DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18117

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de febreiro de 2024 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 28 de novembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 45, do 4 de marzo de 2024, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 16772, onde di:

«Quinto. A data de comezo dos novos contratos será o día 16 de marzo de 2023 e a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda».

Debe dicir:

«Quinto. A data de comezo do novo contrato será o día 16 de marzo de 2024 e a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda».