axuda 69612 Establecemento de novos agricultores ou ten esta axuda concedida nas últimas cinco convocatorias: 10 puntos.

Explotación ecolóxica rexistrada como tal no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

4 puntos

Explotación agraria rexistrada na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

3 puntos

Localización da explotación nunha zona de montaña

3 puntos

Explotación de titularidade compartida, inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

3 puntos

Titular de explotación muller, en caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres

3 puntos

Explotacións cunha carga gandeira igual ou inferior a 2 UGM/ha segundo o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou explotación agrícola especializada en produción vexetal

2 puntos

Explotación localizada nunha zona distinta á de montaña

2 puntos

Explotación con seguro agrario pertencente ao Plan de seguros agrarios combinados do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación contratado, agás a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos na explotación

2 puntos

Investimentos que se realizarán nunha explotación procedente do Banco de Explotacións, do artigo 15 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación de terra agraria de Galicia

1 punto

Explotación membro dunha organización de produtores inscrita como tal no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

1 punto

A puntuación máxima dunha solicitude será de 42 puntos

O limiar mínimo para ser subvencionable será de 10 puntos, cun mínimo de dous criterios.

Establécese como criterio de desempate a igualdade de puntos a puntuación obtida en cada un dos criterios, na orde en que están definidos. De persistir o empate, empregarase o criterio de zona rural tomando como referencia LAU2, priorizando as zonas de baixa densidade (zona 3-zona 2 e, por último, a zona 1). Se aínda persistise o empate, ordenaranse por rigorosa orde de presentación.

68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias. Pequenas Explotacións
Subintervención 68412_03 Pequenas explotacións

Criterio

Puntuación

Proxecto de modernización da explotación vinculado con investimentos produtivos vinculados a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais

Simultaneamente solicita a axuda pola intervención 68411 Axudas a investimentos produtivos vinculados a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais: 5 puntos.

Explotación ecolóxica rexistrada como tal no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

4 puntos

Localización da explotación nunha zona de montaña

3 puntos

Explotación de titularidade compartida, inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

3 puntos

Titular de explotación muller, en caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres

3 puntos

Explotación cunha carga gandeira igual ou inferior a 2 UGM/ha segundo o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou explotación agrícola especializada en produción vexetal

2 puntos

Explotación localizada nunha zona distinta á de montaña

2 puntos

Explotación con seguro agrario pertencente ao Plan de seguros agrarios combinados do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación contratado, agás a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos na explotación

2 puntos

Investimentos a realizar nunha explotación procedente do Banco de Explotacións, do artigo 15 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación de terra agraria de Galicia

1 punto

Explotación membro dunha organización de produtores inscrita como tal no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

1 punto

A puntuación máxima dunha solicitude será de 24 puntos.

O limiar mínimo para ser subvencionable será de 4 puntos, cun mínimo de dous criterios.

Establécese como criterio de desempate a igualdade de puntos a puntuación obtida en cada un dos criterios, na orde en que están definidos. De persistir o empate, empregarase o criterio de zona rural tomando como referencia LAU2, priorizando as zonas de baixa densidade (zona 3-zona 2 e, por último, a zona 1). Se aínda persistise o empate, ordenaranse por rigorosa orde de presentación.

68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias. Explotacións agrarias
Subintervención 68412_01 Explotacións

Criterio

Puntuación

Explotación vinculada cunha incorporación dunha persoa moza agricultora, en caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan persoas mozas incorporadas

– Simultaneamente solicita a axuda para o establecemento de persoas mozas agricultoras: 10 puntos.

– Ten unha axuda para o establecemento de persoas novas agricultoras concedida nas últimas cinco convocatorias: 5 puntos.

Proxecto de modernización da explotación vinculado con investimentos produtivos vinculados a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais

Simultaneamente solicita a axuda pola intervención 68411 Axudas a investimentos produtivos vinculados a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais: 10 puntos.

Explotación vinculada ao establecemento de persoas novas agricultoras, en caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan persoas novas agricultoras

Simultaneamente solicita a axuda 69612 Establecemento de novos agricultores ou ten esta axuda concedida nas últimas cinco convocatorias: 10 puntos.

Explotación ecolóxica rexistrada como tal no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

4 puntos

Explotación agraria rexistrada na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

3 puntos

Localización da explotación nunha zona de montaña

3 puntos

Explotación de titularidade compartida, inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

3 puntos

Titular de explotación muller, en caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres

3 puntos

Explotación cunha carga gandeira igual ou inferior a 2 UGM/ha segundo o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou explotación agrícola especializada en produción vexetal

2 puntos

Explotación localizada nunha zona distinta á de montaña

2 puntos

Explotación con seguro agrario pertencente ao plan de seguros agrarios combinados do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación contratado, agás a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos na explotación

2 puntos

Investimentos que se realizarán nunha explotación procedente do Banco de Explotacións, do artigo 15 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación de terra agraria de Galicia

1 punto

Explotación membro dunha organización de produtores inscrita como tal no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

1 punto

A puntuación máxima dunha solicitude será de 42 puntos

O limiar mínimo para ser subvencionable será de 10 puntos, cun mínimo de dous criterios.

Establécese como criterio de desempate a igualdade de puntos a puntuación obtida en cada un dos criterios, na orde en que están definidos. De persistir o empate, empregarase o criterio de zona rural tomando como referencia LAU2, priorizando as zonas de baixa densidade (zona 3-zona 2 e, por último, a zona 1). Se aínda persistise o empate, ordenaranse por rigorosa orde de presentación.

69611 Establecemento de agricultores mozos
Subintervención 69611_01 Incorporación agraria

Criterio

Puntuación

Instalación con investimentos solicitados pola intervención 68411

Simultaneamente solicita a axuda pola intervención 68411 Axudas a investimentos produtivos vinculados a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais: 4 puntos.

Instalación con investimentos solicitados pola intervención 68412

Simultaneamente solicita a axuda pola intervención 68412 Axuda aos investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias: 4 puntos.

Localización da explotación nunha zona de montaña

3 puntos

Instalación nunha explotación ecolóxica ou que alcance tal condición tras levar a cabo o plan empresarial

2 puntos

Explotación localizada nunha zona distinta á de montaña

2 puntos

Instalación nunha explotación incluída no Banco de Explotacións, do artigo 15 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación de terra agraria de Galicia

1 punto

Muller

1 punto

Residir na comarca onde se localice a explotación

1 punto

Instalarse nunha explotación agraria rexistrada na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

1 punto

A puntuación máxima dunha solicitude será de 17 puntos.

O limiar mínimo para ser subvencionable será de 2 puntos, cun mínimo de dous criterios.

Establécese como criterio de desempate a igualdade de puntos a puntuación obtida en cada un dos criterios, na orde en que están definidos. De persistir o empate, empregarase o criterio de zona rural tomando como referencia LAU2, priorizando as zonas de baixa densidade (zona 3-zona 2 e, por último, a zona 1). Se aínda persistise o empate, ordenaranse por rigorosa orde de presentación.

69612 Establecemento de novos agricultores
Subintervención 69612_01 Novas persoas agricultoras

Criterio

Puntuación

Instalación con investimentos solicitados pola intervención 68411

Simultaneamente solicita a axuda pola intervención 68411 Axudas a investimentos produtivos vinculados a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais: 4 puntos.

Instalación con investimentos solicitados pola intervención 68412

Simultaneamente solicita a axuda pola intervención 68412 Axuda aos investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias: 4 puntos.

Localización da explotación nunha zona de montaña

3 puntos

Instalación nunha explotación ecolóxica ou que alcance tal condición tras levar a cabo o plan empresarial

2 puntos

Explotación localizada nunha zona distinta á de montaña

2 puntos

Instalación nunha explotación incluída no Banco de Explotacións, do artigo 15 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación de terra agraria de Galicia

1 punto

Muller

1 punto

Residir na comarca onde se localice a explotación

1 punto

Instalarse nunha explotación agraria rexistrada na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

1 punto

A puntuación máxima dunha solicitude será de 17 puntos.

O limiar mínimo para ser subvencionable será de 2 puntos, cun mínimo de dous criterios.

Establécese como criterio de desempate a igualdade de puntos a puntuación obtida en cada un dos criterios, na orde en que están definidos. De persistir o empate, empregarase o criterio de zona rural tomando como referencia LAU2, priorizando as zonas de baixa densidade (zona 3-zona 2 e, por último, a zona 1). Se aínda persistise o empate, ordenaranse por rigorosa orde de presentación.

ANEXO IX

Publicidade

1. Obrigas das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias das intervencións do PEPAC en Galicia deberán dar a coñecer a axuda consonte as seguintes regras:

a) Con carácter xeral, todas as actividades de información e publicidade que leven a cabo as persoas beneficiarias deberán destacar o apoio dos fondos á operación incorporando:

a. O logo da Xunta de Galicia.

b. O emblema da Unión Europea e, xunto a el, a declaración «Financiado pola Unión Europea» ou «Cofinanciado pola Unión Europea», que figurará sen abreviar.

c. O logotipo xeral oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

d. Referencia á axuda do Feader a través do PEPAC, indicando o cofinanciamento pola Unión Europea, a porcentaxe de cofinanciamento e o montante total da axuda.

b) Cando a persoa beneficiaria dispoña dun sitio web e/ou contas oficiais nas redes sociais, deberá incorporar, ademais do disposto no punto anterior, unha breve descrición da operación que recibe os fondos europeos, de maneira proporcionada ao nivel da axuda, e indicará os seus obxectivos e resultados.

c) No caso de investimentos cunha axuda pública total superior aos 50.000 €, o beneficiario deberá colocar, nun lugar ben visible para o público, unha placa explicativa ou unha pantalla electrónica equivalente.

d) Cando varias operacións teñan lugar no mesmo lugar e estean apoiadas polo mesmo ou por diferentes instrumentos de financiamento, ou cando se proporcione financiamento adicional para a mesma operación nunha data posterior, bastará coa exhibición dunha placa ou cartel.

e) Cando o obxecto da axuda sexa maquinaria, equipamento informático, de telecomunicacións ou calquera outro ben en que, pola súa estrutura ou tamaño, non sexa posible identificar unha localización adecuada, o cartel ou placa poderá ser substituído por adhesivos ou impresións.

2. Signos de identidade.

a) logotipo autonómico.

O conxunto do escudo e a Xunta de Galicia, coa súa tipografía corporativa (Xunta Sans), constitúe a marca gráfica principal.

Posto que na xestión dos fondos Feader participan diferentes consellerías e entidades públicas autonómicas, empregarase o logotipo xenérico da Xunta de Galicia, sen mención da consellería ou entidade.

missing image file

Para garantir a visibilización e lexibilidade da marca, esta deberá ter unha altura mínima de 7 mm/20 px e contará cunha área de protección ao redor da mesma en que non poderá incluírse outro elemento. Esta zona de protección tomará como referencia a altura do escudo:

missing image file

A versión da marca principal aplicarase en cor sempre que se poida e só sobre fondos brancos.

A versión en negativo non sofre ningún tipo de variación, só o cambio de cor a branco.

Na versión en cor, o símbolo corporativo é cian 100 %. Os elementos interiores do símbolo son sempre brancos. Na versión en branco e negro, o símbolo corporativo é negro 100 %. Os elementos interiores do símbolo son sempre brancos.

b) Unión Europea.

a. O emblema.

O emblema consiste nunha bandeira rectangular, en que, sobre un fondo de cor azul, doce estrelas douradas de cinco puntas, cuxas puntas non se tocan entre si, forman un círculo que representa a unión dos pobos de Europa.

missing image file

A lonxitude da bandeira equivale a unha vez e media a súa altura. As doce estrelas douradas equidistantes forman un círculo imaxinario cuxo centro se sitúa no punto de intersección das diagonais do rectángulo.

missing image file

O raio do círculo equivale a un terzo da altura da bandeira. Cada unha das estrelas de cinco puntas está situada na circunferencia dun círculo imaxinario cuxo raio equivale a 1/18 da altura da bandeira. Todas as estrelas están en posición vertical, isto é, cunha punta dirixida cara arriba e outras dúas sobre unha liña recta imaxinaria, perpendicular á hasta da bandeira. A disposición das estrelas correspóndese coa das horas na esfera dun reloxo, e o seu número é invariable.

As cores do emblema son as que figuran á esquerda: o Pantone Reflex Blue para a superficie do rectángulo e o Pantone Yellow para as estrelas.

Cando se imprime en cuatricromía, empregaranse as catro cores desta para obter as dúas cores normalizadas. O Pantone Yellow obtense utilizando un 100 % de Process Yellow. A mestura dun 100 % de Process Cyan e un 80 % de Process Magenta permite obter unha cor moi próxima ao Pantone Reflex Blue.

Na paleta empregada na web, o Pantone Reflex Blue corresponde á cor RGB: 0/51/153 (hexadecimal: 003399), e o Pantone Yellow, á cor RGB: 255/204/0 (hexadecimal: FFCC00).

Se só se pode reproducir en monocromía:

Se a única cor dispoñible é o negro, deberá delimitarse a superficie do rectángulo cun bordo negro e estampar as estrelas, tamén en negro, sobre fondo branco.

missing image file

Se o azul (Reflex Blue) é a única cor dispoñible, empregarase esta como cor de fondo ao 100 %, e reproduciranse as estrelas en negativo branco.

missing image file

Debe garantirse un contraste suficiente entre o emblema europeo e o fondo. Por isto, o emblema debe reproducirse preferentemente sobre fondo branco, evitando cores variadas, especialmente as que non combinen ben co azul.

missing image file

Cando non sexa posible evitar un fondo de cor, rodearase o rectángulo cun bordo branco de grosor equivalente a un 1/25 da altura do rectángulo e as estrelas tamén irán en branco.

missing image file

b. Combinación do emblema europeo coa declaración de financiamento

A declaración «Financiado pola Unión Europea» ou «Cofinanciado pola Unión Europea» figurará sen abreviar e xunto ao emblema. Empregarase o tipo de letra Tahoma. O tamaño deberá ser proporcional ao tamaño do emblema. A cor da letra será azul réflex, negro ou branco, en función do fondo. Non se utilizará a cursiva, subliñado nin outros efectos.

A posición do texto con respecto ao emblema será tal que non interfira en modo ningún con el.

A. Opción horizontal.

missing image file

Sobre fondo branco.

missing image file

Sobre fondo de cor.

missing image file

Reprodución monocromática.

(Proceso de impresión específico sobre tecidos ou produtos de merchandising, ou con Pantone).

Se o branco ou o negro son as únicas cores dispoñibles:

missing image file

Se só hai dispoñible unha cor Pantone (no exemplo emprégase o Reflex Blue).

missing image file

B. Opción vertical.

missing image file

Sobre fondo branco.

missing image file

Sobre fondo de cor.

missing image file

Reprodución monocromática.

(Proceso de impresión específico sobre tecidos ou produtos de merchandising, ou con Pantone).

Se o branco ou o negro son as únicas cores dispoñibles.

missing image file

Se só hai dispoñible unha cor Pantone (no exemplo emprégase o Reflex Blue).

missing image file

C. Opción bilingüe.

missing image file

Non se recomenda o uso dunha versión bilingüe cando o emblema europeo é pequeno. A altura mínima do emblema para esta versión debe ser de 2 cm.

missing image file

c. Área de protección.

A área de protección non debe reproducir outros textos, logotipos, imaxes nin ningún outro elemento visual que poida comprometer a boa lexibilidade do emblema europeo.

missing image file

d. Tamaño mínimo.

A altura mínima do emblema europeo debe ser de 1 cm.

Cando se empregue a declaración de financiamento da UE en tamaño pequeno, recoméndase empregar a versión horizontal.

missing image file

e. O que non se debe facer.

O emblema non se poderá modificar nin combinar con ningún outro logotipo, elemento gráfico o texto. No caso de exhibir outros logotipos ademais do emblema, este terá como mínimo o mesmo tamaño, medido en altura ou anchura, que o maior dos demais logotipos. Á parte do emblema, non se empregará ningunha outra identidade visual ou logotipo para poñer de relevo a axuda da Unión.

Non engada outros elementos gráficos.

Non faga o texto desproporcionadamente máis grande ou máis pequeno.

Non empregue outro tipo de letra que non sexa Arial, Auto, Calibri, Garamond, Tahoma, Trebuchet, Ubuntu ou Verdana.

Non empregue ningún efecto do tipo de letra escollido.

Non empregue cores distintas ao Reflex Blue, o branco ou o negro.

Non modifique a proporción do texto. Non escriba as siglas <UE>. Sempre debe escribirse na súa forma completa: Unión Europea.

Non o escriba todo en maiúsculas.

Non substitúa o emblema europeo polo logotipo da Comisión Europea.

Non substitúa o emblema europeo por ningún outro elemento gráfico.

Non modifique o emblema europeo.

Non engada a denominación do programa á declaración de financiamento.

Non escriba a denominación do programa en conxunción co emblema europeo.

Non engada elementos gráficos coa denominación do programa da UE.

Para información relacionada co uso do emblema europeo:

https://europa.eu/european-union/abouteuropa/legal_notices_en#emblem

c) Logotipo do ministerio.

A súa utilización vai asociada a aquelas intervencións en que existe financiamento por parte do Ministerio.

Empregarase o logotipo composto polo escudo de España, xunto coa denominación «Goberno de España» e a do «Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación», usando a tipografía Gill Sans, con forma envolvente en cor de fondo amarela, para soportes gráficos (cartel, prensa, etc.), tal e como figura abaixo:

missing image file

Para soportes dixitais (páxinas web, banner, etc.) empregarase o seguinte logotipo:

missing image file

d) Orde e disposición de lemas e emblemas.

Os emblemas deberán estar aliñados en calquera caso e deberán ter dimensións homoxéneas.

A marca da Xunta de Galicia colocarase sempre á esquerda e separarase do resto de elementos por unha distancia mínima igual á lonxitude da marca principal.

A separación entre o resto de marcas será igual ao ancho do escudo.

No caso de convivencia con outras institucións de rango superior, aplicarase o mesmo criterio que no punto anterior, aínda que axustando ao que establezan os manuais de marcas desas institucións.

e) Recomendacións.

Cando se reproduzan os emblemas é importante ter presentes as seguintes recomendacións:

– Non distorsionar a imaxe, coidando de que as escalas horizontal e vertical sexan as regulamentarias.

– Non xirar as imaxes, prestando especial atención á correcta orientación das estrelas.

– Non modificar as proporcións que os distintos elementos deben respectar entre si.

O aquí recollido sobre o uso de logotipos deberá respectar en todo caso os posibles cambios de denominación das unidades ministeriais ou autonómicas citadas.

Será de aplicación o disposto no manual de identidade corporativa da Xunta de Galicia e na normativa de aplicación vixente en cada momento.

3. Modelos.

a) Cuestións comúns.

Os modelos de carteis e placas que os beneficiarios de axudas Feader deben utilizar adaptaranse ao disposto nesta epígrafe.

A parte destinada ao emblema da Unión Europea e a declaración, a denominación do fondo, o plan estratéxico, ademais da descrición do proxecto ou operación debería ocupar como mínimo o 25 % do deseño.

O logo da Xunta de Galicia ocupará o ancho do soporte cunha marxe ao seu arredor da metade do ancho do escudo.

O título do proxecto que se vai executar terá unha altura de texto non superior a 2/3 da altura que teña o texto do logotipo.

Os datos da obra terán unha altura de texto non superior a 1/2 da altura do título. Os modelos expostos recollen o contido mínimo, porén, o instrumento empregado debería recoller toda a información posible, tendo en conta o seu tamaño.

O resto de logos, deberán situarse na parte inferior do cartel cunha marxe ao seu arredor da metade do ancho do escudo.

Cores e tipo de letra:

Cor fondo 1

RGB:0/123/196

Pantone 7461 C

Cor fondo 2

RGB: 0/51/153

Pantone Reflex Blue

Tipo de letra

Xunta Sans

Tipo de letra declaración, Feader e PEPAC

Tahoma

Dimensións:

Placa

Cartel

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

130 cm

-

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), e non é admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

Os elementos publicitarios deben manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

b) Placa.

missing image file

c) Cartel.

missing image file

d) Adhesivos ou etiquetas.

missing image file

ANEXO X

Norma complementaria

Artigo 1. Renda unitaria do traballo (RUT)

Para este cálculo empregaranse os datos de prezos brutos publicados a continuación e os elementos da explotación rexistrados no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Deste primeiro cálculo obterase a marxe bruta por unidade de produción en situación actual e prevista.

Marxe bruta = produto bruto – gastos variables

Para a obtención da marxe neta, será necesario establecer os gastos fixos da explotación, que serán:

Marxe neta = marxe bruta – gastos fixos + subvencións – gastos financeiros

Unha vez obtida a marxe neta, a RUT da explotación obterase seguindo a fórmula especificada:

Renda da explotación = marxe neta + salarios

RUT = renda da explotación / Nº de UTA

Descrición

Prezo bruto/ud.

Gastos variables

Marxe bruta

Unidade

Patacas

5.866,70 €

4.625,44 €

1.241,26 €

ha

Amorodo

24.050,00 €

4.507,00 €

19.543,00 €

ha

Kiwi

9.135,39 €

946,60 €

8.188,79 €

ha

Outras froiteiras

9.616,19 €

1.658,79 €

7.957,40 €

ha

Oliveira intensivo

14.250,00 €

2.100,00 €

12.150,00 €

ha

Oliveira extensivo

3.800,00 €

2.100,00 €

1.700,00 €

ha

Arando

66.223,96 €

47.464,30 €

18.759,66 €

ha

Hortalizas aire libre

61.077,29 €

33.799,10 €

27.278,19 €

ha

Flor aire libre

7.137,02 €

2.555,80 €

4.581,22 €

ha

Invernadoiro flor

91.353,83 €

25.242,50 €

66.111,33 €

ha

Invernadoiro hortaliza

75.366,92 €

13.883,38 €

61.483,54 €

ha

Viveiros extensivo

86.237,00 €

40.180,00 €

46.057,00 €

ha

Viveiros mixto

317.500,00 €

192.087,50 €

125.412,50 €

ha

Viñedo preferente

8.113,66 €

1.502,53 €

6.611,13 €

ha

Viñedo non preferente

4.567,70 €

1.514,55 €

3.053,15 €

ha

Outros cereais

647,09 €

228,38 €

418,71 €

ha

Trigo

1.442,43 €

390,66 €

1.051,77 €

ha

Outros cultivos

33.055,67 €

6.941,70 €

26.113,97 €

ha

Vacas leite

0,47 €

0,34 €

0,13 €

kg leite

Xovencas leite

1.260,00 €

980,00 €

280,00 €

Cab

Vacas carne

1.545,40 €

1.223,70 €

321,70 €

Cab

Xovencas carne

1.200,00 €

779,10 €

420,90 €

Cab

Xatos ceba

820,38 €

628,81 €

191,57 €

Praza (1,25 cab.)

Ovellas

103,00 €

18,00 €

85,00 €

nai

Ovellas leite

142 €

26,00 €

116,00 €

nai

Cabras

129,80 €

18,00 €

111,80 €

nai

Eguas

241,80 €

26,00 €

215,80 €

nai

Visóns femias

88,95 €

56,01 €

32,94 €

Ud

Coellas

139,99 €

105,94 €

34,05 €

nai

Enxames

100,00 €

31,55 €

68,45 €

Ud

Porcas nai

1.336,05 €

1.079,12 €

256,93 €

porca nai

Porcas celtas nai

532,95 €

289,15 €

243,80 €

porca nai

Porcas reprodutoras

883,79 €

687,33 €

196,46 €

porca nai

Porco celta ciclo completo

4.400,00 €

2.850,00 €

1.550,00 €

porca nai

Porcos ceba

291,19 €

268,20 €

22,99 €

praza

Porcos ceba cadea

306,52 €

285,48 €

21,04 €

praza

Aves carne

9,20 €

7,61 €

1,59 €

praza

Polo curral

8,15 €

6,34 €

1,81 €

praza

Pavos

27,11 €

22,54 €

4,57 €

praza

Polo curral ecolóxico

21,00 €

14,07 €

6,93 €

praza

Poñedoras

16,33 €

14,14 €

2,19 €

praza

Recría int. batería

-

-

-

praza

Recría int. chan

-

-

-

praza

Poñedora ovo para incubar

4,33 €

0,68 €

3,65 €

praza

Poñedoras campeiras

20,23 €

15,32 €

4,91 €

praza

No caso de orientacións produtivas non incluídas neste cadro ou explotacións con marxes económicas diferentes, as persoas solicitantes deberán acreditar documentalmente a renda da explotación para que o persoal dos servizos de explotacións agrarias poida calcular a RUT e determinar a admisibilidade da solicitude.

Artigo 2. Explotacións de autoconsumo

Resulta importante que, para os efectos desta orde de axudas, se diferencie correctamente entre o que se considera unha explotación agraria comercial e unha explotación agraria de autoconsumo, xa que non existe unha norma especifica e única para definilas.

Consideraranse exceptuadas en todo caso as persoas que sexan titulares dunha explotación de autoconsumo, que poderán acceder ás axudas nas mesmas condicións que o resto.

Definiranse como explotacións de autoconsumo aquelas que:

– Non dispoña de máis de 250 m² de invernadoiro para cultivo de hortalizas.

– Non cultive máis de 500 m² de hortalizas ao aire libre.

– Non cultive máis de 1.000 m² de patacas.

– Non cultive máis de 1.000 m² de vide.

– En vacún de leite, un máximo de dúas vacas e as súas crías.

– En vacún de carne, dúas vacas e as súas crías ou dúas xovencas para cebar se é en explotación intensiva e catro vacas en extensiva.

– En porcino, permitiranse ata dúas reprodutoras coas súas crías para cebar ou a ceba de ata cinco porcos ao ano.

– Na explotación avícola de carne non se permitirá a tenza de naves específicas destinadas a cría ou posta e, en todo caso, a produción será menor de 210 quilos en equivalente de peso vivo de ave ao ano.

– En avícola de posta de ovos, ata 15 poñedoras.

– En cunicultura, o censo máximo de reprodutoras será de cinco.

– O máximo número de animais ovino-cabrún será de 10 e as súas crías.

– O máximo número de équidos será de 5.

– Os apicultores que non teñan máis de 15 colmeas.

Permitiranse combinacións entre estas dimensións.

Artigo 3. Consideracións sobre a man de obra da explotación e o cómputo de UTA

1. Titular que só cotiza no réxime autónomo agrario. Computa como 1 UTA. Non se aceptará que nestes casos o titular alegue dedicación a tempo parcial coa finalidade de contabilizar como 0,5 UTA.

2. Titular que cotiza autónomo agrario e réxime xeral.

2.1. Con contrato a tempo parcial a media xornada ou menos. Computa como 1 UTA.

2.2. Con contrato a tempo parcial de máis de media xornada. Computa 0,5 UTA.

2.3. Con contrato a tempo completo, e que non supere o tempo equivalente de 6 meses. Computa 0,5 UTA.

3. Titular que cotiza autónomo (dúas actividades, agraria e outra non agraria).

3.1. Se a actividade principal é a agraria: computa 1 UTA.

3.2. Se a actividade principal é outra: computa 0,5 UTA.

No caso de non poder acreditar a actividade principal mediante documentación da Seguridade Social (informe de vida laboral ou certificado de actividades), o beneficiario poderá xustificar a actividade principal mediante a declaración de IRPF, considerando a de maiores rendementos.

4. No caso de agricultores que sexan socios de varias explotacións, estes poderán computar como máximo só unha UTA. Naqueles supostos en que esa persoa xa estea a computar como 1 UTA dunha das explotacións, nas restantes explotacións computará 0 UTA.

5. No caso de incorporación de persoas teranse en conta as distintas situacións laborais, en que poden atoparse, no período en que están executando o seu plan empresarial. Como norma xeral comprobarase a situación laboral no día de finalización do plan empresarial mediante o informe de vida laboral, sendo posible que manteñan traballos en períodos anteriores co fin de complementar os seus ingresos mentres acadan a viabilidade prevista, nas seguintes situacións:

5.1. Os contratos fixos de tipo descontinuo consideraranse vixentes en todo momento a non ser que a persoa demostre ter causado baixa definitiva.

5.2. Os contratos esporádicos de duración de non máis dun día a tempo completo ou de 2 días a tempo parcial cun máximo de 20 días ao ano non computarán no cálculo da UTA.

5.3. As persoas que inicien a actividade, sen a existencia previa de explotación agraria, e de xeito simultáneo realicen investimentos poderán xustificar esta última axuda, a acreditación dos compromisos relativos á consideración da condición de UTA e agricultor profesional coa finalización do plan de empresa.

Artigo 4. Cumprimento do plan empresarial

Nas explotacións agrarias con orientación produtiva dentro da rama da viticultura, pequenos froitos, fruticultura ou viveiros, se a explotación aínda non obtivo ingresos agrarios, considerarase que se executou correctamente o plan empresarial, no referente á actividade, se o proceso de plantación e os labores culturais se realizaron axeitadamente durante o prazo establecido no plan empresarial.

Artigo 5. Características mínimas dos investimentos

1) Adquisición de maquinaria agrícola.

A maquinaria agrícola deberá estar inscrita no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

No caso de maquinaria agrícola de aplicación de fitosanitarios, exixirase o carné de usuario de productos de fitosanitarios.

2) Sistemas de xestión de estercos.

Os investimentos elixibles deberán cumprir as características mínimas seguintes:

1. A. Cobertura de balsas e outros sistemas de almacenamento de esterco que permitan unha redución de emisións de amoníaco superior ao 80 %.

a. A vida útil mínima será de dez anos.

b. Nas cubertas flexibles inclúense cubertas en forma de tenda, cubertas abovedadas e cubertas planas.

2. Nitrificación-desnitrificación. Aplicable unicamente en naves/explotacións cando é necesario eliminar o nitróxeno do esterco para evitar superar os niveis máximos de nitróxeno no solo ou augas superficiais ou profundas (por exemplo no caso de zonas designadas como «Zonas vulnerables»). Disporá de sensores automatizados para a operación automática da instalación.

3. Separación sólido-líquido, aplicable cando:

a. Sexa preciso reducir o contido de nitróxeno e de fósforo do esterco para evitar superar os niveis máximos de nitróxeno e fósforo no solo ou augas superficiais ou profundas ou

b. Non poida transportarse o esterco para a súa aplicación ao campo a un custo razoable ou

c. Sexa necesario para aplicar outra técnica de tratamento posterior.

Tamén se incluirá maquinaria ou transporte móbil necesario para levar a cabo a separación sólido-líquido de forma colectiva entre distintas granxas.

4. Compostaxe. Inclúe o proceso de dixestión aeróbica para a obtención dun compost e a maquinaria necesaria. Pode provir dun esterco sólido de inicio ou provir da fracción sólida doutros estercos sometidos a separación e polo que se obteña unha fracción sólida.

A instalación de compostaxe terá o chan impermeabilizado e disporá de cuberta de obra ou malla xeotéxtil que impida o paso da auga, pero permita o intercambio de oxíxeno.

De ser o caso, disporá dunha instalación que permita alcanzar o grao correcto de humidade para o proceso de compostaxe.

5. Instalación de plantas de biogás de uso individual en balsas de esterco cubertas ou balsas con ou sen aproveitamento enerxético para o seu aproveitamento in situ ou posterior, cumprindo todos os criterios ambientais, incluíndo os criterios de sustentabilidade e de redución de emisións GEI descritos na Directiva (UE) 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, así como coa súa normativa derivada:

a. A vida útil mínima será de dez anos.

b. Deberán ter unha capacidade de almacenamento adecuada ao período de retención óptimo do dixestato.

c. Os depósitos terán que soportar tensións mecánicas, químicas e térmicas.

d. Os depósitos deben estar construídos a proba de fugas para a recollida e transferencia dos xurros (p. ex. fosas, canles, desaugadoiros, estacións de bombeo).

e. Os depósitos terán instalado un sistema de detección de fugas, como pode ser unha xeomembrana, unha capa de drenaxe e un sistema de condutos de desaugadoiro, e contar cun peche hermético e un sistema de recollida e eliminación de biogás (facho) ou utilización como fonte de enerxía.

f. A base, paredes e teito dos depósitos serán impermeables, de formigón ou revestimento plástico (ou dobre revestimento).

6. Construción de novos sistemas de almacenamento, ou adaptación dos existentes ata alcanzar o tempo de almacenaxe que permita un uso adecuado dos estercos, excepto en explotacións gandeiras cuxos titulares estean obrigados conforme a normativa de ordenación vixente.

O redimensionamento da capacidade de almacenamento de estercos en granxas existentes poderase realizar construíndo un depósito novo, engadindo outro para incrementar a capacidade ou utilizando unha bolsa ou depósitos de esterco para almacenar o volume adicional. Deberanse cumprir as condicións seguintes:

a. Ter unha vida útil mínima de dez anos.

b. A capacidade de almacenamento será de, polo menos, 6 meses e adecuada ás características e necesidades agronómicas da contorna. Isto é, con capacidade suficiente para conservar os estercos durante os períodos en que non é posible aplicalos ao campo.

c. Para reducir o coeficiente entre a superficie de emisión e o volume do depósito as dimensións dos depósitos/balsas axustaranse ás condicións seguintes:

i. Profundidade (altura) mínima 2 metros, debendo establecer unha «marxe libre» ou distancia entre a superficie de estercos e o bordo superior da balsa de 0.5-0.75 m. Nos depósitos rectangulares, a proporción entre altura e superficie será de 1:30-50. Nos depósitos circulares, a relación altura-diámetro será de 1:3 a 1:4. Pode aumentarse a altura das paredes laterais.

ii. Inclinación mínima noiro 50 %.

iii. No caso de que a profundidade non supere os 3 metros, a relación será de:

1. Profundidade-superficie 1:50 se altura < 3m.

2. Profundidade-diámetro 1:4 se altura < 3m.

iv. No caso das bolsas de esterco, terán as dimensións adecuadas ao volume que sexa necesario almacenar.

Exceptuararse do cumprimento das epígrafes i) e iii) os depósitos e balsas que estean totalmente cubertos cunha cuberta, ríxida ou flexible, que reduza a emisión de amoníaco en, polo menos, un 80 % con respecto á referencia do depósito ou balsa sen ningún tipo de cuberta.

d. Os depósitos terán que:

i. Soportar tensións mecánicas, químicas e térmicas.

ii. Estar construídos a proba de fugas para a recollida e transferencia dos estercos (p. ex. fosas, canles, desaugadoiros, estacións de bombeo).

iii. Ter instalado un sistema de detección de fugas, por exemplo, unha xeomembrana, unha capa de drenaxe e un sistema de condutos de desaugadoiro.

iv. Ter a base e paredes dos depósitos impermeables, de formigón ou revestimento plástico (ou dobre revestimento).

e. A construción dun depósito novo ou calquera modificación do seu tamaño ou estrutura deberá acompañarse da adopción de técnicas que reduzan as emisións de amoníaco en, polo menos, un 80 % con respecto á referencia do depósito sen ningún tipo de cuberta.

Cando esta técnica supoña a cubrición do depósito e cando esta cubrición poida implicar a acumulación de gas metano, adoptaranse sistemas de xestión do devandito gas que eliminen os riscos relativos á súa acumulación ou emisión á atmosfera.

3) Regadíos.

No caso de investimentos en regadíos:

1. Poderanse cofinanciar os investimentos nas instalacións de rega de carácter privativo no interior das parcelas que contribúan á mitigación do cambio climático e á adaptación aos seus efectos, así como á enerxía sustentable e/ou a promover o desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente de recursos que non comporten un aumento da superficie de rega.

2. Se a autoridade competente en planificación hidrolóxica considera a actuación dentro do seu programa de medidas, considerarase a actuación como elixible.

3. Debe instalarse, como parte do investimento, un sistema de medición, que permita medir mediante contador, o uso da auga correspondente ao investimento obxecto da axuda.

4. Nun investimento destinado a mellorar unha instalación de rega existente ou un elemento da infraestrutura de rega:

a. Deberase avaliar previamente que esta, permite levar a cabo un aforro potencial de auga en función dos parámetros técnicos da infraestrutura ou instalación existentes.

b. Establécese, como condición de elixibilidade, unha porcentaxe mínima de aforro potencial do 5-25 %. O intervalo de porcentaxes de aforro dependerá dos parámetros técnicos da instalación. Ao tratarse de operacións dentro de parcela, as características dos proxectos variarán segundo o tipo e as características da explotación en que se executen. Xa que logo, é máis adecuado non establecer unha porcentaxe de aforro único, senón unha franxa que permita a execución de operacións cuxa dimensión levará un aforro potencial de auga menor, e exixir porcentaxes de aforro maiores a aquelas operacións cuxas características técnicas o permiten. O intervalo de aforro potencial do 5-25 % xustifícase da seguinte forma:

i. En actuacións que substitúan rega a pé por rega por aspersión, o aforro potencial mínimo será do 15 %, supoñendo unha eficiencia media do 70 % para unha rega a pé e dun 85 % no caso da rega por aspersión, o paso dunha a outra levará, polo menos, un aforro potencial do 15 %.

ii. En actuacións que substitúan rega a pé por rega localizada, o aforro potencial mínimo será do 25 %, supoñendo unha eficiencia media do 70 % para unha rega a pé e dun 95 % no caso da rega localizada, o paso dunha a outra levará, polo menos, un aforro potencial do 25 %.

iii. En actuacións que substitúan rega por aspersión por rega localizada, o aforro potencial mínimo será do 10 %, supoñendo unha eficiencia media do 85 % para unha rega por aspersión e dun 95 % no caso da rega localizada, o paso dunha a outra levará, polo menos, un aforro potencial do 10 %.

iv. En actuacións que modifiquen rega localizada por outra en que se utilicen as últimas tecnoloxías en microlocalización, o aforro potencial mínimo será do 5 %, supoñendo unha eficiencia media do 95 % para unha rega localizada e dun 99 % no caso de rega microlocalizada, o paso dunha a outra levará, polo menos, un aforro potencial do 5 %.

c. Se o investimento afecta masas de auga subterráneas ou superficiais cuxo estado foi cualificado como inferior a bo no plan hidrolóxico de bacía correspondente por razóns relacionadas coa cantidade, garantirase unha redución efectiva do consumo de auga a escala de investimento, que contribúa á consecución do bo estado das masas de auga. Neste caso, establécese, como condición de elixibilidade, unha porcentaxe de redución efectiva no consumo de auga, a escala de investimento, que será como mínimo o 50 % do aforro potencial, sempre e cando a obrigación de aforro do capital captado marcado polos organismos de bacía non sexa máis estrita.

d. O punto iv non será de aplicación no caso de investimentos exclusivamente para a mellora da eficiencia enerxética, investimentos para a creación de encoros (incluíndo balsas ou similares), investimentos para o uso de augas rexeneradas que non afecten unha masa de auga subterránea ou superficial.

5. Os investimentos para o uso de augas rexeneradas serán subvencionables só se se cumpre co Regulamento (UE) 2020/741 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de maio de 2020, relativo aos requisitos mínimos para a reutilización da auga.

4) Adquisición de terreos e bens inmobles.

1. Terreos.

Poderá subvencionarse a adquisición de terreos por un importe que non exceda o 10 % dos gastos subvencionables, tendo en conta que:

– Serán elixibles todas as terras de uso agrario en solo rústico.

– As terras de uso forestal e os pasteiros arbustivos serán elixibles sempre que se solicite a axuda á roturación simultáneamente.

– Poderán considerarse elixibles os solos urbanos, urbanizables, de núcleo rural, mixtos e asimilados, ou terreos rústicos con melloras ou con edificacións só se están vinculados a soportar todo ou parte da construción ou obra civil solicitada.

– En ningún caso se subvencionará a compra de partes de parcelas, excepto que se realice legalmente a agrupación a unha parcela da explotación.

– As parcelas estarán situadas no concello da explotación ou nun limítrofe.

– Non se subvencionarán parcelas para cultivos nas explotacións gandeiras sen terras.

– A compra debe realizarse en pleno dominio (nin usufrutos nin indivisos).

– Non se admitirán compras a familiares en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade.

– Será obrigatorio realizar escritura pública da compra liquidada a nome do titular da explotación e presentar xustificación bancaria en que figure o nome do solicitante e do vendedor. Deberán presentarse a actualización do catastro e as modificacións de titular e uso no Sixpac.

2. Naves.

Poderá subvencionarse a adquisición de naves ou construcións que estean en desuso, tendo en conta que:

– Deben poñerse en uso cumprindo toda a normativa exixida para a orientación produtiva de que se trate.

– A valoración será o menor importe entre o prezo indicado polo beneficiario (certificado dun taxador independente debidamente acreditado ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado) e o prezo establecido na valoración da Atriga (Axencia Tributaria de Galicia).

– A compra debe realizarse en pleno dominio (nin usufrutos nin indivisos).

– Non se admitirán compras a familiares en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade.

– Será obrigatorio realizar escritura pública da compra liquidada a nome do titular e presentar xustificación bancaria en que figure o nome do solicitante e do vendedor.

5) Pradeiras e rozas.

Considérase financiable a implantación de pradeiras e as rozas de matogueira para pasteiros ou outros cultivos en terreos procedentes de monte. Os terreos cualificados como agrarios para efectos dos rexistros de parcelas (Catastro e/ou Sixpac) consideraranse terreos de cultivo abandonados e non se subvencionará a súa nova posta en produción.

Para xustificar a implantación de pradeira con retirada de tocos, deberá acreditar mediante a correspondente factura (e xustificante de pagamento) a roturación con maquinaria allea á explotación.

6) Cercas.

Considéranse financiables as cercas de catro/cinco fíos ou de malla sobre soportes de madeira tratada, ou de madeira de castiñeiro sen tratar, ou algún outro material de longa durabilidade (pedra, formigón...).

Xustificarase o seu gasto con factura allea; non serán financiables as estacas achegadas polo propio solicitante (neste caso, o módulo máximo subvencionable reducirase nun 60 %).

Tamén nestes casos deberá achegarse plano do Catastro ou Sixpac, coa situación da parcela ou parcelas e perímetro que se quere pechar.

Cando se trate de explotacións de nova construción, aínda que sexa por ampliación a outra parcela ou traslado da existente, subvencionaranse os peches coas características que a normativa específica exixa.

7) Construcións agrarias.

1. En todos os casos, o cumprimento da diferente normativa sectorial en relación coas construcións agrícolas e gandeiras será imprescindible para o seu pagamento.

De acordo coa normativa vixente, os operadores primarios empregarán auga potable ou auga limpa cando sexa necesario para evitar a contaminación, polo que, entre as melloras que solicitan, poderase incluír a instalación dunha potabilizadora, naqueles casos en que non dispoñan de auga potable na corte para as operacións de muxidura e limpeza de materiais e instrumentos; recoméndase a instalación dun sistema de desinfección das augas que constará de:

– Clorador directo por inxección, con contador de dosificación.

– Depósito.

– Bomba que permita recuperar a presión á saída do depósito.

Este sistema será obrigatorio para aquelas explotacións en que a auga non sexa de abastecemento municipal e non acrediten documentalmente a súa potabilidade.

2. Silos.

a. Os muros serán de formigón armado.

b. Nas cabeceiras contará cunha superficie adicional de formigón de 3 m e do largo do silo, para reducir a contaminación por terra.

c. A soleira do silo terá pendente cara adiante cunha recollida de efluentes preferentemente a unha fosa específica ou, na súa falta, á fosa de xurro.

3. Almacéns.

a. O almacén deberá ter acceso fácil ao interior para máquinas e vehículos.

b. Non serán financiables como almacéns as plantas baixas das vivendas.

4. Reformas de construcións existentes.

Cando se pretenda solicitar unha reforma dunha edificación existente haberá que ter en conta o seguinte:

a. Non se permitirán reformas en construcións que teñan menos de 10 anos de antigüidade.

b. As reformas que se considerarán serán sobre a totalidade da construción, en ningún caso poderán admitirse reformas de partes de edificios de xeito independente, aínda que se faga obra civil unicamente nesa parte concreta.

c. A reforma ten que supoñer polo menos o 50 % do valor do edificio novo (completo), tendo en conta os módulos máximos desta norma.

d. O investimento subvencionable para unha reforma non superará o 60 % do valor do modulo de obra nova.

e. As melloras que se realizarán en construcións de máis de 20 anos de antigüidade non terán a consideración de reformas, pero o investimento subvencionable realizado nelas non superará o 60 % do valor do modulo de obra nova.

f. Con máis de 30 anos permítese o derrubamento subvencionable e a construción de obra nova.

8) Instalacións e liñas eléctricas.

As instalacións non terán a condición de reforma e a súa elixibilidade estará condicionada ao criterio de que non se subvencionarán investimentos que supoñan unha simple substitución.

Non se considerará unha simple substitución se a instalación que se pretende cambiar ten unha antigüidade de 10 anos.

En canto ás liñas eléctricas, só é subvencionable o que se faga na propia parcela da persoa solicitante. Levar unha acometida eléctrica desde a rede pública ata a parcela non é elixible.

Artigo 6. Claves e módulos máximos

Clave

Descrición

Módulo €

121

Compra de terra

-

1120

ha rega aspersión

4.600,00

1121

ha rega microaspersión

12.700,00

1130

ha rega localizada

9.700,00

1140

ha outros sistemas rega

-

1310

m pozo de barrena

46,00

1321

m³ balsa metálica

31,00

1322

m³ balsa PVC

13,00

1323

m³ balsa formigón (para auga)

55,00

1330

m conducións xerais

16,00

1340

Gastos diversos rega

-

1410

ha saneamento/drenaxe

5.100,00

1420

ha nivelación terras

4.000,00

1493

m² malla antiherba

1,00

1494

m² muro de contención

75,00

2620

ha framboesa ou arandos

39.400,00

2660

ha kiwi

33.300,00

2680

ha outros cultivos froita

7.200,00

2681

Oliveira intensiva

8.600,00

2682

Oliveira extensiva

4.600,00

4311

Ud. colmea (con 1/2 alza)

40,00

4312

Ud. media alza

22,00

4313

Ud. núcleos apícolas

35,00

4314

Ud. excluidor apícola

2,50

4315

Ud. alimentador apícola

2,00

4316

Ud. afumador apícola

16,00

4317

Ud. banco de desopercular (1,5 m)

552,00

4318

Ud. extractor apícola (36 cadros) automático

4.715,00

4319

Ud. tanque de maduración apícola (400 kg)

250,00

4320

Outra maquinaria apícola

-

4321

Ud. alimentador de teito

7,00

5100

Outros investimentos

-

5101

Outros investimentos fruticultura

-

5102

Outros investimentos hortofloricultura

-

5103

Outros investimentos apicultura

-

5104

Outros investimentos vacún

-

5105

Outros investimentos ovino-cabrún

-

5106

Outros investimentos cunicultura

-

5107

Outros investimentos porcino

-

5108

Outros investimentos avicultura

-

5109

Demolicións

-

5117

Ud. manipuladora telescópica

34.500,00

5118

Ud. cepillo rascador

2.300,00

5119

Ud. contedor de cadáveres

1.136,00

5120

Ud. conxelador de cadáveres

621,00

6105

m² estrutura nave uso agrario en madeira

-

6106

m² envolvente nave uso agrario en madeira

-

6107

m² acabamentos nave uso agrario en madeira

-

6108

m² compartimentación nave uso agrario en madeira

-

6109

m² corte completa vacún de leite sen sala de muxidura

194,00

6111

m² corte vacún de carne trabado

109,00

6112

m² patio exercicio vacún de carne

25,00

6113

m² corte cebo de xatos

128,00

6115

m² corte libre carne con cubículos

132,00

6116

m² corte recría cavún de carne

138,00

6117

m² sala partos cavún de carne

82,00

6118

m² corte completo vacún de leite

233,00

6119

m² corte completo vacún de carne

150,00

6121

m² corte vacún de leite trabado

115,00

6122

m² patio exercicio vacún de leite

25,00

6123

m² sala partos vacún de leite

94,00

6124

m² corte cría-recría xovenca leite

138,00

6126

m² sala muxidura vacún

227,00

6127

m² leitaría

185,00

6128

m² corte libre leite

167,00

6129

m² zona espera

93,00

6130

m² curro ovino-cabrún

108,00

6131

m² sala muxidura cabrún

163,00

6132

m² ceba año-cabrito

123,00

6133

m² leitaría cabrún

178,00

6134

m² enfermaría

135,00

6137

m² xestación-parto porcino

207,00

6140

m² aloxamento porcino

-

6141

m² parto cría-porcino

200,00

6142

m² recría porcino

173,00

6143

m² ceba porcino

140,00

6144

m² cebo porcino engrellado

171,00

6145

ud. xestación porcino gaiola

221,00

6146

m² aloxamento porcino ciclo pechado

112,00

6147

m² nave semental porcino

102,00

6148

m² nave repouso porcino

85,00

6149

m² patio porcino

25,00

6150

m² construción equino

-

6154

m² instalación electricidade explotación cunícola

6,30

6155

m² instalación fontanaría explotación cunícola

1,30

6156

m² instalación sistema de refrixeración calefacción explotación cunícola

60,00

6157

Ud. gaiolas explotación cunícola

38,00

6158

m² nave explotación cunícola con instalacións

230,00

6159

Ud. sistema automatico de limpeza explotación cunícola

-

6160

Instalación avícola

-

6163

m² illamento panel 3 cm

12,00

6165

m bebedoiro avícola

24,00

6166

m² ventilación avícola

15,00

6167

m² calefacción avícola

18,00

6171

Ud. silo 25 m³ avícola

2.957,00

6172

m² instalación coellos pechada

137,00

6173

m² instalación coellos aberta

53,00

6180

m² instalación visóns-outros

51,00

6181

m² calefacción porcino

138,00

6182

m sistema alimentación comedeiro avícola

69,00

6183

Ud. sistema dosificación medicinas

1.790,00

6184

Ud. bebedoiro avícola

31,00

6187

m² sistema refrixeración avícola

12,00

6188

m poñedeira automatica galiñas

345,00

6189

Ud. poñedeira manual galiñas

575,00

6191

m² corredor alimentación cuberto

66,00

6194

m² lazareto leite

150,00

6195

m² oficina

146,00

6196

m² aseo

170,00

6198

m² nave polos/outras aves con instalacións

235,00

6229

m² pendello

69,00

6231

m² plataforma formigón/soleira

25,00

6232

m² almacén aberto

99,00

6233

m² almacén aberto comparte cerramento

52,00

6234

m² almacén pechado con portas

106,00

6235

m² almacén pechado con portas comparte cerramento

96,00

6236

m³ silo forraxeiro aillado con plataforma

41,00

6237

m³ silo forraxeiro múltiple con plataforma

32,00

6311

m³ fosa xurro engrellada

59,00

6312

m³ fosa xurro formigón

75,00

6313

m² cubrición fosa xurro

50,00

6314

m³ fosa lavado-lixiviado

59,00

6315

m³ outras fosas (para xurros)

30,00

6316

m³ esterqueiro

40,00

6320

m² camiño de explotación

27,00

6333

m cerca con malla

6,40

6336

m cerca tubo malla sen zócalo

15,00

6337

m cerca tubo malla con zócalo

18,00

6340

m² champiñoneira e outros

-

6341

m malla porco celta

21,00

6342

Ud. poste móbil para pastor

1,70

6343

m cerca mínimo 4 fíos

4,60

6344

m cerca ou malla móbil electrificada

4,77

6510

m² instalación lombricultura

23,00

6530

m² instalación helicicultura

14,00

7110

m² túnel semicircular horta

18,00

7120

m² acolchado horta

1,40

7132

m² invernadoiro multitúnel horta

24,00

7133

m² invernadoiro madeira horta

6,30

7140

m² invernadoiro policarbonato ou vidro horta

69,00

7210

m² Invernadoiro túnel flor

18,00

7220

m² acolchado flor

1,40

7232

m² invernadoiro multitúnel flor

24,00

7233

m² invernadoiro vmadeira flor

6,30

7240

m² invernadoiro policarbonato ou vidro flor

69,00

7250

m² umbráculos

6,90

7313

ha pradeira descepado

1.700,00

7314

ha pradeira sen descepado

932,00

7341

ha implantanción amorodo técnica baixa

11.100,00

7342

ha implantanción amorodo técnica media

12.800,00

7343

ha implantanción amorodo técnica alta

16.200,00

7410

m² implantación caravel

11,40

7420

m² implantación roseira

21,00

7430

m² implantación outras ornamentais

12,00

7440

m² implantación xerbera

16,00

8017

Ud. tractor (por CV)

0,00003654684x4-0,034899559146x³+10,304483869926x²-439,51801413899x+17528,952104515

8018

Ud. fresadora/rotocultor ata 3 metros de ancho de traballo (por ancho de traballo)

411,88e1,1663x

8023

Ud. rulo

6.179,94

8024

Ud. arado (ata tres corpos)

3.500,00

8025

Ud. grada discos

9.000,00

8026

Ud. rozadora

5.800,00

8027

Ud. rozadora de man

690,00

8028

Ud. arado (catro ou máis corpos)

6.300,00

8031

Ud. fertilizadora (por litros)

0,000000000476x4-0,00000383208x3+0,009740613376x2-5,528874386238x+2594,13930205499

8045

Ud. pulverizador (por litros)

1316,6e0,0013x

8050

Ud. sementadora plantadora

6.400,00

8051

Ud. sementadora pratenses

6.000,00

8052

Ud. sementadora millo

15.000,00

8053

Ud. sementadora patacas

8.100,00

8060

Ud. colleitadora gran

28.800,00

8061

Ud. anciño fileirador (por ancho de traballo, metros)

-1,89194x4+77,026x3-941,49x2+6086,9x-8574,1

8070

Ud. colleitadora hortalizas

15.000,00

8072

Ud. grade rotativa (ancho traballo >3,5 m)

8.100,00

8073

Ud. automatización de arrimado de comida

-

8074

Ud. robot arrimador comida

13.800,00

8075

Ud. encaladora arrastrada

16.100,00

8076

Ud. encamadora

6.900,00

8077

Ud. grade rotativa

10.851,18

8078

Ud. subsolador

3.500,00

8079

Ud. autocargador picador

34.500,00

8081

Ud. empacadora

21.900,00

8082

Ud. segadora rotativa

10.556,63

8084

Ud. desensiladora

6.482,00

8086

Ud. autocargador

26.500,00

8087

Ud. colleitadora forraxes

2.300,00

8088

Ud. rotoempacadora

32.058,68

8089

Ud. encintadora rotoempacadadora

9.998,11

8090

Ud. outras colleitadoras

-

8091

Ud. colleitadora patacas

32.200,00

8092

Ud. arrincadora patacas

4.600,00

8093

Ud. pa de tractor

5.800,00

8094

Ud. carga rotopacas

1.300,00

8095

Ud. encintadora

8.600,00

8096

Ud. estendedora de plástico

4.400,00

8098

Ud. remolque vehículo apícola/ovino/cabrún

4.600,00

8099

Ud. podadora de altura (froiteiras e ovino-cabrún)

627,00

8100

Ud. equipos de muxidura

-

8101

Ud. instalación muxidura praza

-

8102

Ud. instalación muxidura sala

-

8103

Ud. instalación muxidura cabrún

-

8104

Ud. robot muxidura incluídos accesorios

115.000,00

8106

Ud. maquinaria muxidura vacún

-

8111

Ud. tanque refrixeración <2.500 l

12.700,00

8112

Ud. tanque refrixeración 2.500-4.000 l

17.300,00

8113

Ud. tanque refrixeración>4.000-6.000 l

23.000,00

8114

Ud. tanque refrixeración >6.000-10.000 l

29.900,00

8115

Ud. tanque refrixeración >10.000 l

36.800,00

8116

Ud. aleitadora (1 box e ata 20 colares)

6.900,00

8117

Ud. aleitadora (2 boxes e ata 50 colares)

12.100,00

8118

Ud. aleitadora (máis de 50 becerros)

16.700,00

8119

Ud. aleitadora ovino-cabrún

4.000,00

8120

Ud. box para xatos

288,00

8121

Ud. empurrador sala de muxidura (crea lotes)

12.700,00

8122

Ud. empurrador sala de muxidura (non crea lotes)

6.900,00

8170

Ud. bomba de auga

1.700,00

8193

Ud. axitador xurro

1.400,00

8195

Ud. perforadora

-

8196

Ud. remolque mesturador

-

8198

Ud. bebedoiro portátil

1.400,00

8199

Ud. comedeiro portátil

1.400,00

8200

Ud. potabilizadora

3.200,00

8212

Ud. inxector de xurro

12.500,00

8213

Ud. cortasilos

3.500,00

8214

Ud. tripuntal

6.300,00

8215

Ud. forquiña hidráulica

1.100,00

8216

Ud. palot de almacenamento (hortofrutícola e pataca)

-

8220

Ud. remolque bañeira (por toneladas)

-2,2158x³+162,52x²-1455,6x+8965,9

8221

Ud. remolque esparexedor de máis de 10 t (por toneladas)

2815,6x-15568

8222

Ud. cisterna xurro (litros)

0,7265x1,1125

9210

m electrificación liña

-

9241

Ud. grupo electróxeno <30 kW

1.700,00

9242

Ud. grupo electróxeno 30-40 kW

2.700,00

9243

Ud. grupo electróxeno >40 kW

3.900,00

9283

Ud. intercambiador de placas arrefriador leite <60 vacas

4.000,00

9284

Ud. intercambiador de placas arrefriador leite ≥60 vacas

5.800,00

9285

Ud. sistema de recuperación de calor <60 vacas

4.000,00

9286

Ud. sistema de recuperación de calor ≥60 vacas

5.800,00

9287

Ud. variador de frecuencia <4 kw

1.400,00

9288

Ud. variador de frecuencia ≥4 kw

1.700,00

9330

ha roza de matogueira

277,00

9450

m sebe vexetal

8,10

9460

m² adecuación edificio existente

14,00

9509

Honorarios dirección de obra

-

9510

Honorarios proxecto, anteproxecto

-

9511

Ud. equipo detección celo-mamite

19.600,00

9521

Ud. mangada de manexo

3.500,00

9522

Ud. silo de penso

3.107,00

9523

Ud. depósito de auga

2.486,00

9524

Ud. automatización de rega

2.300,00

9526

Ud. pastor eléctrico

288,00

9527

Investimentos en produción de enerxía: aerotérmica

-

9528

Investimentos en produción de enerxía: biomasa

-

9529

Investimentos en produción de enerxía: eólica

-

9530

Investimentos en produción de enerxía: solar fotovoltaica

-

9531

Investimentos en produción de enerxía: solar térmica

-

9532

Investimentos en produción de enerxía: xeotérmica

-

9533

Ud. distribuidor de xurro por mangueiras (metros, ancho de traballo)

1647,6x1,0886

9534

Ud. fresadora/rotocultor máis de 3 metros de ancho de traballo (por ancho de traballo)

1180,7e0,5697x

9535

Ud. rotoempacadora encintadora de pacas cilíndricas

67.768,00

9536

Ud. segadora acondicionadora

17.337,91

– As superficies e os volumes que se considerarán serán os construídos.

– A clave 4310, Ud. enxames, contén un mínimo de 5 cadros de poboación.

– A clave 5109, Demolicións. Investimento elixible sempre que se realice unha construción na mesma parcela.

– A clave 6229, m² pendello, refírese aos almacéns que teñen máis dun lado sen cerramentos.

– A clave 6232, m² almacén aberto, refírese aos almacéns con soleira de formigón que non están pechados, é dicir, que un dos seus lados está aberto e nos outros tres presenta cerramentos.

– A clave 6233, m² almacén aberto comparte cerramento, son os almacéns con soleira de formigón en que, polo menos, un dos seus lados comparte o cerramento con outra edificación.

– A clave 6234, m² almacén pechado con portas, refírese aos almacéns con soleira de formigón que teñen todos os seus lados pechados.

– A clave 6235, m² almacén pechado con portas que comparte cerramento, son aqueles almacéns con soleira de formigón pechados con portas nos cales, polo menos, un dos seus lados comparte o cerramento con outra edificación.

– A clave 6337, m cerca tubo malla con zócalo, será exclusivamente para peche sanitario, só en granxas novas.

– A clave 8026, Ud. rozadora, será só maquinaria que se acople á toma de forza do tractor.

– A clave 8073, Automatización de arrimado de comida, correspóndese coa oferta de sistemas automatizados guiados por raís ou outros métodos (especificar na memoria) polos que circula unha máquina que fai a función de deposito e repartición da ración.