DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2024 Páx. 22005

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 15 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación do Convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para salóns de peiteado de señoras, cabaleiros, unisex e salóns de beleza para 2023 e 2024.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 62, do mércores 27 de marzo de 2024, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 21109, onde di: «...subscrito entre a representación empresarial de Fepega e a representación legal dos traballadores e traballadoras das centrais sindicais CIG, CC.OO. e UGT, e de...», debe dicir: «...subscrito entre a representación empresarial de Fepega e a representación legal dos traballadores e traballadoras da central sindical CIG, e de...».