DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 15970

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se actualizan as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena tecia solanivora povolny, ou couza guatemalteca da pataca, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Antecedentes:

A praga da couza guatemalteca da pataca, provocada polo organismo nocivo Tecia solanivora povolny ou Scrobipalpopsis Solanivora povolny, foi detectada na Comunidade Autónoma de Galicia en agosto do ano 2015.

A través da Resolución do 16 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 209, do 3 de novembro) declarouse a presenza da praga, establecéronse as zonas demarcadas e as medidas urxentes de obrigado cumprimento tanto para produtores profesionais e de autoconsumo deste tubérculo como para os puntos de venda de pataca de semente.

O día 14 de febreiro de 2017 publicouse a Resolución do 9 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 31, do 14 de febreiro), que ampliou as medidas urxentes para a erradicación e control da praga. Esta resolución estableceu para os operadores de pataca de semente, entre outras medidas, a prohibición de comercialización en zonas infestadas, e a obriga do rexistro das vendas en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

O día 4 de marzo de 2017 publicouse o Real decreto 197/2017, do 3 de marzo, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de tecia (scrobipalpopsis) Solanivora povolny (BOE núm. 54, do 4 de marzo).

O día 10 de marzo de 2017 publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas no Real decreto 197/2017 polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de tecia (scrobipalpopsis) Solanivora povolny (DOG núm. 49, do 10 de marzo).

Nos últimos anos actualizáronse as zonas demarcadas de acordo cos datos de seguimento da praga, a través da publicación de varias resolucións. A última foi a Resolución do 28 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (DOG núm. 5, do 9 de xaneiro), que declarou as zonas infestadas e as zonas tampón vixentes nese momento e mantivo todas as medidas fitosanitarias establecidas previamente nas anteriores resolucións.

A día de hoxe, os datos de seguimento deste organismo nocivo mostran un avance significativo na súa contención, previa a unha posible erradicación. En varias zonas demarcadas non se detectou a presenza deste organismo durante dous anos consecutivos, o que fai posible o levantamento das medidas fitosanitarias de erradicación.

Por outra banda, durante as prospeccións realizadas producíronse novas deteccións da praga en varias parroquias dos concellos de Abegondo, Carral e Fene. Ese feito supón a obriga de declaralas como zonas infestadas, así como a declaración como zona tampón das parroquias limítrofes, e a aplicación nestas zonas das correspondentes medidas fitosanitarias vixentes.

Por todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

1. Actualizar a zona demarcada de Tecia solanivora povolny (couza guatemalteca da pataca) na Comunidade Autónoma de Galicia:

1.1. Deixa de ser zona infestada e pasa a ser zona tampón:

Na provincia da Coruña:

– As parroquias de Chamín (Santaia) e Sorrizo (San Pedro), no concello de Arteixo.

– A parroquia de Caión (Santa María de Socorro), no concello da Laracha.

Na provincia de Lugo:

– A totalidade do concello de Burela.

1.2. Declarar como nova zona infestada:

– As parroquias de Abegondo (Santaia), Cabanas (San Xián), Figueroa (San Miguel) e Sarandós (Santa María de Sarandós), no concello de Abegondo.

– As parroquias de Cañás (Santa Baia) e Paleo (Santo Estevo), no concello de Carral.

– As parroquias de Barallobre (Santiago) e Maniños (San Salvador), no concello de Fene.

1.3. Manter como zonas infestadas as seguintes parroquias xa declaradas con anterioridade:

Na provincia da Coruña:

– A parroquia da Pedra (Santa María), no concello de Cariño.

– A parroquia de San Xurxo de Moeche (San Xurxo), no concello de Moeche.

Na provincia de Lugo, a parroquia de Trabada (Santa María), no concello de Trabada.

1.4. Declarar a seguinte zona tampón, por ser parroquias lindeiras coas zonas infestadas indicadas nos puntos 1.2) e 1.3) da presente resolución:

Na provincia da Coruña:

– As parroquias de Cerneda (San Salvador), Folgoso (Santa Dorotea), Mabegondo (San Tirso), Meangos (Santiago), Montouto (Santa Cristina) e Viós (San Salvador), no concello de Abegondo.

– A parroquia das Somozas (Santiago Seré), no concello das Somozas.

– A parroquia de Laraxe (San Mamede), no concello de Cabanas.

– A parroquia de Vigo (Santa María), no concello de Cambre.

– As parroquias de Cariño (San Bartolomeu), Landoi (Santiago) e Sismundi (Santo Estevo), no concello de Cariño.

– As parroquias de Beira (Santa Mariña), Quembre (San Pedro), Sergude (San Xián), Tabeaio (San Martiño) e Vigo (San Vicente), no concello de Carral.

– A parroquia de Régoa (Santa María), no concello de Cedeira.

– A parroquia das Encrobas (San Román), no concello de Cerceda.

– A parroquia de Castelo (Santiago), no concello de Culleredo.

– As parroquias de Limodre (Santa Eulalia), Magalofes (San Xurxo) e Perlío (Santo Estevo), no concello de Fene.

– As parroquias de Labacengos (Santa María), San Xoán de Moeche (San Xoán) e Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz), no concello de Moeche.

– As parroquias de Franza (Santiago) e Piñeiro (San Xoán), no concello de Mugardos.

– As parroquias de Ferreira (San Paio) e Lamas (San Xiao), no concello de San Sadurniño.

Na provincia de Lugo:

– A parroquia de San Xusto de Cabarcos (San Xusto), no concello de Barreiros.

– As parroquias de San Tomé de Lourenzá (San Tomé) e Santo Adrao de Lourenzá (Santo Adrao), no concello de Lourenzá.

– As parroquias da Fórnea (Santo Estevo), A Valboa (Santa María Madanela), Sante (San Xiao), Vidal (San Mateo) e Vilapena (Santiago), no concello de Trabada.

1.5. Todas as zonas tampón declaradas con anterioridade e non incluídas na presente resolución pasan a ser consideradas zonas libres.

No anexo I desta resolución pódese consultar o plano de situación da nova zona demarcada, e no anexo II a relación de parroquias da zona infestada e da zona tampón.

2. Medidas obrigatorias nas zonas demarcadas de Tecia solanivora en Galicia:

2.1. Os agricultores das novas zonas infestadas indicadas no punto 1.2 deberán presentar nun prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución, as seguintes declaracións:

a) Declaración de existencias de pataca almacenada, de acordo co modelo do anexo I da Orde do 6 de xullo de 2021 (DOG núm. 138, do 21 de xullo). Esta declaración poderá presentarse na oficina rural máis próxima ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) utilizando o código de procedemento MR465B.

Esta pataca declarada será retirada polos servizos oficiais para proceder á súa destrución por considerarse material contaminado. Con posterioridade á súa retirada os titulares deberán desinsectar o solo, as paredes e o teito da zona onde estivese almacenado.

b) Declaración de parcelas cultivadas, de acordo co modelo do anexo II da Orde do 6 de xullo de 2021. Esta declaración poderá presentarse nos mesmos lugares que os indicados no punto anterior, ou a través da sede electrónica utilizando o código de procedemento MR465C.

Estas patacas deberán ser desenterradas e retiradas baixo control oficial e o seu destino será o da destrución, segundo as indicacións do artigo 9.1.a) do Real decreto 197/2017, do 3 de marzo.

2.2. Os agricultores de todas as zonas tampón indicadas nesta resolución deberán comunicar inmediatamente despois da sementeira, e en todo caso, antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca. Esta comunicación realizarase utilizando o modelo do anexo II da Orde do 6 de xullo de 2021, nos mesmos termos que os indicadas no punto 2.2.b).

En canto ao destino da pataca plantada na zona tampón serán de aplicación as medidas establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 e na Resolución do 28 de decembro de 2022.

2.3. Manter todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 e, en concreto, a expresa prohibición do cultivo de pataca nas zonas infestadas.

2.4. Manter todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 9 de febreiro de 2017 para os operadores de pataca de semente no referente á comercialización e rexistro de vendas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do 16.1.2024)
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Plano de situación das zonas demarcadas de Tecia solanivora povolny

missing image file

ANEXO II

Relación de zonas demarcadas de Tecia solanivora povolny

Zona demarcada

Provincia

Concello

Parroquia

Zona infestada

A Coruña

Abegondo

Abegondo (Santaia)

Cabanas (San Xián)

Figueroa (San Miguel)

Sarandós (Santa María)

Cariño

A Pedra (Santa María)

Carral

Cañás (Santa Baia)

Paleo (Santo Estevo)

Fene

Barallobre (Santiago)

Maniños (San Salvador)

Moeche

San Xurxo de Moeche (San Xurxo)

Lugo

Trabada

Trabada (Santa María)

Zona tampón

A Coruña

A Laracha

Caión (Santa María do Socorro)

Abegondo

Cerneda (San Salvador)

Folgoso (Santa Dorotea)

Mabegondo (San Tirso)

Meangos (Santiago)

Montouto (Santa Cristina)

Viós (San Salvador)

Arteixo

Chamín (Santaia)

Sorrizo (San Pedro)

As Somozas

As Somozas (Santiago Seré)

Cabanas

Laraxe (San Mamede)

Cambre

Vigo (Santa María)

Cariño

Cariño (San Bartolomeu)

Landoi (Santiago)

Sismundi (Santo Estevo)

Carral

Beira (Santa Mariña)

Quembre (San Pedro)

Sergude (San Xián)

Tabeaio (San Martiño)

Vigo (San Vicente)

Cedeira

Régoa (Santa María)

Cerceda

As Encrobas (San Román)

Culleredo

Castelo (Santiago)

Fene

Limodre (Santa Eulalia)

Magalofes (San Xurxo)

Perlío (Santo Estevo)

Moeche

Labacengos (Santa María)

San Xoán de Moeche (San Xoán)

Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz)

Mugardos

Franza (Santiago)

Piñeiro (San Xoán)

San Sadurniño

Ferreira (San Paio)

Lamas (San Xiao)

Lugo

Barreiros

San Xusto de Cabarcos (San Xusto)

Burela

Burela (Santa María)

Lourenzá

San Tomé de Lourenzá (San Tomé)

Santo Adrao de Lourenzá (Santo Adrao)

Trabada

A Fórnea (Santo Estevo)

A Valboa (Santa María Madanela)

Sante (San Xiao)

Vidal (San Mateo)

Vilapena (Santiago)