DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16262

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.

O nomeamento de persoal funcionario interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral están regulados no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

O artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, relativo ao prazo de presentación de solicitudes, establece que se poderán presentar novas solicitudes «desde a publicación da resolución de apertura do prazo de presentación de solicitudes por parte da dirección xeral competente en materia de función pública e no prazo establecido nela» e, no caso de listas elaboradas que se atopen en xestión, desde o día 1 de marzo ata o día 30 de abril.

O parágrafo final do devandito artigo 6 establece que «en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada porque non se produzan contratacións ou nomeamentos, ou ben polo excesivo número de persoas inscritas, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes, coa excepción das persoas interesadas que superasen algunha proba do último proceso selectivo, ou teñan prestado servizos, no ámbito de aplicación do artigo un, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a esa categoría, corpo, escala ou especialidade».

Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2023 e o número de persoas inscritas en cada lista, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Pechar a incorporación de novas solicitudes de inclusión nas listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican no anexo I.

Segundo. Reabrir as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican no anexo II.

Terceiro. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que están abertas e nas cales as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril deste ano (anexo III).

Cuarto. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas e nas cales soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou prestasen servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a ese grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade (anexo IV).

Nas listas pechadas tamén poderán presentar solicitude as persoas que prestasen servizos en categorías profesionais laborais equivalentes aos corpos ou escalas de persoal funcionario que figuran no anexo I da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 11 de outubro de 2021 (DOG núm. 200, do 18 de outubro), segundo o estipulado no anexo II da devandita resolución; as persoas que prestasen servizos en categorías profesionais laborais equivalentes aos corpos e escalas de persoal funcionario do anexo I da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 6 de outubro de 2021 (DOG núm. 195, do 8 de outubro), e as persoas que prestasen servizos en categorías profesionais laborais equivalentes á escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o estipulado no anexo I da Resolución do 12 de abril de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 75, do 13 de abril), sempre que estes servizos fosen prestados no ámbito de aplicación do artigo 1 do Decreto 37/2006, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo, sen prexuízo do establecido no artigo 6.3 da Orde do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 145, do 30 de xullo). Para estes efectos, a categoría profesional laboral 6 (educador/a) do grupo II é equivalente á escala técnica de facultativos, especialidade educadores, de acordo co establecido na disposición transitoria segunda da Orde do 20 de xullo de 2021.

Quinto. As persoas integrantes das listas que na súa solicitude de inclusión autorizasen expresamente a consulta dalgúns datos pola Administración e que figurasen excluídas nas listas provisionais por causas relacionadas coa imposibilidade material da obtención dos ditos datos, deberán achegar, para acreditar o cumprimento dos requisitos exixidos, no prazo concedido para formular reclamación contra as listas provisionais, copia auténtica da documentación respecto á cal non foi posible obter datos ao realizar a consulta.

Sexto. Contra esta resolución, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Listas que se pechan

Corpos, escalas e especialidades (persoal funcionario).

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

2063

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría agronómica

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría industrial

A1

2066

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de montes

A1

2072

Escala de arqueólogos/as

A2

208D

Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade de terapia ocupacional

ANEXO II

Listas que se abren

Corpos, escalas e especialidades (persoal funcionario).

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

2067

Escala de veterinarios/as

A1

2093-05

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo

A2

208C

Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade educadores/as

C1

207C-02

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

2055

Agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal funcionario subalterno

Grupos e categorías (persoal laboral).

Grupo

Categoría

Denominación

III

017

Analista de laboratorio

III

023

Celador/a de estradas. Capataz de brigada

III

090

Animador/a sociocultural

IV

004

Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

IV

009

Oficial/a 2ª agrario/a

IV

011

Auxiliar de laboratorio

ANEXO III

Listas abertas

Corpos, escalas e especialidades (persoal funcionario).

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

2067

Escala de veterinarios/as

A1

208F

Escala de facultativos/as. Especialidade de medicina

A1

2093-03

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima

A1

2093-04

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira

A1

2093-05

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo

A1

2093-06

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica

A1

2093-07

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas

A1

2093-08

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións

A1

2093-09

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas

A1

2093-10

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios

A2

2079

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica de minas

A2

2094-01

Escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo

A2

2094-02

Escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción

A2

2094-03

Escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque

A2

208A

Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade de enfermaría

A2

208B

Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade de fisioterapia

A2

208C

Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade de educadores

A2

208E

Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade de traballo social

C1

207C-02

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

C1

207H

Escala de axentes facultativos/as ambientais

C1

207V

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade patrón/oa

C1

207W

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade mecánico/a

C2

20A3

Escala de auxiliares de clínica

2055

Agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal funcionario subalterno

209R

Agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade persoal de limpeza e cociña

Grupos e categorías (persoal laboral).

Grupo

Categoría

Denominación

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III

014

Xefe/a de cociña

III

017

Analista de laboratorio

III

023

Celador/a de estradas. Capataz de brigada

III

065

Oficial/a 1ª cociña. Oficial/a 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª

III

066

Axudante/a taller. Adxunto/a taller

III

069

Oficial/a servizos técnicos. Oficial/a 1ª mantemento. Oficial/a 1ª oficios varios. Oficial/a de primeira

III

090

Animador/a sociocultural

III

104

Intérprete de linguaxe de signos

IV

004

Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

IV

005

Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial/a 2ª

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

IV

009

Oficial/a 2ª agrario/a

IV

011

Auxiliar de laboratorio

ANEXO IV

Listas pechadas

Corpos, escalas e especialidades (persoal funcionario).

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos/as

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

A1

2063

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría agronómica

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría industrial

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de minas

A1

2066

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de montes

A1

2068

Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía

A1

2069

Escala de ciencias. Especialidade de química

A1

206K

Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos

A1

206L

Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade bibliotecas

A1

206M

Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade museos

A1

208G

Escala de facultativos/as. Especialidade de psicoloxía

A1

208H

Escala de facultativos/as. Especialidade de pedagoxía

A1

2072

Escala de arqueólogos/as

A1

2080

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de telecomunicación

A1

2083

Escala superior de estatísticos/as

A1

2086

Escala superior de finanzas

A1

2093-01

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima

A1

2093-02

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola

A1

2093-11

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral

A1

210A

Escala de inspección urbanística

A2

2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica forestal

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Escala de inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A2

206P

Escala de axudantes/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A2

206Q

Escala de axudantes/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A2

206X

Escala de inspectoras e inspectores de consumo

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos/as

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

A2

2075

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica industrial

A2

2076

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica en topografía

A2

2077

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

A2

2085

Escala técnica de estatísticos/as

A2

2097

Escala de axentes de extensión pesqueira

A2

208D

Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade de terapia ocupacional

A2

210B

Escala de subinspección urbanística

B/C1

208J

Escala de axentes técnicos/as facultativos/as. Especialidade xardín de infancia

C1

2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

2081

Escala de delineantes

C2

2059

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Grupos e categorías (persoal laboral).

Grupo

Categoría

Denominación

I

032

Técnico/a superior en centros de arte

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas

II

008

Director/a de gardaría infantil

II

031

Restaurador/a

II

033

Profesor/a de danza clásica

II

038

Perito/a xudicial diplomado/a

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil

III

003

Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a

III

011

Encargado/a agrario/a

III

012

Mestre/a de taller

III

018

Marcador/a de metais preciosos

III

034

Especialista de oficios (debuxante)

III

036

Experto/a audiovisuais

III

037

Técnico/a de son

III

039

Rexedor/a de escena

III

045

Técnico/a de luces

III

049

Axente auxiliar inspección transportes

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza

III

053

Técnico/a en restauración cinematográfica

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE

III

063

Oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a

III

064

Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada

III

067

Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial/a 1ª obra COTOP. Capataz

III

068

Oficial/a 1ª agrario, capataz agrario

III

080

Capataz de establecemento

III

088

Capataz de explotacións marisqueiras

III

097

Auxiliar de son

III

098

Auxiliar de luces

III

101

Proxeccionista

III

102

Encadernador/a

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras

IV

007

Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

IV

016

Condutor/a

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

IV

021

Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría

IV

023

Mestre/a gaiteiro/a

IV

024

Xastre/a

IV

025

Cargador/a. Tremoieiro/a

IV

031

Legoeiro/a

IV

034

Axudante/a restauración e proxección cinematográfica

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

IV

036

Auxiliar de museos

IV

039

Auxiliar de autopsia

V

003-02

Resolución do 26.6.2018 (DOG núm. 122, do 27.6.2018). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado

V

008

Peón/oa agrario/a

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais

V

10D

Socorrista

V

10F

Peón/oa forestal

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais.

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico/a superior defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais

III

100

Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

IV

032

Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais

IV

033

Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba

IV

037

Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixilante móbil defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios

V

014

Bombeiro/a forestal

V

14A

Bombeiro/a forestal condutor/a