En sesión que tivo lugar o 15 de abril de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nas categorías de profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I) e profesor/a do departamento de servizos (grupo II), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Aprobación da baremación definitiva do proceso selectivo extraordinario
Aprobar a baremación definitiva da persoa aspirante que superou o proceso selectivo extraordinario, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de profesor/a do departamento de servizos (grupo II):
NIF |
Apelido 1 |
Apelido 2 |
Nome |
|
***6596** |
Lis |
Prieto |
Rocío |
|
Primeira fase-oposición |
||||
1ª proba: exame tipo test |
||||
Puntuación |
20,40 |
2ª proba: defensa unidade didáctica |
|
Puntuación |
13,00 |
Segunda fase-concurso |
|
Baremación de méritos |
|
Puntuación |
19,75 |
Baremación definitiva do proceso selectivo |
53,15 puntos |
Segundo. Propoñer o nomeamento da persoa aspirante á praza convocada
Consonte o disposto no punto 2 da base V, unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal propón ao órgano convocante o nomeamento como persoal laboral fixo para a praza de profesor/a do departamento de servizos (grupo II) a:
NIF |
Apelido 1 |
Apelido 2 |
Nome |
***6596** |
Lis |
Prieto |
Rocío |
De conformidade co disposto na base VI da convocatoria, esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2025, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2024
Antonio Casas Calviño
Presidente do tribunal