DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 12940

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía, Industria e Innovación nos meses de setembro a decembro do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2024

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Industria e Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Industria e Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2023

Convenio

Data da sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Concello de Bande para a redacción do Proxecto de construción dun centro termal de nova planta no termo municipal de Bande (Ourense).

18.9.2023

50.820,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Clúster da Lousa de Galicia para desenvolver actuacións de sustentabilidade na zona da antiga actividade mineira Os Lagos.

18.9.2023

85.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a posta en marcha dunha oficina de captación de fondos europeos para o impulso e seguimento de proxectos para a investigación, innovación e modernización.

18.9.2023

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Clúster da Lousa de Galicia para desenvolver, no ámbito da sustentabilidade, a dixitalización de materiais e produtos do sector da lousa compatible con sistemas tecnoloxía BIM.

25.9.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Concello de Arbo para o financiamento das obras de reparación do pavimento no mercado municipal.

27.9.2023

39.547,26 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a creación dun catálogo cos recursos minerais dispoñibles en Galicia.

29.9.2023

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Asociación Galega de Ceramistas para a realización de actuacións de fomento da sustentabilidade no sector da cerámica.

4.10.2023

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña para o desenvolvemento dun plan formativo para o sector comercial.

17.10.2023

300.798,40 €

2ª Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento das actuacións para o impulso da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia no ámbito local.

19.10.2023

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Concello das Pontes de García Rodríguez para a construción dun centro loxístico no concello das Pontes de García Rodríguez.

24.10.2023

249.262,65 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Asociación Galega de Áridos para actuacións destinadas á mellora da sustentabilidade e seguridade e saúde no sector da industria de extracción de áridos de Galicia.

30.10.2023

16.215,21 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Concello de Ponteareas para aumentar a dispoñibilidade de solo industrial no concello de Ponteareas, a través da redacción do Plan parcial e proxecto de reparcelamento para o desenvolvemento do sector de solo urbanizable identificado como IND-01 A Lomba, no Plan xeral de ordenación municipal de Ponteareas.

14.11.2023

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia (DIHGIGAL) para a elaboración de diversas actuacións asociadas á planificación industrial da Comunidade Autónoma de Galicia.

16.11.2023

200.000,00 €