DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2024 Páx. 21831

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación das táboas salariais para o ano 2023 e 2024 do grupo de empresas de Stolt Sea Farm, S.A. e Acuidoiro, S.L.

Visto o texto das táboas salariais para o ano 2023 e 2024 do grupo de empresas de Stolt Sea Farm, S.A. e Acuidoiro, S.L., que se subscribiu con data do 3 de xaneiro de 2024, entre a representación empresarial e o presidente do Comité Intercentros do Grupo de Empresas de Stolt Sea Farm, S.A. y Acuidoro S.L., e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 y 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2024

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Dunha parte, Jordi Trías Fita, con NIF núm. 44019370S, en nome e representación da empresa Acuidoro, S.L. e Stolt Sea Farm, S.A.

Doutra parte, en representación da parte social, Manuel Abelardo Senande Freire, con NIF núm. 78785240M, en calidade de presidente do Comité Intercentros do grupo de empresa de Stolt Sea Farm, S.A. y Acuidoro, S.L.

MANIFESTAN:

Primeiro. Que acordan asinar a actualización das táboas salariais de 2023 (anexo 1) e 2024 (anexo 2), de acordo coa cláusula de revisión salarial establecida no convenio de empresa e no convenio nacional:

Artigo 11. Convenio de empresa «Ao salario base (artigo 12) das táboas do ano 2017 e aos complementos dos artigos 13, 15 e 16 aplicaránselle uns incrementos nos anos 2018 ao 2023 iguais aos que fixe o Convenio nacional de acuicultura, co fin de garantir o mantemento da competitividade da empresa».

Artigo 20. Convenio nacional: «Establécese como táboa salarial para o ano 2023 a…, que é o resultado de incrementar os salarios definitivos de 2022 co 4 %. Finalizado 2023, se o IPC interanual de decembro de 2023 for superior ao 4 %, aplicarase un incremento adicional máximo do 1 %, con efectos do 1 de xaneiro de 2024.

Incremento salarial para 2024: ao resultado do incremento do parágrafo anterior aplicaráselle un 3 %. Finalizado 2024, se o IPC interanual de decembro de 2024 for superior ao 3 %, aplicarase un incremento adicional máximo do 1 %, con efectos do 1 de xaneiro de 2025».

Tal e como establece a acta do Comité Intercentros do 20 de decembro de 2023, «pendente de negociación no convenio de empresa, polo seu vencemento en 2023, acórdase aplicar para o ano 2024 o establecido no convenio nacional».

O indicador adiantado do IPC sitúa a súa variación anual no 3,1 % en decembro (fonte: INE).

Por iso se incrementa a táboa salarial de 2023 nun 4 % e en 2024 nun 3 % sobre o resultado do incremento de 2023.

Segundo. Que acordan asinar o calendario laboral de 2024 e os días de exceso de xornada de 2024 (anexo 3).

Terceiro. Que acordan asinar os horarios dos diferentes centros de traballo para o ano 2024.

Cuarto. Que acordan delegar en Óscar Rodríguez Mallo a sinatura, presentación e realización de calquera xestión relacionada co rexistro no Rexcon da Xunta de Galicia do convenio colectivo da empresa citada na cabeceira subscrito entre a empresa e os seus traballadores.

Así o acordan e asinan no lugar e na data indicados:

Asdo.: Jordi Trías

Asdo.: Abelardo Senande

Presidente SSF

Presidente do Comité Intercentros

ANEXO 1

Táboa salarial 2023

Grupo

Nivel

2023

4 %

2023 (revisión)

Salario bruto anual

Salario bruto anual

I

Director/a técnico/a

32.577,46

1.303,10

33.880,55

I

Xefe/a de planta

28.431,23

1.137,25

29.568,48

I

 

Xefe/a administrativo ou de vendas

28.431,23

1.137,25

29.568,48

II

Técnico/a ou xefe/a de sección

26.061,96

1.042,48

27.104,44

II

Encargado/a

21.323,43

852,94

22.176,36

II

 

Vixilante

21.323,43

852,94

22.176,36

III

N1A

Técnico/a especialista

19.593,06

783,72

20.376,78

III

N1A

Oficial administrativo/a

19.593,06

783,72

20.376,78

III

N1

Oficial 1ª acuicultor/a/mantemento

18.289,96

731,60

19.021,56

III

N2

Técnico/a auxiliar

16.821,81

672,87

17.494,69

III

N2

Oficial 2ª acuicultor/a/mantemento

16.821,81

672,87

17.494,69

III

N3A

Auxiliar administrativo/a

16.466,42

658,66

17.125,08

III

N3A

Empacador/a

16.466,42

658,66

17.125,08

III

N3

Auxiliar acuicultor/a/mantemento

15.400,25

616,01

16.016,26

Complemento

Plus asistencia

868,34

34,73

903,07

ANEXO 2

Táboa salarial 2024

Grupo

Nivel

2023

3 %

2024

Salario bruto anual

Salario bruto anual

I

Director/a técnico/a

33.880,55

1.016,42

34.896,97

I

Xefe/a de planta

29.568,48

887,05

30.455,54

I

 

Xefe/a administrativo ou de vendas

29.568,48

887,05

30.455,54

II

Técnico/a ou xefe/a de sección

27.104,44

813,13

27.917,58

II

Encargado/a

22.176,36

665,29

22.841,65

II

 

Vixilante

22.176,36

665,29

22.841,65

III

N1A

Técnico/a especialista

20.376,78

611,30

20.988,08

III

N1A

Oficial administrativo/a

20.376,78

611,30

20.988,08

III

N1

Oficial 1ª acuicultor/a/mantemento

19.021,56

570,65

19.592,21

III

N2

Técnico/a auxiliar

17.494,69

524,84

18.019,53

III

N2

Oficial 2ª acuicultor/a/mantemento

17.494,69

524,84

18.019,53

III

N3A

Auxiliar administrativo/a

17.125,08

513,75

17.638,83

III

N3A

Empacador/a

17.125,08

513,75

17.638,83

III

N3

Auxiliar acuicultor/a/mantemento

16.016,26

480,49

16.496,75

Complemento

Plus asistencia

903,07

27,09

930,16

ANEXO 3

Calendario laboral 2024 Stolt Sea Farm, S.A.

Mes

Festivos

Vacacións

Días totais

traballo ano

Horas totais traballo ano

Horas traballo segundo

convenio

Diferenza horas anuais horas convenio

Festivos locais

Xaneiro

1, 6

22 días hábiles

228 días

1.824 horas

1.756 horas

68 horas

Camariñas

23/4

16/7

Febreiro

Muxía

1/4

16/9

Marzo

28, 29

Carnota

13/2

31/10

Abril

Ribeira

13/2

24/7

Maio

1, 17

Santiago de Compostela

9/5

16/8

Xuño

Bergondo

13/2

16/8

Xullo

25

Cervo

16/7

16/8

Agosto

15

Setembro

Outubro

12

Novembro

1

Decembro

6, 25

Cálculos
Días laborables 2024

Mes

Días

Horas

Xaneiro

22

176

Febreiro

21

168

Marzo

19

152

Abril

22

176

Maio

21

168

Xuño

20

160

Xullo

22

176

Agosto

21

168

Setembro

21

168

Outubro

23

184

Novembro

20

160

Decembro

20

160

Total

252

2016

Vacacións

22

176

Festivos locais

2

16

Total laborables

228

1824

Total convenio

219,5

1756

Diferenza/exceso

8,5

68