DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 2024 Páx. 19881

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de marzo de 2024 pola que se convocan cursos descentralizados no ámbito da formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 53, do 14 de marzo de 2024, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 18965, na base oitava, onde di: «2º. Reservarase un corenta por cento das prazas para as persoas con residencia no concello onde se realice o curso.», debe dicir: «2º. Reservarase nos cursos da modalidade presencial un corenta por cento das prazas para as persoas con residencia no concello onde se realice o curso.».