DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2024 Páx. 22677

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 3 de abril de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), acordou:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o cuarto exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, de acordo co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria.

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.

De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios en prácticas.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024

José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente do tribunal

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Puntuación primeiro exercicio

Puntuación segundo exercicio

Puntuación terceiro

exercicio

Total

***5504**

Rodríguez González, Mª Aránzazu

L

14,25

30,85

27,02

72,12

***7213**

Saldaña Villa, Pablo Indalecio

L

16,00

29,15

26,75

71,90

***7466**

Álvarez Pérez, Moisés

L

12,35

31,64

21,76

65,75

***4713**

Cabado Rodríguez, Ángela

L

14,80

29,85

20,38

65,03

***4524**

Vázquez Gende, Pablo

L

16,30

26,47

22,11

64,88

***9112**

Loureiro Lorenzo, Mª del Carmen

L

15,10

24,18

20,25

59,53

***8517**

Fernández Cofan, Ángela

L

15,45

21,69

20,02

57,16

***6353**

Coello Paz, Emma

L

12,65

20,40

20,52

53,57