DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2024 Páx. 10735

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Obxecto

Importe achega Administración sanitaria

Data de sinatura

Convenio administrativo entre o Concello da Coruña, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, e a Fundación Centro Oncolóxico Rexional de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro para a tramitación dunha mutación demanial subxectiva, a favor do Consorcio Oncolóxico de Galicia, da concesión administrativa do Hospital Municipal Labaca

Sen achega económica

31.8.2023

Acordo marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., e Additum Blockchain para o estudio de iniciativas en materia medioambiental e de economía circular no ámbito do Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

6.9.2023

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Organon Salud, S.L. para a organización dun curso sobre saúde con perspectiva de xénero e sexo en Cardioloxía

Sen achega económica

8.9.2023

Convenio para o ano 2023 entre a Delegación do Goberno para o Plan nacional sobre drogas e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de drogodependencias e con cargo ao fondo de bens decomisados

Sen achega económica

12.9.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Padrón no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Padrón

5.714,00 €

12.9.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos para a contratación do Servizo Loxístico Integral

68.809.678,37 €
2023: 565.545,07 €
2024: 13.761.935,68 €
2025: 13.761.935,68 €
2026: 13.761.935,68 €
2027: 13.761.935,68 €
2028: 13.196.390,58 €

13.9.2023

Convenio entre o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a Universidade de Alcalá (UAH), e a Consellería de Sanidade da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización dun curso de incapacidade temporal para médicos asistenciais na modalidade en liña

50.584,86 €
2023: 16.861,62 €
2024: 33.723,24 €

25.9.2023

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Ferrer Internacional para a realización de actividades formativas no ámbito sanitario

Sen achega económica

28.9.2023

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde para a promoción da participación na docencia clínica do grao en medicina de profesionais das diferentes áreas sanitarias

152.704,80 €
2023: 16.967,20 €
2024: 50.901,60 €
2025:50.901,60 €
2026: 33.394,40 €

3.10.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Residencias del Noroeste, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia El Pilar

Sen achega económica

3.10.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) para o desenvolvemento do Programa de medicina preditiva pertencente á infraestrutura de medicina de precisión asociada á ciencia e á tecnoloxía (Programa Cohorte IMPaCT)

116.666,67 €

5.10.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur (FBGS) para o desenvolvemento do Programa de medicina preditiva pertencente á infraestrutura de medicina de precisión asociada á ciencia e á tecnoloxía (Programa Cohorte IMPaCT)

116.666,67 €

5.10.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, e a Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (IFECO) para o uso de espazos nas campañas de vacinación masiva desenvolvidas polo Sistema público de saúde de Galicia

60.000,00 €

9.10.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para o uso de espazos nas campañas de vacinación masiva desenvolvidas polo Sistema público de saúde de Galicia

60.000,00 €

9.10.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para o uso de espazos nas campañas de vacinación masiva desenvolvidas polo Sistema público de saúde de Galicia

144.000,00 €

9.10.2023

Addenda de prórroga do convenio entre a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios e a Consellería de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia para a implementación dos programas de optimización de uso de antibióticos (PROA) no ámbito hospitalario, de atención primaria e sociosanitario

Sen achega económica

11.10.2023

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) para a realización, en Galicia, do ensaio clínico aleatorizado, pragmático, para avaliar a eficacia da vacina antigripal tetravalente de doses alta fronte á vacina antigripal tetravalente de doses estándar en adultos de 65 a 79 anos (GALFLU: CLINICAL ASSAY)

Sen achega económica

11.10.2023

Addenda adhesión do Servizo Galego de Saúde e Galaria ao convenio de colaboración entre a Fundació Institut de Bioenginyeria de Catalunya (IBEC) e as seguintes entidades: Fundació de Recerca Clínic Barcelona-Institut D’ìnvestigacions Biomédiques August Pi I Sunyer (Frcb-Idibaps), Leitat Technological Center (Leitat) e Fundació Privada Per Á Recerca I a Docència Sant Jon de Déu (FSJD) para a execución dun proxecto de investigación do plan complementario de biotecnoloxía aplicada á saúde (C.17,I1) «Plan de recuperación, transformación e resilencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU»

Sen achega económica

11.10.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade Internacional Isabel I de Castela para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de Grao e Máster Universitario

Sen achega económica

11.10.2023

Acordo de prórroga do convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Residencia de Val de Monterrei

Sen achega económica

15.10.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello do Carballiño para a execución das obras de construción dun novo Centro de Saúde no Concello do Carballiño

Sen achega económica

17.10.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Avelaíña para achegar a atención sociosanitaria ás persoas con enfermidade mental e aos seus familiares nas comarcas de Condado e Paradanta. Proxecto achego 3.0+. Atención en saúde mental no medio rural

46.000,00 €

18.10.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Andaina Pro Saúde Mental, para o desenvolvemento dun programa integral de detección e intervención en risco de suicidio no ámbito rural. Programa Falamos?

46.000,00 €

18.10.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela relativo á Unidade Docente de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica

488.400,00 €
2023 112,100,00 €
2024: 122.100,00 €
2025: 122.100,00 €
2026: 122.100,00 €

18.10.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a Fundación Biomédica Galicia Sur como entidade colaboradora no Estudo Polyprev: Ensaio clínico aleatorizado, multicéntrico e controlado comparando a participación en programa de cribado de CCR coa vixilancia endoscópica tras resección de adenomas avanzados (expediente PI21/01771) financiado polo Instituto de Saúde Carlos III e cofinanciado pola Unión Europea

Sen achega económica

19.10.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade Europea Miguel de Cervantes para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster

Sen achega económica

19.10.2023

Convenio entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento

Sen achega económica

19/10/2023

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Ipsen Pharma, S.A.U., para a organización dunha xornada sobre a innovación oncolóxica

Sen achega económica

3.11.2023

Convenio de colaboración entre Cruz Roja Española e o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) para o apoio á humanización da asistencia sanitaria, promovendo o desenvolvemento do programa para a atención integral a persoas con enfermidades avanzadas

Sen achega económica

7.11.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, e a Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (Cegasal) para o favorecemento da empregabilidade como parte da recuperación das persoas con trastorno mental severo

74.047,13 €

15.11.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra o Cancro (Sede provincial de Ourense), para pór á disposición desta asociación no Hospital Universitario de Ourense, no Hospital Público de Valdeorras e no Hospital Público de Verín (Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) os recursos necesarios para o desenvolvemento do Programa de apoio e acompañamento e actividades de voluntariado

Sen achega económica

16.11.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Malpica de Bergantiños para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no Concello de Malpica de Bergantiños

Sen achega económica

17.11.2023

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Pfizer, S.L.U., para a organización da xornada de humanización sanitaria

Sen achega económica

20.11.2023

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Boehringer Ingelheim España, S.A. para a organización da xornada Boas prácticas na implementación de plans locais de saúde

Sen achega económica

20.11.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Real Academia de Farmacia de Galicia

5.000,00 €

20.11.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) para o desenvolvemento dos programas Tecendo saúde mental e Senda pola saúde mental

119.088,00 €

22.11.2023

Terceira addenda de modificación do convenio entre a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, o Instituto Social das Forzas Armadas, a Mutualidade Xeral Xudicial e o Servizo Galego de Saúde para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios aos mutualistas e demais beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada coas devanditas mutualidades

Sen achega económica

22.11.2023

Acto de adhesión do Servizo Galego de Saúde ao convenio entre a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios e a Fundació Hospital Universitari Vall d’Hebron-Institut de Recerca, en relación coas autorizacións ou modificacións de ensaios clínicos de medicamentos de uso humano en territorio español

Sen achega económica

1.12.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Instituto Feiral da Coruña (Ifeco) para a cesión de espazos do recinto feiral da Coruña

432.000,00 €
2023: 12.000,00 €
2024: 144.000,00 €
2025: 144.000,00 €
2026: 132.000,00 €

1.12.2023

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Laboratorios Leo Pharma, S.A. para a organización da actividade formativa Dermacampus

Sen achega económica

4.12.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a Fundación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento do proxecto de investigación Desarrollo de un algoritmo para detección temprana de cáncer de colon basado en factores de riesgo identificados mediante herramientas de big data e inteligencia artificial promovido por Advanced Marker Discovery, S.L. (AMADIX) e con código de EudraCT 2022-003521-21

Sen achega económica

4.12.2023

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Leo Pharma para a organización da actividade formativa Xornada sobre a xestión da demanda en atención primaria. Compartindo experiencias

Sen achega económica

4.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Escola Universitaria de Fisioterapia da ONCE para a realización de prácticas do alumnado do máster universitario en fisioterapia respiratoria y cardíaca

Sen achega económica

4.12.2023

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Escola Superior de Saúde Cruz Vermelha Portuguesa-Alto Támega para a realización de prácticas de estudantes de Enfermaría, nos centros sanitarios da área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras

Sen achega económica

7.12.2023

Convenio de colaboración entre Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), para o seguimento e coordinación da implantación da tecnoloxía de protonterapia no Sistema público de saúde de Galicia

277.200,00 €
Aportación Galaria

12.12.2023

3º acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril (Alcer), para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodiálise na provincia de Lugo

672.880,08 €
2023: 28.036,67 €
2024: 644.843,41 €

13.12.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS) para o desenvolvemento do programa de medicina preditiva pertencente á infraestrutura de medicina de precisión asociada á ciencia e á tecnoloxía (Programa Cohorte IMPaCT)

116.666,67 €

13.12.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade Pontificia de Salamanca para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster universitario

Sen achega económica

19.12.2023

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras-Hospital Universitario de Ourense) e a Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) para contribuír á integración das persoas con discapacidade

Sen achega económica

19.12.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo para a utilización das institucións sanitarias na docencia do máster universitario en enxeñaría biomédica

75,134,60 €
2024: 18.783,65 €
2025: 18.783,65 €
2026: 18.783,65 €
2027: 18.783,65 €

19.12.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade Ceu Cardeal Herrera para a realización de prácticas externas das titulacións oficiais en ciencias da saúde

Sen achega económica

21.12.2023

Convenio de colaboración deportiva de uso de instalacións deportivas entre o Consello Municipal de Deportes e o Servizo Galego de Saúde (Xerencia Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras-CHUO)

Sen achega económica

22.12.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da Universidade de Santiago de Compostela, para o proxecto de investigación titulado: innmunoterapia combinada fronte ao cancro de ovario: novas aplicacións terapéuticas baseadas na Anti-IL-6/IL-6R mAbs e terapia celular adoptiva con células NK (CIMULI)

Sen achega económica

22.12.2023

Adenda de modificación del convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universitat Oberta de Catalunya para a realización de prácticas externas de grado e másteres

Sen achega económica

22.12.23

Convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega de Musicoterapia (Agamus) para desenvolver programas de voluntariado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Área Sanitaria de Vigo)

Sen achega económica

27.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS) para o desenvolvemento do programa de medicina preditiva pertencente á infraestrutura de medicina de precisión asociada á ciencia e á tecnoloxía (Programa Cohorte Impact)

116.954,97 €
2024: 78.999,41 €
205: 37.955,56 €

29.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) para o desenvolvemento do programa de medicina preditiva pertencente á infraestrutura de medicina de precisión asociada á ciencia e á tecnoloxía (Programa Cohorte Impact)

116.954,97 €
2024: 78.999,41 €
205: 37.955,56 €

29.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur (FBGS) para o desenvolvemento do programa de medicina preditiva pertencente á infraestrutura de medicina de precisión asociada á ciencia e á tecnoloxía (Programa Cohorte Impact)

116.954,97 €
2024: 78.999,41 €
205: 37.955,56 €

29.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster universitario

Sen achega económica

29.12.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade Internacional de La Rioja (UNIR) para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster

Sen achega económica

29.12.2023