DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 2024 Páx. 16261

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B, e para o ingreso nas categorías 100 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 66043, no anexo III, Titulacións, onde di:

Proceso selectivo

Titulación

Intérprete de linguaxe de signos

Técnico superior en interpretación de lingua de signos

Debe dicir:

Proceso selectivo

Titulación

Intérprete de linguaxe de signos

a) Técnico superior en interpretación de lingua de signos ou b) título de bacharel ou equivalente, máis título de intérprete de lingua de signos expedido pola Confederación Nacional de Xordos de España ou por algunha federación autonómica confederada.