DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7599

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación, reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento administrativo IN541A).

BDNS (Identif.): 738133.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Construción, reforma e/ou equipamento interior de naves industriais, co fin de crear un viveiro industrial de empresas e/ou reformar e dotar de equipamento ou infraestruturas os existentes.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación, reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento administrativo IN541A).

Publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Liñas subvencionables

Prevense dous tipos de actuacións subvencionables, que se clasificarán nas seguintes liñas:

a) Liña A, correspondente ás axudas para a creación de novos viveiros industriais.

b) Liña B, correspondente ás axudas para mellora dos viveiros industriais existentes.

Quinto. Contía

Anualidade 2024: 150.000,00 €.

Anualidade 2025: 1.350.000,00 €.

Importe total da convocatoria: 1.500.000,00 €.

Intensidade das axudas: 80 % do importe total considerado como subvencionable, cun máximo de 240.000,00 € por solicitude (só se poderá presentar unha solicitude por concello para a liña A e outra por concello para a liña B).

A axuda máxima por solicitude nos proxectos da liña A será de 240.000,00 euros. A axuda máxima por solicitude nos proxectos da liña B será de 75.000 euros.

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 4 de xaneiro de 2024 no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. Outros datos

Poderase anticipar ata o 25 % do importe da subvención concedida, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2024

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Empresa e Innovación