DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2024 Páx. 11447

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se convocan para a súa provisión, mediante o procedemento de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a de unidade de Enfermaría.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde de 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, esta xerencia

DISPÓN:

Anunciar a convocatoria para a súa provisión de varios postos vacantes de supervisor/a de unidade de Enfermaría que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes deberán presentarse nas unidades de Rexistro dos centros integrantes da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 29 de xaneiro de 2024

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto

Centro

Nº de vacantes

Supervisor/a Unidade Hospitalización Neurociencias

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (CHUO)

1

Supervisor/a Unidade Hospitalización Saúde Mental

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (CHUO)

1

Supervisor/a Unidade de Hospitalización HX7I

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (CHUO)

1

Supervisor/a Unidade de Hospitalización HX7D

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (CHUO)

1

Supervisor/a Unidade de Hospitalización HX7N

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (CHUO)

1

Supervisor/a Unidade Hospitalización HH6S

Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco Valdeorras (CHUO)

1

Supervisor/a Unidade de Hospitalización Coidados Intensivos e Prematuros

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (CHUO)

1

Supervisor/a Unidade Coidados Intensivos

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (CHUO)

1