DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2024 Páx. 22881

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 5 de abril de 2024 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos/das notarios/as que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, do 19 de febreiro de 2024, e resolto pola Resolución do 25 de marzo de 2024, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 79/2023, do 22 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e os notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

– Susana Rivas Conde, notaria de Quiroga, para a notaría de Vilanova de Arousa.