DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16271

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o Acordo do 27 de febreiro de 2024, entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Consellería do Medio Rural polo que se encomendan a esta última determinados actos de xestión das listas de contratación temporal de persoal laboral ou para o nomeamento de persoal interino de prazas reservadas a persoal funcionario de corpos ou escalas equivalentes dedicado ás tarefas de prevención de incendios forestais.

As consellerías de Facenda e Administración Pública e do Medio Rural asinaron o 27 de febreiro de 2024 un acordo para xestionar determinados actos de xestión das listas de contratación temporal de persoal laboral ou para o nomeamento de persoal interino de prazas reservadas a persoal funcionario de corpos ou escalas equivalentes dedicado ás tarefas de prevención de incendios forestais de Galicia.

Para xeral coñecemento, disponse a súa publicación como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Acordo do 27 de febreiro de 2024 entre a Consellería de Facenda
e Administración Pública e a Consellería do Medio Rural polo que se
encomendan a esta última determinados actos de xestión das listas de contratación temporal de persoal laboral ou para o nomeamento de persoal
interino de prazas reservadas a persoal funcionario de corpos ou escalas equivalentes dedicado ás tarefas de prevención de incendios forestais

Co obxecto de acadar unha maior eficacia na xestión do persoal temporal correspondente ás categorías de persoal laboral que se especifican no anexo I deste acordo ou persoal funcionario interino de corpos ou escalas equivalentes dos servizos de prevención de incendios forestais, encoméndanse determinados actos de xestión das listas de contratación temporal á Consellería do Medio Rural desde o ano 2007.

Estas consellerías, dado o prazo de vixencia da encomenda acordada no ano 2022, e ao abeiro do disposto no artigo 11 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na disposición adicional primeira do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia,

ACORDAN:

Cláusula 1.

Encomendar á Consellería do Medio Rural determinados actos de xestión das listas de contratación temporal de persoal laboral das categorías que se especifican no anexo I deste acordo ou para o nomeamento de persoal interino de prazas reservadas a persoal funcionario de corpos ou escalas equivalentes, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, do persoal da Xunta de Galicia dedicado ás tarefas de prevención de incendios forestais.

A encomenda abranguerá as seguintes actuacións e terán o alcance que en cada caso se sinala:

a) A organización e a realización da proba física á que deben someterse os distintos integrantes das listas.

b) A realización dos chamamentos para a cobertura temporal dos distintos postos de traballo reservados ás categorías de persoal laboral dedicadas as tarefas de prevención de incendios forestais que constan no anexo I ou corpos ou escalas de persoal funcionario declaradas equivalentes no anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro. Para estes efectos utilizarase unha aplicación informática proporcionada pola Dirección Xeral da Función Pública cando este chamamento se realice dende a lista definitiva de admitidos.

Cláusula 2.

A encomenda de xestión non supón a cesión da titularidade das competencias.

Cláusula 3.

A encomenda terá un prazo de vixencia de dous anos a partir da súa publicación. Este prazo poderá ser prorrogado por igual período, por acordo expreso das partes que se publicará antes do remate do seu prazo de vixencia.

Disposición derradeira

Este acordo entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

Miguel Corgos López-Prado

José González Vázquez

Conselleiro de Facenda e Administración Pública

Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico/a superior defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais

III

100

Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

IV

032

Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais

IV

033

Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba

IV

037

Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixilante móbil defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios

V

014

Bombeiro/a forestal

V

14A

Bombeiro/a forestal condutor/a