DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 8940

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 27 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2024 (códigos de procedemento ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).

Desde hai anos, a Xunta de Galicia financia parte da I+D+i do tecido investigador da Comunidade Autónoma, en particular nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, enfocado nun modelo de axudas de carácter basal e estrutural vinculadas á actividade investigadora dos grupos de investigación máis competitivos do sistema e non adscritas a proxectos de investigación concretos.

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período, así como o Plan de investigación e innovación de Galicia 2022-2024, que concreta desde un punto de vista operativo este marco estratéxico.

A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D+i tres grandes retos da economía e a sociedade galega. Para darlles resposta, por unha banda, a estratexia orienta as capacidades e esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a tres prioridades temáticas transversais, e, pola outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de cinco (5) obxectivos estratéxicos.

Os instrumentos, apoios e actuacións que se desenvolven no marco da RIS3 en relación con cada obxectivo estratéxico recóllense nos correspondentes programas. Estes instrumentos poden dirixirse a prioridades e ámbitos de priorización concretos, debido á existencia de características ou necesidades diferenciadas dos axentes, cadeas de valor e mercados relacionados con cada un deles, pero tamén poden ser horizontais en relación cos retos e prioridades. O obxectivo estratéxico 1 busca consolidar unha oferta de investigación e innovación avanzada, integrada, ordenada e aliñada coa especialización de Galicia. Desafíos concretos relacionados con este obxectivo son o de incrementar a investigación e as súas sinerxías, fortalecendo os recursos para unha investigación de calidade e impacto, así como a súa orientación ao mercado.

En consecuencia, esta convocatoria enmárcase na RIS3 respondendo aos tres retos a través das tres prioridades, e intégrase no obxectivo estratéxico 1 e no programa Integra.

Neste contexto, os diferentes plans galegos de investigación veñen recoñecendo que en Galicia existe unha serie de grupos de investigación, denominados grupos de referencia competitiva, caracterizados por bos índices de publicacións científicas; un nivel de captación de recursos elevado, aínda que variable, segundo a área en que traballen; competitivos a nivel estatal e, en moitos, casos internacional; con capacidade para formar e atraer mozos e mozas investigadores e habituados á cooperación con outros grupos de investigación, con institucións ou con empresas. Por outra banda, están os grupos con potencial de crecemento que, sen acadar os niveis de desenvolvemento dos anteriores, teñen calidade investigadora, constatable con criterios estritos, e están na senda que os leve a ser grupos de referencia.

Estes grupos deben dispor dun financiamento estrutural e continuado, condicionado a criterios de calidade, que garanta un mínimo basal que lles permita desenvolver as súas liñas de traballo de xeito estable e cunha liberdade de acción suficiente para reorientar o seu labor, de ser o caso. Este financiamento debe outorgarse sobre a base de mecanismos de avaliación rigorosos, tanto das propostas presentadas como dos resultados que cada grupo acade durante a vixencia e ao remate da axuda. O instrumento que permite canalizar o financiamento preciso é o Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas que, anualmente, vén convocando liñas de axuda nesta materia en réxime de concorrencia competitiva.

As vantaxes do financiamento estrutural quedaron patentes e de manifesto desde o inicio da pandemia da COVID-19, dado que o feito de que as axudas que se convocan sexan un financiamento de estruturas, e non de proxectos, permite a suficiente flexibilidade para que, en calquera momento, os grupos reorienten a súa actividade cara a novas áreas de interese ou a novas modalidades de traballo, sen ter que estar suxeitos a proxectos determinados.

Cómpre considerar que as convocatorias de financiamento de grupos de investigación se veñen realizando de xeito ininterrompido desde hai varios anos mantendo, en esencia, as súas características básicas, o que contribuíu a crear un sistema de I+D+i estable e estruturado. De feito, a longa traxectoria do programa está a producir unha evolución no sistema de grupos, concordante cos obxectivos fixados nos diferentes instrumentos de formulación estratéxica da I+D+i autonómica. Os grupos están cada vez máis estruturados e cohesionados e a súa dimensión, en termos de número de investigadores/as, e a súa capacidade de captación de recursos competitivos son cada vez maiores. Así, logo da convocatoria do ano 2022 acadouse o maior número de grupos con financiamento activo desde o inicio do programa, e obsérvase, ademais, que o incremento é especialmente significativo nos grupos de referencia competitiva, que son os que teñen unha capacidade tractora máis importante.

Boa parte deste éxito é consecuencia da estabilidade e continuidade no tempo da convocatoria, que lle asegura ao sistema un marco sostido que é unha das condicións básicas capitais para calquera sistema de ciencia. Por ese motivo, non é aconsellable introducir cambios notables dunha a outra convocatoria sen realizar os estudos previos necesarios para garantir a mellor consecución dos fins previstos. Esta convocatoria mantén maioritariamente as liñas e os criterios da anterior e simplifica a documentación que hai que presentar para os grupos de referencia competitiva con traxectoria consolidada.

A convocatoria quere contribuír a garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación, en cumprimento do disposto na Lei 13/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Por iso, nas axudas que se regulan nesta convocatoria valoraranse positivamente aquelas propostas de grupos liderados por mulleres, integrados en máis do 40 % por investigadoras, ou a incorporación da perspectiva de xénero no seu quefacer diario.

Complementariamente, as propostas deberán incorporar para a súa valoración as políticas que os grupos desenvolven en materia de investigación e innovación responsable (RRI) de acordo cos estándares internacionais que definen estas prácticas.

Por último, o sistema debe atender as diferentes realidades de investigadores e investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto, fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional. Para este fin, nesta anualidade mantense esta liña de apoio cuxo baremo está en concordancia co expresado nos parágrafos e na liña de atender máis á viabilidade e as sinerxías que se establezan desde o proxecto e ás capacidades do equipo que aos méritos que as persoas que o integran acadasen ao longo da súa traxectoria investigadora anterior.

Co fin de harmonizar o exercicio das competencias que en materia de I+D+i teñen atribuídas a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain) da Consellería de Economía, Industria e Innovación, e na procura de sinerxías, e tras o camiño iniciado na convocatoria do ano 2016, considérase de interese continuar coa realización de convocatorias conxuntas que axuden a consolidar un sistema de I+D+i suficientemente sólido como para garantir o desenvolvemento social e a competitividade económica.

Atendendo a estas consideracións xerais, e en virtude das súas competencias, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Economía, Industria e Innovación establecen as bases para o Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación nas modalidades de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento e proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, e convocan estas axudas para o exercicio 2024.

En consecuencia, e no uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

– Modalidade A: grupos de referencia competitiva, procedementos ED431C e IN607A (as condicións particulares detállanse no anexo I).

– Modalidade B: grupos con potencial de crecemento, procedementos ED431B e IN607B (as condicións particulares detállanse no anexo II).

– Modalidade C: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, procedementos ED431F e IN607D (as condicións detállanse no anexo III).

Artigo 2. Definicións

Para os efectos desta convocatoria, terá a consideración de:

a) Coordinador/a: aquel persoal investigador cualificado que asina a solicitude asumindo a coordinación das actividades do grupo obxecto da axuda durante a súa execución. Unicamente poderán ter a condición de coordinador/a os/as investigadores/as que se sinalan na letra b) deste artigo.

b) Investigador/a.

1) No caso das universidades públicas do SUG, aquela persoa que teña título de doutor/a, que forme parte dun grupo de investigación no Rexistro da universidade correspondente do SUG e que teña algunha das seguintes categorías profesionais:

– Catedrático/a ou profesor/a titular de universidade ou de escola universitaria. Poderá ter a condición de coordinador/a.

– Profesor/a contratado/a doutor/a ou profesor/a axudante doutor/a. Poderá ter a condición de coordinador/a.

– Profesor/a asociado/a de Ciencias da Saúde (PACS).

– Profesor/a doutor/a dos centros adscritos ás universidades públicas do SUG.

– Profesor/a emérito/a. Poderá ter a condición de coordinador/a.

– Persoal contratado nos programas Beatriz Galindo, Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, posdoutorais da Xunta de Galicia, Atracción e retención de talento da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Oportunius da Xunta de Galicia (persoal investigador baixo a modalidade de investigador/a distinguido/a contratado/a pola Gain ao abeiro do Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación pola Axencia Galega de Innovación de persoal investigador baixo a modalidade de investigador/a distinguido/a), Marie Curie (neste último caso, sempre que teña adscrición a unha universidade do SUG durante toda a vixencia da axuda), Intalent, Programa de captación de talento investigador de excelencia da Uvigo, ou no Programa piloto da Universidade de Santiago de Compostela para a contratación de persoal investigador distinguido. Poderán ter a condición de coordinador/a, agás no caso dos programas Juan de la Cierva e Marie Curie.

– Persoal interino, sempre e cando ocupe unha praza das definidas nos parágrafos anteriores.

2) Para as restantes entidades solicitantes, aquela persoa que forme parte dun grupo de investigación recoñecido como tal pola entidade solicitante e que se englobe nalgunha das seguintes categorías:

– Persoal investigador doutor con vinculación funcionarial, estatutaria ou laboral do grupo A1 ou I á entidade solicitante ou a algunha das entidades que xestionen a súa investigación a través das fundacións sanitarias de Galicia. Poderá ter a condición de coordinador/a.

– Profesores/as eméritos/as-investigadores/as ad honorem. Poderán ter a condición de coordinadores/as.

– Persoal contratado nos programas Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, posdoutorais da Xunta de Galicia, Miguel Servet, Juan Rodés, Sara Borrell ou Marie Curie (neste último caso, sempre que teña adscrición á entidade solicitante durante toda a vixencia da axuda), na entidade solicitante ou nalgunha das entidades que xestionen a súa investigación a través das fundacións sanitarias de Galicia. Poderá ter a condición de coordinador/a, agás no caso dos programas Juan de la Cierva e Marie Curie.

En ningún caso terán consideración de investigadores/as, para os efectos desta convocatoria, os/as profesores/as visitantes, o resto dos/das profesores/as asociados/as, os/as profesores/as colaboradores, os/as contratados/as con cargo a proxecto e os/as lectores/as, así como aqueloutras categorías que non sexan explicitamente recollidas neste artigo.

c) Ingresos de I+D:

1) Unicamente os correspondentes a proxectos de I+D financiados por convocatorias públicas das administracións estatais, europeas ou doutras fontes, e os correspondentes a contratos e convenios de I+D ou de servizos de innovación, licenzas de patentes, de software e variedades vexetais, así como os premios de investigación e as doazóns dedicadas a I+D.

2) Non se terán en conta:

– As axudas para infraestruturas.

– As bolsas e axudas a accións de divulgación e produción científica.

– As axudas correspondentes a programas de recursos humanos.

– Os ingresos por ensaios clínicos.

– As axudas procedentes dos programas de consolidación de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento, proxectos de excelencia, da Xunta de Galicia.

– As axudas de financiamento de centros de investigación dos programas autonómicos.

– As axudas dos programas estatais María de Maeztu e Severo Ochoa.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A, B e C as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, incluídos os dos centros adscritos ao SUG, recoñecidos como tales polas distintas entidades, e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos no artigo 4 e no número 2 dos anexos I, II e III (segundo cada caso).

a) As universidades públicas do Sistema universitario de Galicia (SUG).

b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos institutos de investigación sanitaria IDIS, INIBIC, IISGS e dos centros do ámbito do Servizo Galego de Saúde que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas desta convocatoria a través destas entidades.

d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.

Artigo 4. Requisitos

Cada un dos grupos de referencia competitiva ou de potencial crecemento que as entidades presenten a esta convocatoria deberá cumprir os requisitos sinalados no número 2 do anexo correspondente á modalidade en que concorra.

Cada investigador/a unicamente poderá formar parte da composición dun grupo no ámbito desta convocatoria.

Para o cumprimento dos requisitos tomarase en consideración o seguinte:

1. A certificación de ingresos de I+D será a referida ao período do 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2023 e unicamente poderán contabilizarse aqueles que se produzan na entidade que presenta a solicitude ou naqueles entes en que a entidade teña unha participación superior ao 20 %.

Para os grupos vinculados ao SUG, contabilizaranse os que se produzan na Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) e nas fundacións de investigación biomédica ou sanitaria cando se correspondan aos institutos de investigación sanitaria do ámbito do sistema público de saúde de Galicia. Para os grupos vinculados aos institutos de investigación sanitaria de Galicia (IDIS, INIBIC e IIS Galicia Sur) contabilizaranse, ademais dos ingresos producidos nas entidades solicitantes, os ingresos producidos no resto das entidades integrantes dos citados institutos.

No caso de ingresos asentados noutras entidades distintas das anteriores, vinculados coa actividade dos grupos de investigación, só se poderán contabilizar as cantidades que fosen efectivamente reingresadas na entidade solicitante.

Para computar estes ingresos terase en conta o criterio de ingreso e non o de concesión ou sinatura, isto é, compútanse os ingresos obtidos desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2023, con independencia de que os proxectos, contratos ou convenios sexan anteriores a esa data. Polo mesmo criterio, non se computarán os ingresos que se produzan máis aló do 31 de decembro de 2023 aínda que correspondan a axudas concedidas no período exixido.

2. Para a certificación dos ingresos de I+D e dos méritos sinalados no número 2 dos anexos I e II teranse en conta as seguintes situacións:

a) Se un/unha investigador/a abandonou o grupo durante o período de cómputo, o grupo computará os méritos e ingresos durante o período en que esa persoa estivo nel.

b) Se un/unha investigador/a se integrou no grupo durante o período de cómputo, o grupo poderá computar os méritos e ingresos unicamente desde que esa persoa causou alta nel.

c) Se un grupo incorpora un/ha investigador/a entre o 31 de decembro de 2023 e a data de publicación da convocatoria, esa persoa poderá contar para os efectos dos mínimos de composición, pero non poderá achegar méritos ao grupo. Neste caso, a entidade solicitante deberá presentar unha certificación da relación específica dos membros que se incorporan neste período.

d) Nos casos excepcionais de grupos que se creasen ex novo entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2023, poderanse computar como ingresos e méritos aqueles que os/as investigadores/as que integran o novo grupo tivesen no período 2021-2023, con independencia de onde se contabilizasen e/ou producisen, incluídos aqueles que procedan de fóra do Sistema galego de I+D.

e) No caso de fusión de grupos ou de absorción dun grupo ou grupos por outro, no período entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2023, o novo grupo resultante poderá computar os méritos e ingresos de I+D do persoal investigador que se integre como consecuencia da fusión ou absorción, no período de cómputo entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2023. Neste caso, a entidade solicitante deberá presentar unha certificación que acredite a desaparición de, cando menos, un dos grupos implicados na fusión ou absorción e a data en que se produce esta, así como unha relación dos membros que se integren no novo grupo.

Artigo 5. Conceptos subvencionables

Os importes das axudas irán destinados a financiar os seguintes conceptos, sempre que se relacionen coa actividade de consolidación:

1. Custo de contratación de persoal investigador, auxiliar de investigación, del persoal técnico colaborador. Inclúese o custo de persoal dedicado de xeito específico ás funcións de xestión do grupo, así como o cofinanciamento das persoas contratadas ao abeiro de convocatorias competitivas dos programas estatais de recursos humanos.

2. Equipamento informático (incluídos custos de licenzas e programas informáticos, e excluídos os de carácter xeneralista). Toda adquisición de equipamentos informáticos e de recursos tecnolóxicos deberá ter a súa xustificación en función dos requirimentos técnicos para a execución ou os obxectivos dos proxectos en que participa o grupo, e será proporcionada ao tamaño do grupo.

3. Pequeno equipamento e material funxible (excluído material de oficina e funxible informático) directamente relacionado coa actividade do grupo.

4. Material bibliográfico. A adquisición de material bibliográfico ten que ser proporcionada e limitada ás dotacións necesarias para a consulta do grupo. Non se considerará nesta epígrafe a adquisición deste material polo persoal colaborador externo do grupo.

5. Custos de matrículas e inscricións a cursos, congresos, seminarios e coloquios do persoal do grupo, e adhesión a sociedades científicas. Non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo do grupo.

6. Estadías dos membros do grupo para actividades directamente relacionadas cos obxectivos dos proxectos en que participa o grupo, cunha duración mínima de quince días e máxima de 90 días (non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo do grupo).

7. Axudas de custo e locomoción de membros do grupo para a actividade obxecto da axuda (non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo do grupo).

8. Axudas de custo e locomoción do persoal investigador visitante.

9. Organización de actividades de transferencia, divulgación e difusión (congresos, páxinas web, cursos, simposios, foros, exposicións).

10. Publicación dos resultados da investigación en aberto (sempre e cando sexan como consecuencia da actividade do grupo).

11. Rexistro de patentes, gastos de consultoría e asesoramento externo para deseñar e aplicar a estrutura e a estratexia do grupo ou que xurdan do desenvolvemento da actividade do grupo, así como contratación de servizos externos entendidos como actividades prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, asistencias técnicas e servizos equivalentes para a execución das actividades investigadoras propias dos grupos e proxectos.

12. Gastos derivados da elaboración dun informe de auditoría por cada grupo ou proxecto que obteña financiamento.

13. Custos indirectos que se calcularán anualmente, sen necesidade de achegar xustificantes de gasto, mediante a aplicación dunha porcentaxe de ata o 21 % sobre os gastos totais da axuda validamente xustificada. Desa porcentaxe, e unicamente para o SUG, 5 puntos destinaranse a financiar as subscricións de cada entidade beneficiaria ás publicacións electrónicas.

A Secretaría Xeral de Universidades ou a Gain poderán ditar instrucións específicas para unha mellor definición dos conceptos subvencionables, así como da súa xustificación económica.

Para a xustificación da primeira anualidade da axuda admitiranse gastos e pagamentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2024.

As entidades beneficiarias deberán someterse á disciplina de contratación pública nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Artigo 6. Formalización e presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados ED431C (anexo VI) para a modalidade de grupos de referencia competitiva, ED431B (anexo VII) para grupos con potencial de crecemento, ED431F (anexo VIII) para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, no caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG, ou IN607A (anexo VI.bis) para a modalidade de grupos de referencia competitiva, IN607B (anexo VII.bis) para grupos con potencial de crecemento e IN607D (anexo VIII.bis) para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, no caso de solicitudes presentadas polas demais entidades solicitantes, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/chave365

Así mesmo, será necesaria a sinatura electrónica, con certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados, dos documentos que deban asinar os/as representantes das entidades solicitantes, os/as coordinadores/as do grupo e os/as investigadores/as principais.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Nos formularios de solicitude, relacionados no punto 1 deste artigo, incluiranse as seguintes declaracións responsables:

– Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e/ou concedidas, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entidade vinculadas ou dependentes delas ou, de ser o caso, de non telas solicitado.

– Declaración responsable do compromiso de comunicar inmediatamente cantas axudas solicite ou obteña, cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

– Declaración responsable de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos e que acepta as condicións e obrigas desta orde.

– Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Declaración responsable de que a entidade solicitante asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

– Declaración responsable de que a entidade solicitante cumprirá a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular a normativa en materia de subvencións.

3. Cada grupo de investigación unicamente poderá ser presentado como candidato por unha entidade e a unha das modalidades descritas, sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Artigo 7. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (ademais da que se especifica en cada anexo para cada modalidade de axuda) a seguinte documentación:

– Certificados emitidos pola entidade a que pertence o grupo (ou na cal estea adscrito este) ou o persoal investigador, que acrediten o cumprimento dos requisitos establecidos nos anexos I, II e III desta orde, correspondente á modalidade de axuda solicitada. Unha vez superado o proceso de selección, a Secretaría Xeral de Universidades ou a Gain poderán requirir os comprobantes dos méritos certificados das solicitudes seleccionadas. En caso de detectarse falsidade nalgún mérito, o órgano instrutor correspondente adoptará as oportunas medidas legais, sen prexuízo do establecido no artigo 4.3. A referencia dos contidos mínimos obrigatorios destes certificados está nos enderezos web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal

– De ser o caso, certificación asinada pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida pola lexislación para a investigación con animais.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

b) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

c) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento das débedas á Administración da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os ditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas solicitantes deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Instrución do procedemento

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades para as solicitudes presentadas por unha universidade do SUG e á Gain para as restantes solicitudes. Para este fin, comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde, exporán as listas de solicitudes admitidas e excluídas e sinalarán, se é o caso, as causas de exclusión. As listas publicaranse na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades) e http://gain.xunta.gal

Estas listas estarán expostas por un período de dez (10) días naturais e durante este prazo as entidades solicitantes poderán formular reclamacións para emendaren erros e falta de documentos das persoas interesadas, ante a Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades públicas do SUG, ou ante a Dirección da Gain, nos demais casos, para o cal presentarán a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas da exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderase requirir a entidade solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución dos procedementos.

Unha vez transcorrido o prazo para as emendas ou alegacións, as persoas titulares da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección da Gain ditarán unha resolución pola cal se aproban as listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas, que se publicará na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no caso de solicitudes do SUG, ou ante a Presidencia da Gain, nos demais casos, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos establecidos nela, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada serán causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que se poidan acordar outro tipo de actuacións.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 11. Avaliación e selección

A selección das propostas destinatarias das axudas realizarase a partir da suma das valoracións feitas por un grupo de avaliadores/as externos/as e polos órganos xestores da Secretaría Xeral de Universidades (Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación da Subdirección de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria), para as solicitudes presentadas polas universidades públicas do SUG, ou da Gain (Área de Xestión), para as restantes solicitudes.

O grupo de avaliadores/as externos/as estará formado por persoas expertas de fóra do Sistema galego de I+D+i propostas e aprobadas pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), que cubrirán as diferentes ramas de coñecemento: Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura. A valoración das solicitudes presentadas referirase á produción e calidade científica e á idoneidade da programación proposta de acordo cos obxectivos de cada unha das modalidades da convocatoria.

O grupo de avaliadores/as externos/as non avaliará os méritos que non se correspondan co período computable nesta convocatoria (do 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2023) e poderá aplicar unha penalización na puntuación final de ata o 25 % no caso de que na documentación presentada figuren méritos que non se correspondan co período de cómputo.

Así mesmo, o grupo de avaliadores/as externos/as poderá realizar comparativas dos méritos presentados nesta convocatoria con aqueles do mesmo período de cómputo (do 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2023) presentados para a avaliación final dos grupos de referencia competitiva e de potencial crecemento das convocatorias dos anos 2020 e 2021, respectivamente. No caso de detectar incoherencias neses méritos, poderá aplicar unha penalización na puntuación final de ata o 25 %.

Os criterios de avaliación das solicitudes presentadas aparecen recollidos nos anexos IV e V desta orde. Para garantir que as propostas financiadas teñan un nivel de calidade suficiente, só poderán recibir as axudas establecidas nesta convocatoria aquelas solicitudes que obteñan unha puntuación total igual ou superior a 60 puntos dos que pode outorgar o grupo de avaliadores/as externos/as e que, de ser o caso, teñan recoñecida unha avaliación positiva final do desempeño da axuda en anteriores convocatorias ás cales se presentasen, de acordo coa normativa específica establecida para cada unha delas.

Modalidades A e B: o grupo de avaliadores/as externos/as poderá asignar ata un máximo de 95 puntos a cada solicitude. Para as solicitudes que superen a puntuación mínima nas valoracións feitas polo grupo de avaliadores/as externos/as, os órganos xestores da Secretaría Xeral de Universidades e da Gain poderán outorgar a seguinte puntuación de acordo cos criterios establecidos no anexo IV: no caso das solicitudes presentadas polas universidades públicas do SUG, o órgano xestor da Secretaría Xeral de Universidades poderá outorgar ata un máximo de 5 puntos a cada solicitude, e no caso das solicitudes presentadas polas restantes entidades, o órgano xestor da Gain poderá outorgar ata un máximo de 2 puntos a cada solicitude.

Modalidade C: o grupo de avaliadores/as externos/as poderá asignar ata un máximo de 100 puntos a cada solicitude.

O proceso de avaliación externa será realizado por persoas expertas de fóra do Sistema universitario de Galicia, propostas e aprobadas pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

A Comisión de Selección será o órgano colexiado encargado de elaborar o informe para os órganos instrutores e estará constituída por seis membros:

– O/a subdirector/a xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades ou persoa en quen delegue, ou o/a director/a da Área de Xestión da Gain ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a da Comisión.

Serán vogais da Comisión:

– O/a subdirector/a xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en quen delegue.

– Dous/dúas directores/as de área da Gain ou persoa/s na/nas cal/es deleguen.

– Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades ou persoa en quen delegue.

– Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretario/a da Comisión.

A Comisión de Selección, sen prexuízo do disposto no artigo 19 desta convocatoria, elaborará para os órganos instrutores un informe que inclúa o informe de avaliación do grupo de avaliadores/as externos/as, as puntuacións outorgadas (de ser o caso) polos órganos xestores da Secretaría Xeral de Universidades ou da Gain e unha prelación das solicitudes ordenadas por puntuación, por orde decrecente de puntuación, ata que se produza algunha das seguintes circunstancias:

a) Que non haxa crédito suficiente para financiar a seguinte solicitude na prelación elaborada, ben porque se esgotou o crédito previsto nas bases, ben porque o remanente de crédito sexa insuficiente para o seu financiamento.

b) Que a puntuación da solicitude que corresponde financiar non acade o valor mínimo de 60 puntos outorgados polo grupo de avaliadores/as externos/as.

En caso de igualdade de puntuación nas modalidades A e B, grupos de referencia competitiva e grupos con potencial de crecemento, aplicaranse os seguintes criterios de desempate:

1º. O grupo que obteña maior puntuación na valoración da actividade investigadora (anexo IV, criterio B).

2º. O grupo que obteña maior puntuación na valoración da estratexia do grupo de investigación (anexo IV, criterio C).

3º. O grupo que obteña maior puntuación na valoración da estrutura/organización de investigación: tamaño do grupo, mecanismos de xestión e organización e infraestruturas (anexo IV, criterio A).

En caso de igualdade de puntuación na modalidade C, proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, aplicaranse os seguintes criterios de desempate:

1º. O proxecto de investigación que obteña maior puntuación na valoración da calidade científico-técnica do proxecto (anexo V, criterio A).

2º. O proxecto de investigación que obteña maior puntuación na valoración da viabilidade do proxecto (anexo V, criterio B).

3º. O proxecto de investigación que obteña maior puntuación na valoración da capacidade científico-técnica do equipo de investigación para a realización do proxecto (anexo V, criterio C).

Para cada entidade concedente, e no caso de que exista crédito sobrante nalgunha das modalidades, e sempre que sexa suficiente, a Comisión de Selección proporalles aos órganos instrutores a redistribución do importe entre as restantes modalidades, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda, de ser o caso, coa seguinte orde de prioridade: grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento, proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente-liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada e proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente-liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

En función deste informe, os órganos instrutores elaborarán a proposta de resolución que se publicará na internet, nas epígrafes de axudas http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal. Esta publicación só terá efectos informativos.

Artigo 12. Resolución

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, á persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades e á persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación.

Os órganos instrutores elevarán a proposta de resolución, que incluirá, para cada entidade beneficiaria, a relación de solicitudes seleccionadas co importe da axuda concedida. Con cargo aos créditos da Secretaría Xeral de Universidades financiaranse as axudas correspondentes ás universidades públicas do SUG, e a Gain asumirá o financiamento das restantes entidades.

A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (http://www.edu.xunta.gal) e da Gain (http://www.gain.xunta.gal), pola cal se entenderán notificadas para todos os efectos as persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada pola entidade beneficiaria no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, coas condicións específicas que recolle esta orde e coa aceptación expresa (de ser o caso e en función de cada unha das modalidades) dos indicadores de avaliación propostos na memoria descritiva e aqueloutras que se poidan incluír na resolución.

Todas as solicitudes serán resoltas no prazo máximo de cinco (5) meses, contados desde a publicación da orde de convocatoria. A non resolución en prazo faculta as persoas interesadas para entenderen desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no caso das solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da Presidencia da Gain, nos restantes casos, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Libramento da subvención

En todas as modalidades de axuda, a subvención será librada á entidade beneficiaria á cal pertenza o grupo (ou na cal estea adscrito este) ou o persoal investigador, conforme a resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a entidade beneficiaria remita, na data límite do 20 de novembro no caso das universidades públicas do SUG, e do 30 de novembro no caso do resto das entidades, do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a seguinte documentación:

1. Xustificación da realización do gasto e do pagamento:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento da Intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, no caso das entidades beneficiarias ás cales lles sexa de aplicación o artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, acompañada dunha memoria explicativa do logro dos obxectivos de consolidación e estruturación do grupo ou proxecto. Esta memoria explicativa irá asinada pola persoa coordinadora do grupo de investigación ou proxecto.

Así mesmo, o órgano competente en materia de investigación da entidade beneficiaria acreditará que o gasto realizado corresponde exclusivamente a conceptos subvencionables enumerados no artigo 5 desta orde.

b) Conta xustificativa con entrega de informe de auditoría de acordo co establecido no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso das entidades beneficiarias ás cales non lles sexa de aplicación o artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. A conta xustificativa terá o seguinte contido:

– Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo 48.1 do citado regulamento.

– Memoria económica, que conterá unha relación detallada dos gastos en que se incorreu na realización das actividades subvencionadas, debidamente agrupados por conceptos de gasto, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

2. Informe de auditor/a inscrito/a como exercente no Rexistro Oficial de Auditores/as de Contas, que se deberá manifestar sobre os conceptos, período de realización e pagamento dos gastos presentados nesa anualidade. O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos/das auditores/as de contas na realización dos traballos de revisión das contas xustificativas de subvencións.

3. Certificación das variacións na composición do grupo ou equipo do proxecto durante a anualidade que se xustifica, con indicación da datas das altas e baixas producidas no período.

4. No suposto de que a entidade solicitante se opoña á consulta por parte do órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, deberá achegar a documentación acreditativa de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

5. Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Poderán realizarse pagamentos anticipados que supoñan entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención e ata un máximo do 50 % da subvención concedida para cada anualidade. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada, logo de solicitude debidamente xustificada da entidade beneficiaria, que se deberá realizar, como máximo, nos tres meses seguintes á concesión da axuda na primeira anualidade e nos tres primeiros meses do ano para as seguintes anualidades.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final que, xunto cos pagamentos anticipados, en ningún caso poderán superar o 100 % da axuda concedida.

Nos proxectos plurianuais, enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata o final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desa anualidade. No caso dos custos de contratación de persoal investigador ou auxiliar, os pagamentos das nóminas e Seguridade Social dos meses de outubro e novembro de cada anualidade poderán presentarse como xustificantes para o cobramento da anualidade seguinte.

As entidades beneficiarias deberán facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos, en particular as enquisas do INE, relacionados coa medición da I+D+i. Os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar consignados á Comunidade Autónoma de Galicia. No marco de seguimento e avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias. Para tales efectos, durante a execución e ao finalizar a axuda (ex post), os beneficiarios deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores, entre os cales se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i. No caso de non facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos relacionados coa medición da innovación, será causa de reintegro de ata o 1 % da subvención concedida.

Artigo 15. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando a entidade beneficiaria reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (de ser o caso).

Artigo 16. Réxime de compatibilidade

As axudas concedidas serán compatibles con outras axudas ou subvencións, de acordo co establecido na normativa aplicable, coas excepcións que se indican a seguir:

a) Cando o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concordancia con outras, supere o custo da actividade subvencionada. Por iso, cando a entidade beneficiaria reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberao pór en coñecemento da entidade financiadora (Secretaría Xeral de Universidades ou Gain).

b) Cando o grupo teña concedida outra axuda da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou da Gain para a mesma actividade. Un mesmo grupo non poderá recibir simultaneamente axudas das modalidades de grupos de referencia competitiva e de grupos con potencial de crecemento.

Artigo 17. Incumprimento, renuncias, reintegros e sancións

O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ás entidades beneficiarias, grupos de investigación e aos/ás directores/as de proxecto destinatarios/as das subvencións reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de que a entidade beneficiaria, o grupo de investigación ou o/a director/a de proxecto renuncie ás axudas unha vez percibidas, procederase consonte o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Control

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Gain poderán levar a cabo as actividades de inspección que consideren oportunas para controlar o cumprimento das subvencións. En particular, poderán someter todas as entidades beneficiarias, grupos de investigación e directores/as de proxectos destinatarios/as das axudas desta convocatoria a procesos de avaliación de acordo coas condicións que se establecen en cada un dos anexos.

Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos autonómicos, estatais e europeos con funcións de control.

Artigo 19. Dotación orzamentaria

Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro do 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2024, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e en trámite parlamentario actualmente.

As axudas imputaranse ao capítulo VII dos orzamentos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Gain, coa seguinte desagregación por anos:

Modalidade

Entidade beneficiaria

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2024

2025

2026

2027

2028

Total

Mod. a) GRC

Universidades públicas do SUG

10.03.561B.744.0

2.520.000

2.520.000

2.520.000

2.520.000

10.080.000

Mod. a) GRC

Outras entidades

09.A2.561A.781.0

280.000

280.000

280.000

280.000

1.120.000

09.A2.561A.703.0

170.000

170.000

170.000

170.000

680.000

Total

450.000

450.000

450.000

450.000

1.800.000

Mod. b) GPC

Universidades públicas do SUG

10.03.561B.744.0

1.050.000

1.725.000

1.725.000

4.500.000

Mod. b) GPC

Outras entidades

09.A2.561A.781.0

180.000

285.000

285.000

750.000

09.A2.561A.703.0

110.000

170.000

170.000

450.000

Total

290.000

455.000

455.000

1.200.000

Mod. c) Proxectos de excelencia

**Liña traxectoria consolidada

Universidades públicas do SUG

10.03.561B.744.0

100.000

100.000

100.000

100.000

400.000

**Liña traxectoria emerxente

Universidades públicas do SUG

10.03.561B.744.0

300.000

500.000

500.000

500.000

500.000

2.300.000

Total universidades públicas do SUG

400.000

600.000

600.000

600.000

500.000

2.700.000

**Liña traxectoria emerxente

Outras entidades

09.A2.561A.781.0

60.000

100.000

100.000

100.000

100.000

460.000

09.A2.561A.703.0

45.000

75.000

75.000

75.000

75.000

345.000

Total

105.000

175.000

175.000

175.000

175.000

805.000

Total universidades públicas do SUG

3.970.000

4.845.000

4.845.000

3.120.000

500.000

17.280.000

Total outras entidades

09.A2.561A.781.0

520.000

665.000

665.000

380.000

100.000

2.330.000

09.A2.561A.703.0

325.000

415.000

415.000

245.000

75.000

1.475.000

Total

845.000

1.080.000

1.080.000

625.000

175.000

3.805.000

Total convocatoria

4.815.000

5.925.000

5.925.000

3.745.000

675.000

21.085.000

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades só financiará as axudas que correspondan ás universidades públicas do SUG, as cales se imputarán ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026. As anualidades 2027 e 2028 integraranse con cargo ao novo plan de financiamento universitario que se aprobe no seu momento.

Os créditos poderán ser redistribuídos por cada unha das entidades financiadoras entre as diferentes modalidades e anualidades cando o volume de solicitudes presentadas e avaliadas favorablemente así o requira e segundo o establecido no artigo 11.

Respecto aos créditos da Gain, unha vez valoradas as solicitudes e feita a proposta de resolución de concesión das axudas, adecuaranse os conceptos orzamentarios atendendo á natureza xurídica das posibles entidades beneficiarias, tendo en conta a vinculación de créditos que, conforme a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, rexe para as axencias, sen incrementar a distribución global prevista na convocatoria.

O importe máximo inicial do crédito destinado aos programas e subvencións obxecto desta convocatoria poderá ser ampliado en función das solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias, nos supostos e nas condicións previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incremento do importe queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito e, de ser o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que iso implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

De acordo co disposto no artigo 2.1.1 da Comunicación da Comisión sobre o Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación, desenvolvemento e innovación (2022/C414/01), publicado no Diario Oficial de la Unión Europea C144, do 28 de outubro de 2022, non se aplicará o disposto no artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas previstas nesta orde, que se outorgarán a organismos de investigación para actividades non económicas. As entidades beneficiarias que, ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, deberán consignar por separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos.

Cando o organismo de investigación realice case exclusivamente actividades non económicas, poderá quedar excluído na súa totalidade do ámbito de aplicación do artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, sempre que as súas actividades económicas sexan puramente accesorias, é dicir, que correspondan a unha actividade que estea relacionada directamente co seu funcionamento, ou sexa necesaria para o funcionamento do organismo de investigación, ou estea estreitamente vinculada ao seu principal uso non económico, e teña un alcance limitado.

Considerarase que isto se produce cando as actividades económicas consomen exactamente os mesmos insumos (como material, equipamento, man de obra e capital fixo) que as actividades non económicas, e a capacidade asignada cada ano a estas actividades económicas non supera o 20 % da capacidade anual total da entidade de que se trate.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 21. Información sobre a subvención

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Remisión normativa

Esta orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda. Recursos

Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou a persoa titular da Presidencia da Gain, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

P.D. (Orde do 29.7.2022)

Manuel Vila López

Secretario xeral técnico da Consellería
de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación e presidenta da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Modalidade A. Grupos de referencia competitiva (GRC)

1. Obxecto da axuda.

Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que, pola súa produción científica e a súa actividade de I+D, constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.

2. Requisitos.

Ser un grupo de investigación recoñecido pola entidade solicitante, que cumpra os criterios seguintes:

a) O grupo de investigación deberá estar integrado, durante toda a vixencia da axuda, polo menos por cinco (5) investigadores/as e, no caso das universidades públicas do SUG, deberá constar inscrito como tal nos rexistros da súa entidade antes do 30 de xuño de 2023.

Cando se produza calquera variación que afecte a composición mínima do grupo, ou a persoa que exerce a función de coordinador/a, deberá ser notificada no prazo máximo dun mes.

b) Cumprir, como mínimo, un dos seguintes requisitos no período do 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2023:

b.1) Ter, polo menos, tres (3) proxectos competitivos activos, cun importe superior a 15.000 € cada un, ou ter, polo menos, un (1) proxecto competitivo activo, cun importe superior a 75.000 €, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2023. Deberá indicarse de xeito específico a cota de participación do grupo no proxecto e que este estea directamente relacionado coa actividade investigadora do grupo.

b.2) Ter ingresos medios anuais por actividades de I+D superiores a 150.000 € (ou superior a 80.000 € cando se trate de grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas), no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2023.

b.3) Ter sido beneficiario das axudas a grupos de referencia competitiva do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas na convocatoria do ano 2020.

c) Cumprir, polo menos, dous dos seguintes criterios de produción científica no período do 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2023:

c.1) Artigos en publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science: polo menos dez (10) publicacións. No caso dos grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, consideraranse artigos en publicacións ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX.

c.2) Libros publicados: polo menos tres (3) (só para grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que sexa autor/a individual ou coautor/a entre un máximo de tres (3) autores/as).

c.3) Teses dirixidas/codirixidas e lidas: polo menos tres (3) teses para os grupos do SUG e polo menos dúas (2) para o resto de entidades alleas ao SUG.

c.4) Patentes en explotación en que a entidade solicitante sexa titular: polo menos unha (1) patente (ou catro (4) rexistros de propiedade intelectual de software ou catro (4) rexistros de variedades vexetais).

c.5) Acordos de explotación ou empresas (EBT) xerados a partir de resultados obtidos polo grupo: polo menos un (1) acordo ou EBT. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2021, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

c.6) Participación, como líder de proxecto ou de workpackage, en proxectos de programa marco da UE: polo menos un (1) liderado de proxecto.

3. Contía e duración.

As axudas terán unha duración máxima de catro anos. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por unha contía estrutural máis outra variable asociada á evolución na xeración de recursos por parte do grupo, como un indicador xenérico da súa competencia e capacidade de consolidación, e distribuirase por anualidades de acordo cos seguintes módulos:

1º. Módulo estrutural anual: composto dun fixo de 25.000 € máis un variable máximo de 25.000 €, tendo en conta os ingresos medios do grupo, co obxectivo de axustar o orzamento ás posibilidades reais de execución anuais en función do número de solicitudes avaliadas positivamente e dos recursos dispoñibles.

2º. Módulo variable anual, acumulable ao anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2023, segundo os seguintes tramos:

– Ingresos medios superiores a 150.000 € ata 300.000 €: ata 20.000 € anuais.

– Ingresos medios superiores a 300.000 ata 400.000 €: ata 30.000 € anuais.

– Ingresos medios superiores a 400.000 €: ata 50.000 € anuais.

4. Documentación complementaria.

Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:

1º. Certificado emitido pola entidade solicitante a que pertence o grupo (ou estea adscrito no caso das universidades), que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos neste anexo.

2º. Certificado asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida na lexislación para a investigación con animais, de ser o caso.

3º. Certificado da composición do grupo, emitido pola entidade solicitante, en que se indiquen o código e/ou a denominación do grupo. A composición certificada será a completa do grupo na data de publicación desta orde de convocatoria, e deberá incluír a data de inscrición no Rexistro da universidade e todas as altas e baixas que se produciron no grupo no período do 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2023. Nesta certificación e para os grupos do SUG faranse constar, de xeito específico, os membros do grupo que pertencen a campus de especialización acreditados e, subsidiariamente, a campus periféricos, e, no caso de entidades alleas ao SUG, o persoal investigador de centros periféricos da entidade solicitante localizados nas provincias de Lugo e Ourense, así como na comarca de Ferrolterra.

4º. Certificado de ingresos de I+D competitivos, computados de acordo co sinalado nos artigos 2 e 4 da convocatoria, obtidos polo grupo de investigación, onde debe figurar tanto o importe total dos proxectos como o desagregado das anualidades que se certifican.

5º. De ser o caso, certificado, conforme o establecido no artigo 4.2.c) desta orde, da relación específica dos membros que se incorporaron ao grupo entre o 31 de decembro de 2023 e a data de publicación da convocatoria.

6º. No caso de fusión ou absorción de grupos, certificado, conforme o establecido no artigo 4.2.e), que acredite a desaparición de cando menos un dos grupos implicados na fusión ou absorción e a data en que se produce esta, así como unha relación dos membros que se integren no novo grupo.

7º. Memoria descritiva da estratexia de investigación, estruturación e consolidación que vai seguir o grupo e que xustifica a necesidade desta axuda. O formato obrigatorio desta memoria está no enderezo web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal e deberá ir asinada polo coordinador ou coordinadora do grupo de investigación.

Para aqueles grupos que gozaron da axuda de grupos de referencia competitiva nas convocatorias dos anos 2016 e 2020 e na avaliación final da convocatoria do 2020 foron cualificados cun A: «O grupo desenvolveu a estratexia proposta e acadou os obxectivos de consolidación previstos» polos dous membros avaliadores, poderán optar, para a súa avaliación nesta convocatoria, por presentar o citado modelo de memoria descritiva ou ben indicar que desexan ser avaliados nas epígrafes A) e B) do anexo IV (criterios de avaliación) pola memoria de avaliación final da convocatoria do ano 2020, e a Comisión de Avaliación externa poderá solicitar calquera información complementaria. En todo caso, deberán presentar a información relativa á epígrafe C) do anexo IV e dos indicadores polos cales preferentemente desexan ser avaliados nas fases intermedia e final.

5. Control.

Ao remate de 2025 poderá realizarse unha avaliación parcial do cumprimento dos obxectivos de consolidación que figuran na solicitude. Ademais, realizarase unha avaliación final ao remate da última anualidade, baseada na evolución experimentada polo grupo no período de referencia. Nestas avaliacións teranse en conta, entre outros criterios, os indicadores seleccionados como preferentes polo grupo na memoria descritiva da solicitude. A Comisión de Avaliación externa poderá ter en conta, ademais, outros indicadores complementarios. De non superar estas avaliacións, aplicarase o establecido no artigo 17 desta orde. Aqueles grupos que non obteñan unha cualificación final favorable non poderán presentar solicitude de axudas deste programa, en ningunha das súas modalidades, durante un período de dous anos.

ANEXO II

Modalidade B. Grupos con potencial de crecemento (GPC)

1. Obxecto da axuda.

Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que, pola súa produción científica e a súa actividade de I+D, amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do Sistema galego de I+D+i.

2. Requisitos.

Ser un grupo de investigación recoñecido pola entidade solicitante, que cumpra os criterios seguintes:

a) O grupo de investigación deberá estar integrado, durante toda a vixencia da axuda, polo menos por tres (3) investigadores/as e, no caso das universidades públicas do SUG, deberá constar inscrito como tal nos rexistros da súa entidade antes do 30 de xuño de 2023.

Cando se produza calquera variación que afecte a composición mínima do grupo, ou a persoa que exerce a función de coordinador/a, deberá ser notificada no prazo máximo dun mes.

b) Cumprir, como mínimo, catro dos seguintes requisitos de actividade no período do 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2023:

b.1) Ter ingresos medios anuais por actividades de I+D superiores a 80.000 € (ou superior a 40.000 € cando se trate de grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas).

b.2) Proxectos competitivos activos no período: polo menos dous (2) proxectos de importe superior a 15.000 € cada un ou polo menos un (1) proxecto de importe superior a 50.000 €. Deberá indicarse de xeito específico a cota de participación do grupo no proxecto e que este está directamente relacionado coa actividade investigadora do grupo.

b.3) Contratos ou convenios con empresas ou institucións: polo menos dous (2) contratos ou convenios de importe superior a 15.000 € cada un.

b.4) Artigos en publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science: polo menos tres (3) publicacións. No caso dos grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, consideraranse artigos en publicacións ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX.

b.5) Libros publicados: polo menos dous (2) (só para grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que sexa autor/a individual ou coautor/a entre un máximo de tres (3) autores/as).

b.6) Teses dirixidas/codirixidas e lidas: polo menos dúas (2) teses para os grupos do SUG e polo menos unha (1) para o resto de entidades alleas ao SUG.

b.7) Patentes en explotación en que a entidade solicitante sexa titular: polo menos unha (1) patente (ou dous (2) rexistros de propiedade intelectual de software ou dous (2) rexistros de variedades vexetais).

b.8) Empresas creadas a partir de resultados de investigación do grupo: polo menos unha (1) empresa. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2021, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

b.9) Participación, como socio/a ou líder, en proxectos de programa marco da UE: polo menos unha (1) participación.

b.10) Ter sido beneficiario das axudas a grupos de referencia competitiva da convocatoria do ano 2020 ou grupos con potencial de crecemento na convocatoria do ano 2021 do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas.

3. Contía e duración.

As axudas terán unha duración máxima de tres (3) anos. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por unha contía estrutural máis outra variable, que se distribuirán por anualidades de acordo cos seguintes módulos:

1º. Módulo estrutural anual: composto dun fixo dunha contía máxima de 20.000 € na primeira anualidade e de 35.000 € na segunda e terceira anualidades.

2º. Módulo variable anual, acumulable ao anterior, composto dunha contía de ata 10.000 € en cada anualidade, co obxectivo de axustar o orzamento ás posibilidades reais de execución anuais en función do número de solicitudes avaliadas positivamente e dos recursos dispoñibles, para aqueles grupos que xa gozaran dunha axuda nesta modalidade desde a convocatoria de 2016 e que non estea activa neste momento, e cumpran, polo menos, dúas das seguintes condicións no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2021 e ata o 31 de decembro de 2023:

– Dispor, polo menos, de cinco (5) investigadores/as durante todo o período de referencia. Este número deberá manterse durante a nova vixencia da axuda, do 1 de xaneiro de 2024 ao 31 de decembro de 2026.

– Ter uns ingresos medios anuais superiores a 80.000 €.

– Traxectoria do grupo en transferencia de coñecemento, referida a algún dos seguintes indicadores:

a) Ter ingresos xerados por acordos de explotación por terceiros da propiedade industrial ou intelectual de invencións desenvolvidas polo grupo de investigación.

b) Ter ingresos por vendas ou prestación de servizos das EBT creadas a partir dos resultados de investigación do grupo.

c) Participación en proxectos de I+D+i colaborativos con empresas de convocatorias competitivas. Os proxectos de I+D+i colaborativa son aqueles que se desenvolven de maneira conxunta entre organismos de investigación e empresas, mediante a creación de consorcios ou a participación do organismo de investigación como subcontratación.

4. Documentación complementaria.

Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:

1º. Certificado emitido pola entidade solicitante a que pertence o grupo (ou estea adscrito no caso das universidades), que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos neste anexo.

2º. Certificado asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida na lexislación para a investigación con animais, de ser o caso.

3º. Certificado da composición do grupo, emitido pola entidade solicitante, en que se indiquen o código e/ou denominación do grupo. A composición certificada será a completa do grupo na data de publicación desta orde de convocatoria e deberá incluír a data de inscrición no Rexistro da universidade e todas as altas e baixas que se produciron no grupo no período entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2023. Nesta certificación e para os grupos do SUG faranse constar, de xeito específico, os membros do grupo que pertencen a campus de especialización acreditados e, subsidiariamente, a campus periféricos e, no caso de entidades alleas ao SUG, o persoal investigador de centros periféricos da entidade solicitante localizados nas provincias de Lugo e Ourense, así como na comarca de Ferrolterra.

4º. De ser o caso, certificado, conforme o establecido no artigo 4.2.c) desta orde, da relación específica dos membros que se incorporaron ao grupo entre o 31 de decembro de 2023 e a data de publicación da convocatoria.

5º. No caso de fusión ou absorción de grupos, certificado, conforme o establecido no artigo 4.2.e), que acredite a desaparición de cando menos un dos grupos implicados na fusión ou absorción e a data en que se produce este, así como unha relación dos membros que se integren no novo grupo.

6º. Certificado de ingresos de I+D competitivos obtidos polo grupo de investigación, computados de acordo co sinalado nos artigos 2 e 4 da convocatoria, obtidos polo grupo de investigación, onde deben figurar tanto o importe total dos proxectos como o desagregado das anualidades que se certifican.

7º. Memoria descritiva da estratexia de investigación, estruturación e consolidación que vai seguir o grupo e que xustifica a necesidade desta axuda. O formato obrigatorio desta memoria encóntrase no enderezo web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal e deberá ir asinada polo coordinador ou coordinadora do grupo de investigación.

5. Control.

Ao remate de 2025 poderá realizarse unha avaliación parcial do cumprimento dos obxectivos de consolidación que figuran na solicitude. Ademais, realizarase unha avaliación final ao remate da última anualidade, baseada na evolución experimentada polo grupo no período de referencia. Nestas avaliacións teranse en conta, entre outros criterios, os indicadores seleccionados como preferentes polo grupo na memoria descritiva da solicitude. A Comisión de Avaliación externa poderá ter en conta, ademais, outros indicadores complementarios. De non superar estas avaliacións, aplicarase o establecido no artigo 17 desta orde. Aqueles grupos que non obteñan unha cualificación final favorable non poderán presentar solicitude de axudas deste programa, en ningunha das súas modalidades, durante un período de dous anos.

ANEXO III

Modalidade C. Proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente

1. Obxecto da axuda.

Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto, fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.

Estas axudas adoptarán, segundo as características dos investigadores ou investigadoras, dúas modalidades:

1º. Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada.

2º. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

2. Requisitos.

As entidades beneficiarias descritas no artigo 3 da convocatoria poderán, para cada solicitude, presentar como persoas candidatas aqueles/as investigadores/as que cumpran os seguintes requisitos, segundo as liñas de reforzo a que opten:

1º. Liña de reforzo de traxectoria investigadora consolidada: persoal investigador con vinculación laboral estable nunha universidade do SUG que, tendo recibido unha axuda Starting Grant do ERC, rematen o desfrute desa axuda no ano 2023.

A axuda unicamente estará vixente sempre e cando a persoa investigadora manteña a dita vinculación estable coa entidade beneficiaria que a presenta como candidata, e non se poderá transferir a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se manteñen estas condicións.

2º. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes: persoal investigador adscrito ao programa Ramón y Cajal das convocatorias dos anos 2019, 2020, 2021, 2022 que tomase posesión efectiva da súa praza nesa categoría nalgunha das entidades enumeradas no artigo 3 antes da publicación desta convocatoria.

Para as solicitudes alleas ao SUG, a liña de reforzo de traxectorias emerxentes estenderase ao persoal investigador adscrito aos programas Miguel Servet ou Juan Rodés que tomase posesión efectiva da súa praza, nesa categoría, nalgunha das entidades enumeradas no artigo 3 alleas ao SUG, e antes da publicación desta convocatoria.

Os proxectos unicamente poderán ter unha duración igual ou inferior ao tempo que lle reste de contrato ao investigador ou investigadora e sempre e cando permaneza no programa Ramón y Cajal, Miguel Servet ou Juan Rodés e na entidade beneficiaria pola cal opte, e non se pode transferir a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se manteñen estas condicións.

En ambas as liñas, o persoal investigador que lidere estes proxectos non poderá ter sido beneficiario dunha axuda nesta modalidade en anos anteriores e non poderá ter unha axuda activa, como investigador ou investigadora principal, dos programas de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento ou do ERC, ou ben solicitala ao abeiro desta convocatoria; se, durante o prazo de vixencia, o investigador ou investigadora principal obtén unha axuda de GRC, GPC ou do ERC, deberá renunciar á axuda concedida ao abeiro desta orde. Tampouco poderá formar parte da composición do equipo mínimo doutro proxecto de excelencia mentres teña vixente a súa axuda.

En ambas as liñas, a persoa investigadora responsable do proxecto deberá contar cun equipo mínimo de investigación formado por un mínimo de dúas (2) persoas (sen contar o investigador ou investigadora principal) que deberá de cumprir os seguintes requisitos:

a) As tres (3) persoas que formen o equipo mínimo deben prestar servizos na mesma entidade beneficiaria durante a vixencia do proxecto.

b) Só un (1) de todos os/as membros do equipo poderá ter categoría de profesor/a titular de universidade ou de escola universitaria, investigador/a científico de organismos públicos de investigación ou científicos/as titulares de organismos públicos de investigación. Ningún membro do equipo poderá ter categoría de catedrático/a ou profesor/a de investigación de organismos públicos de investigación nin estudante de grao ou mestrado.

c) Para as solicitudes do SUG, poderán computarse como membros do equipo os/as estudantes predoutorais, sempre que exista unha vinculación cunha universidade do SUG mediante contrato ou matrícula. No caso das entidades solicitantes alleas ao SUG, a vinculación será mediante contrato coa entidade solicitante.

Cando se produza calquera variación que afecte a composición mínima do equipo, deberá ser notificada no prazo máximo dun mes.

3. Contía e duración.

1º. No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de ata catro (4) anualidades, mediante o pagamento anual á institución a que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 50.000 €.

2º. No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora emerxente, as axudas serán de aplicación por un período máximo de ata cinco (5) anualidades, mediante o pagamento anual á institución a que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 15.000 € para o ano 2024 e de 25.000 € para os anos 2025, 2026, 2027 e 2028.

3º. Para que se poidan atender gastos nunha anualidade, cómpre que a persoa investigadora que lidera o proxecto manteña a vinculación laboral durante un mínimo de catro (4) meses nese ano.

4. Documentación complementaria.

Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:

1º. Certificado emitido pola entidade solicitante no cal se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos neste anexo e se indique a composición do equipo coas categorías contractuais e profesionais de cada un dos/das seus/súas membros.

2º. Certificado asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida na lexislación para a investigación con animais, de ser o caso.

3º. Memoria descritiva do proxecto de investigación. O formato obrigatorio desta memoria está no enderezo web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal e deberá ir asinado polo investigador ou investigadora principal do proxecto.

5. Control.

Ao remate da axuda realizarase unha avaliación final do cumprimento do proxecto de investigación financiado. Nesta avaliación teranse en conta a coherencia da traxectoria de execución con respecto á memoria presentada, a calidade do traballo realizado e a súa repercusión no ámbito científico. De non superar esta avaliación, aplicarase o establecido no artigo 17 desta orde. Complementariamente, e tamén no caso de non superar esta avaliación, as persoas que teñen a condición de investigador ou investigadora principal do proxecto non poderán formar parte do equipo mínimo de grupos de investigación en convocatorias análogas de consolidación e estruturación de grupos de investigación durante un período de dous (2) anos desde o remate do proxecto.

ANEXO IV

Criterios de avaliación modalidades A e B

Criterios

Puntuación máxima

A) Estrutura/organización de investigación: tamaño do grupo, mecanismos de xestión e organización e infraestruturas. Ata un total de 10 puntos

Composición, estrutura, interdisciplinariedade e coherencia do grupo e da súa actividade en relación co seu ámbito de coñecemento. Valorarase especialmente a existencia de sinerxías de colaboración entre os membros do grupo en proxectos ou liñas de investigación.

5

RRI: Investigación e innovación responsable. Valoraranse as accións do grupo en materia de educación científica, igualdade, gobernanza, ética e participación cidadá. No caso concreto da igualdade de xénero, terase en conta o número de investigadoras do grupo con respecto ao total, e o seu desempeño en áreas de relevancia e se unha muller exerce a función de liderado na solicitude.

5

B) Actividade investigadora (no período 2021-2023): tomando en consideración o tamaño e a composición do grupo. Ata un total de 65 puntos

Teses de doutoramento defendidas no período (con especial relevancia naquelas que teñan mencións ou distincións e as lidas con mención internacional).

3

Contratados/as pre e posdoutorais, procedentes de convocatorias competitivas.

5

Promoción de talento (valoraranse os graos de autonomía que se lle outorga ao persoal investigador en formación, as accións de mentoring da súa actividade. No caso do persoal posdoutoral, valoraranse especialmente aquelas posicións que poidan chegar a consolidarse e as accións do grupo que permitan que este persoal mellore a súa competitividade no sistema de ciencia).

2

Proxectos de convocatorias de ámbito estatal.

6

Proxectos de convocatorias de ámbito internacional.

8

Contratos e convenios con empresas ou institucións.

6

Ingresos por contratos, convenios e convocatorias.

6

Publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science.

Libros e capítulos de libros publicados.

Publicacións de actas de congresos internacionais.

Resultados de creatividade artística (para grupos de Arquitectura e Belas Artes).

20

Participación como editor/a (xefe/a ou asociado/a) en comités editoriais de revistas científicas indexadas en SCOPUS/WoS.

2

Outros criterios, segundo o perfil do grupo: máximo 7 puntos

– Ter integrado persoal investigador beneficiario directo dunha axuda do Consello Europeo de Investigación (ERC). Axuda activa no período.

– Patentes en explotación (complementariamente, rexistros de software e rexistros de variedades vexetais).

– Empresas creadas a partir de resultados de investigación do grupo.

– Para as solicitudes das ramas de Artes e Humanidades e de Ciencias Sociais e Xurídicas ou de grupos que se consideren de investigación básica, unha puntuación adicional por produción científica de excelencia sempre e cando acaden os 20 puntos de maneira previa en publicacións.

4

3

3

3

C) Estratexia do grupo de investigación. Ata un total de 20 puntos

Calidade e viabilidade da proposta de desenvolvemento do grupo.

Estratexia de aplicabilidade dos resultados que alega o grupo.

20

D) Fomento paso de GPC a GRC. 3 puntos

Para aqueles grupos con potencial de crecemento da convocatoria de 2021 que presenten a súa solicitude como grupo de referencia competitiva (sempre que non superen a puntuación máxima de 95 puntos acadable cos criterios A, B e C).

3

E) Puntuación dos órganos xestores

No caso das universidades públicas do SUG, participación no equipo de investigadores/as adscritos aos campus de especialización acreditados (Campus Industrial de Ferrol e Campus Terra de Lugo) ata o 31 de decembro de 2022 e, subsidiariamente, dos campus periféricos de Ferrol, Lugo, Pontevedra e Ourense. Ata un total de 5 puntos.

5

Para o resto de entidades alleas ao SUG, participación no equipo de investigadores/as dos centros periféricos das entidades solicitantes localizados nas provincias de Lugo e Ourense, así como na comarca de Ferrolterra. Ata un total de 2 puntos.

2

Puntuación total máxima (solicitudes SUG)

100

Puntuación total máxima (solicitudes alleas ao SUG)

97

ANEXO V

Criterios de avaliación modalidade C

Criterios

Puntuación máxima

A) Calidade científico-técnica do proxecto. Ata un total de 35 puntos

Relevancia e novidade científica dos obxectivos en relación co estado de coñecemento da área; viabilidade das hipóteses, adecuación da metodoloxía e técnicas instrumentais.

35

B) Viabilidade do proxecto. Ata un total de 20 puntos

Deseño e plan de traballo da investigación; adecuación dos recursos humanos e materiais ao plan de traballo.

20

C) Capacidades científico-técnicas do equipo de investigación para a realización do proxecto e impacto esperado. Ata un total de 35 puntos.

c.1) Capacidade formativa: entendida como aquelas accións que o equipo de traballo realizará no contexto do proxecto para a formación e mellora do persoal investigador que participe nel.

10

c.2) Capacidade de captación de recursos: entendida como a posibilidade de que o equipo de traballo que se configura poida obter financiamento (competitivo ou non) que complemente a liña de traballo que se inicia.

10

c.3) Produción científica: entendida como a previsión de publicacións e outros ítems relacionados cos resultados que deriven do proxecto.

10

c.4) Aplicabilidade e transferencia da proposta: na cal se definan as posibilidades e o modo en que os resultados do proxecto poidan aplicarse ou transferirse.

5

D) RRI. Investigación e innovación responsable. Ata un total de 10 puntos

d.1) Liderado feminino:

2

d.2) Participación de mulleres no equipo.

2

d.3) Outros elementos de investigación e innovación responsable: educación científica, ética e participación cidadá.

6

Puntuación total máxima

100

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file