DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15730

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se convoca a realización das probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías/escalas do Servizo de Prevención de Incendios Forestais.

Segundo o establecido na base 9ª da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xaneiro de 2007, modificada pola Resolución do 14 de maio de 2019 (DOG núm. 94, do 20 de maio), e modificada pola Resolución do 22 de xuño de 2023 (DOG núm. 119, do 23 de xuño), de acordo co establecido no anexo do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia que regula as condicións especiais de traballo do persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais, para poder ser contratado nas categorías de persoal laboral de técnico/a superior de defensa contra incendios forestais (38) do grupo I, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais (39) do grupo II, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (100) do grupo III, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba (33) do grupo IV, bombeiro/a forestal condutor/a (14A) e bombeiro/a forestal (14) do grupo V, deberá superarse previamente unha proba de aptitude física.

Para poder ser contratados na categoría de vixilante fixo (10B) de defensa contra incendios forestais do grupo V, as persoas candidatas deberán superar unha proba en que se examinará a agudeza visual de lonxe en ambos os dous ollos, así como a visión cromática, realizada cun aparello para control da visión tipo Visiotest ou equivalente.

Por outra banda, segundo o Acordo das condicións de traballo do persoal funcionario do SPIF, aprobado en sesión ordinaria da Comisión de Persoal o día 12 de febreiro de 2024, para poder ser nomeado persoal funcionario interino dos corpos e escalas vinculados ao Servicio de Prevención de Incendios Forestais, o persoal debe superar as seguintes probas de aptitude física:

– Field test, o persoal das escalas de:

• B.F. xefe de brigada.

• B.F. condutor de motobomba.

• Bombeiro forestal.

– Proba visual, o persoal da escala de:

• Vixilante-emisorista.

A proba física que se menciona nas epígrafes anteriores denomínase Field test e consiste en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos.

Así mesmo, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 8 de xuño de 2023, aprobou a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural (publicada no DOG núm. 113, do 15 de xuño), pola que se crean 50 postos de traballo de persoal funcionario das escalas de bombeiro forestal xefe de brigada e bombeiro forestal, vinculados ás bases helitransportadas do Barco de Valdeorras, Queimadelos (localidade de Mondariz) e Xurés (localidade de Muíños), e a creación de postos de reforzo nas brigadas helitransportadas de Marroxo e Vilamaior, as ditas prazas teñen establecido como requisito indispensable a proba física Pack test.

A proba física Pack test consiste en camiñar 4.800 metros sobre terreo plano cun peso de 20 kg ás costas, nun tempo máximo de 45 minutos.

O resultado das probas físicas e de agudeza visual será o de apto/a ou non apto/a.

No caso de que algunha persoa interesada non se presente ás anteditas probas, non as realice ou non sexa declarada apta, quedaría automaticamente en suspenso nas listas correspondentes ata o 1 de xaneiro do ano seguinte e non poderá ser contratada. Para tal efecto, a Consellería do Medio Rural comunicará á Dirección Xeral da Función Pública o resultado das probas como apto/a, non apto/a, non presentado/a á proba ou proba non realizada.

O resultado de apto/a na proba física Pack test eximirá a persoa de realizar a proba física Field test.

A aceptación dos postos que teñen como requisito indispensable a proba física Pack test serán de aceptación voluntaria, pero no caso de aceptarse aplicarase a normativa ordinaria de xestión de listas.

As persoas integrantes das listas non poderán asinar un contrato laboral ou, de ser o caso, ser nomeadas funcionarias interinas, sen teren realizadas as probas físicas ou de agudeza visual vixentes co resultado de apta.

A Consellería do Medio Rural será a encargada de realizar as probas con carácter previo ao nomeamento como funcionario/a ou á formalización dos contratos de traballo.

Estas probas terán validez ata o 1 de xaneiro do seguinte ano e debe acreditar o persoal, antes de ser nomeado ou contratado, a vixencia da proba realizada co resultado de apto/a.

Con base no anterior, esta secretaría xeral técnica

RESOLVE:

Primeiro. Convocar para realizar as probas físicas Field test e Pack test e de agudeza visual, previstas na base 9ª da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xaneiro de 2007, modificada pola Resolución de 14 de maio de 2019 (DOG núm. 94, do 20 de maio) e pola Resolución do 22 de xuño de 2023 (DOG núm. 119, do 23 de xuño), aos aspirantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, nas categorías do servizo de prevención contra incendios forestais seguintes:

– Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais (grupo I, categoría 38).

– Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais (grupo II, categoría 039).

– Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (grupo III, categoría 100).

– Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba (grupo IV, categoría 033).

– Bombeiro/a forestal condutor (grupo V, categoría 14A).

– Bombeiro/a forestal (grupo V, categoría 14).

– Vixilante fixo/a (grupo V, categoría 10B).

Segundo. As probas físicas e de agudeza visual realizaranse en chamamento único nas seguintes datas e lugar:

– Pack test:

Días 11, 12 e 13 de marzo de 2024. O día e horario concreto publicarase na páxina web da Consellería do Medio Rural: http://mediorural.xunta.gal/

Lugar: estadio municipal Vero Boquete.

Enderezo: avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

– Field test:

Días 18, 19, 20, 21 e 22 de marzo de 2024. O día e horario concreto publicarase na páxina web da Consellería do Medio Rural: http://mediorural.xunta.gal/

Lugar: estadio municipal Vero Boquete

Enderezo: avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

Probas de agudeza visual:

Días 6 e 7 de marzo de 2024, segundo a seguinte táboa:

Día e hora

Apelido 1

Apelido 2

Nome

6.3.2024

9.00

Desde

Abilleira

Martínez

María Elisa

Ata

Gutiérrez

López

Diego

7.3.2024

9.00

Desde

Gutiérrez

Paez

Francisco

Ata

Villapún

Carballo

María del Mar

Lugar: Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL).

Enderezo: lugar de Moreiras, s/n, Toén, Ourense.

Terceiro. Dado que a vixencia das probas é anual, están obrigados a realizar estas probas todos os aspirantes convocados en chamamento único ás probas de Field test e proba visual.

Cuarto. Os aspirantes acudirán á realización da proba provistos do DNI.

Quinto. As persoas aspirantes que vaian realizar o Pack test ou o Field test deberán remitir no prazo de 5 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución un certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. Non se terán en conta certificados médicos que non recollan o sinalado anteriormente. O certificado dirixirase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, onde está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, á Sección de Persoal da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural correspondente segundo a táboa seguinte:

Xefatura Territorial

Apelido 1

Apelido 2

Nome

A Coruña

Desde

Abad

Piñeiro

Pablo

Ata

Eiras

Lueiro

Leandro

Lugo

Desde

Eiras

Otero

Alfredo

Ata

Liste

Recarey

José Daniel

Ourense

Desde

Liz

Fernández

Óscar

Ata

Puente

Vilas

José Antonio

Pontevedra

Desde

Puentes

Fernández

Héctor

Ata

Zas

Rodríguez

Diego

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural