DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18320

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 6 de marzo de 2024 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F).

BDNS (identif.): 738503.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Axudas para a organización de accións de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica das agrupacións forestais de xestión conxunta (código de procedemento MR608D)

Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

1. Modificar o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 11.1 da Orde do 20 de decembro de 2023 nun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (liña I).

2. Esta modificación permite que as persoas que xa formularon solicitude no prazo transcorrido ata a modificación desta orde poidan manter ou modificar a solicitude ou que aquelas persoas que non formulasen solicitude con anterioridade poidan formulala tendo en conta as novas condicións.

Axudas de apoio ás asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais (procedemento MR608E)

Segundo. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

1. Modificar o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 35.1 da Orde do 20 de decembro de 2023 nun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (liña II).

2. Esta modificación permite que as persoas que xa formularon solicitude no prazo transcorrido ata a modificación desta orde poidan manter ou modificar a solicitude ou que aquelas persoas que non formulasen solicitude con anterioridade poidan formulala tendo en conta as novas condicións.

Axudas para crear e apoiar agrupacións forestais de xestión conxunta (procedemento MR608F)

Terceiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

1. Modificar o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 61.1 da Orde do 20 de decembro de 2023 en 40 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (liña III).

2. Esta modificación permite que as persoas que xa formularon solicitude no prazo transcorrido ata a modificación desta orde poidan manter ou modificar a solicitude ou que aquelas persoas que non formulasen solicitude con anterioridade poidan formulala tendo en conta as novas condicións.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural