DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 21993

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 21 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras do programa de axudas de emerxencia social e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR935A).

BDNS (Identif.): 751324.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 7 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas emigrantes galegas e os seus fillos/as que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, e cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 das bases reguladoras desta convocatoria.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas de emerxencia social e proceder á súa convocatoria para o ano 2024, coa finalidade de outorgar unha prestación económica a persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega residentes en América con escasos recursos, para atender situacións de emerxencia social derivadas de circunstancias extraordinarias sobrevindas nos últimos 12 meses.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 21 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras do programa de axudas de emerxencia social e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR935A).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 30.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de outubro de 2024.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024

A secretaria xeral da Emigración
P.S. (Decreto 108/2022, do 16 de xuño; DOG núm. 117, do 20 de xuño)
María Lorena Antelo Romero
Subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica
e de Programas Sociais