DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16476

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención destinadas ao fomento da utilización das instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR323C).

Mediante a Orde do 23 de outubro de 2023 establécense as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2023 (código de procedemento MR323C) (DOG núm. 209, do 3 de novembro).

De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos vinculados á fase de instrución publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A devandita publicación producirá os efectos da notificación, e a súa data será a única válida para o cómputo dos prazos.

A Comisión avaliou as solicitudes e elaborou unha relación de solicitudes coa puntuación que lle corresponde a cada unha, nos termos previstos no artigo 10 destas bases.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias formulou a proposta de resolución.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, convocadas para o ano 2023 (código de procedemento MR323C), aos solicitantes que se relacionan no anexo I, polas contías que se reflicten no anexo, e con cargo á aplicación orzamentaria: 14.04.712B.772.0, código de proxecto 2016 00384, para os anos 2023, 2024 e 2025.

Esta axuda ten por finalidade:

i. Mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola.

ii. Reducir as emisións dos gases efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II.

Terceiro. Informar as empresas beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son con carácter xeral as establecidas na Orde desta consellería do 23 de outubro de 2023 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

c) O prazo de xustificación destas axudas é ata o 30 de setembro de 2025.

d) O período durante o que deben destinar os bens ao fin concreto é de 5 anos desde o pagamento da axuda.

e) Para proceder ao pagamento da subvención, a empresa beneficiaria deberá cumprir as condicións establecidas na Orde do 23 de outubro de 2023 e presentar a documentación indicada no seu artigo 30, todo iso sen superar as datas máximas de xustificación indicadas anteriormente.

f) Estas axudas proceden do fondo/programa operativo: Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), con taxa de cofinanciamento: 7,5 % pola Administración xeral do Estado, 17,5 % pola Xunta de Galicia e un 75 % polo fondo Feader.

Submedida 4.12 Instalacións e equipamentos en común.

Prioridade/prioridade de investimento: esta medida vincúlase ás prioridades 2 de viabilidade e competitividade das explotacións agrícolas, e 5 de economía eficiente no uso de recursos e resistente ao cambio climático.

Dentro da prioridade 2, en concreto co 2A: mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular o obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola.

Dentro da prioridade 5, en concreto co 5D: reducir as emisións dos gases efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

g) Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda da mesma natureza, concedida coa mesma finalidade ou para os mesmos investimentos e/ou gastos, con excepción das axudas correspondentes a garantías para préstamos ou derivadas doutros instrumentos financeiros comunitarios nas condicións establecidas no artigo 37 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

Cuarto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2024

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

missing image file

ANEXO II

Número
de expediente

Entidade

NIF

Motivo de denegación

4122023000001

Arnaxes, S.C.G.

F15799273

Denegación: incumprimento do artigo 25. Documentación complementaria, da Orde do 23 de outubro de 2023, non presenta toda a documentación complementaria requirida para poder tramitar a axuda

4122023000002

G. Xallas Barcala, S.C.G.

F15964943

Denegación: incumprimento do artigo 4. Requisitos das entidades beneficiarias, da Orde do 23 de outubro de 2023, non cumpre o número mínimo de 10 persoas socias

4122023000003

Cogapen, S.C.G.

F27032564

Denegación: incumprimento do artigo 25. Documentación complementaria, da Orde do 23 de outubro de 2023, non presenta toda a documentación complementaria requirida para poder tramitar a axuda

4122023000009

Agroganadera Seoane, S.L.

B32147001

Denegación: incumprimento do artigo 3. Entidades beneficiarias, da Orde do 23 de outubro de 2023

4122023000012

Lemos, S.C.G.

F27013739

Desistencia: presenta renuncia á axuda da Orde do 23 de outubro de 2023