DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5531

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

BDNS (Identif.): 739933.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

En función do tipo de axuda que se solicite, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:

a) Persoa física que teña entre 18 e 40 anos de idade, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación, para as axudas do:

a. MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas. Subintervención 68611_01 Incorporación agraria.

b) Persoa física que teña entre 41 e 55 anos de idade, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación, para as axudas do:

a. MR404B Establecemento de novos agricultores. Subintervención 68612_01 Novas persoas agricultoras.

c) Persoa física ou xurídica titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto no caso de persoa agricultora moza ou nova que solicita simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas, para as axudas do:

a. MR405D Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias. Subintervención 68411_01 Investimentos en explotacións.

b. MR405E Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Pequenas explotacións. Subintervención 68411_04 Pequenas explotacións.

c. MR405F Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias. Subintervención 68412_01 Explotacións.

d. MR405G Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Pequenas explotacións. Subintervención 68412_03 Pequenas explotacións.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocalas para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 2 meses, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural