DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2024 Páx. 22882

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024 do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante concurso-oposición, pola que se aproba e se fai pública a baremación definitiva de méritos da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o 4 de abril de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nas categorías de profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I) e profesor/a do Departamento de Servizos (grupo II), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria

ACORDOU:

Aprobar a baremación definitiva de méritos da fase de concurso da persoa aspirante que superou a fase de oposición, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, no proceso selectivo extraordinario para o ingreso no grupo e categoría seguintes:

– Profesor/a do Departamento de Servizos (grupo II).

A baremación definitiva de méritos, completa e parcial de acordo co establecido na epígrafe III.1.1 das bases da convocatoria (experiencia profesional, formación e lingua galega), recollida no anexo, poderase consultar no taboleiro de anuncios do portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazo-institucional

De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024

Antonio Casas Calviño
Presidente do tribunal