DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9463

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN519D).

BDNS (Identif.): 738137.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN519D).

Publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Liñas subvencionables

Prevense dous tipos de actuacións subvencionables, que se clasificarán nas seguintes liñas:

a) Liña A. Proxectos que obtiveron axuda na convocatoria 2022-2023, cuxos solicitantes presentaron unha renuncia á axuda por falta de tempo para obter as autorizacións e executar os proxectos.

b) Liña B. Resto de proxectos.

Cuarto. Contía

Anualidade 2024: 472.877,05 €.

Anualidade 2025: 1.182.192,63 €.

Anualidade 2026: 3.073.700,83 €

Importe total da convocatoria: 4.728.770,50 €.

Intensidade das axudas: 80 % do importe total considerado como subvencionable, cun máximo de 1.000.000,00 € por solicitude.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Tres meses contados desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 4 de xaneiro de 2024 no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Poderase anticipar ata o 50 % do importe da subvención concedida, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2024

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación