O Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, aproban unha nova estrutura das consellerías da Xunta de Galicia.
Por outra parte, o Decreto 48/2024, do 22 de abril, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, aproba a estrutura da Presidencia da Xunta de Galicia.
Tras a entrada en vigor destes decretos, é necesario adaptar as estruturas orzamentarias para adecualas á nova realidade.
Esta adecuación require, en primeiro lugar, a creación dunha nova estrutura orzamentaria que permita xestionar os expedientes e consolidar a información sen colidir coa estrutura vixente ata a aprobación dos decretos. O artigo 3 desta orde aproba a nova estrutura, que se recolle no anexo.
Unha vez creada, cómpre adaptar a situación contable da execución dos expedientes á nova estrutura. Esta adaptación aplicarase a aqueles expedientes que permanecen vivos no momento da aprobación dos decretos, imputando a execución contable á nova estrutura para permitir a continuidade dos expedientes. Este proceso realizarase mediante a anulación dos saldos vivos na estrutura anterior, e a súa imputación á nova estrutura, logo da dotación dos correspondentes créditos orzamentarios.
O proceso de adaptación debe realizarse coa maior celeridade posible para garantir a continuidade no funcionamento dos diferentes departamentos. Para lograr este obxectivo, encoméndase á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma a realización, de forma masiva e automatizada, das operacións contables que sexan necesarias no proceso de transformación.
No caso de que os criterios obxectivos empregados para a clasificación dos créditos non sexan suficientes para que os procesos automatizados realicen a adecuación detallada dos créditos, as consellerías afectadas deberán tramitar os necesarios expedientes de modificación de créditos con posterioridade ao proceso de transformación contable que regula esta orde. A Intervención Xeral poderá participar tamén nestes procesos cando así o aconselle a operativa concreta de cada caso.
No caso das entidades dependentes da Xunta de Galicia, a modificación da estrutura da Xunta de Galicia e das consellerías non supón unha modificación nas estruturas destas entidades, alén do posible cambio de adscrición dunha consellería a outra. Neste caso, a conservación dos códigos orixinais que figuran nos orzamentos da Comunidade Autónoma para 2024 facilita a xestión e a transparencia da información de cada entidade, o que aconsella non acometer procesos de transformación de códigos contables ou orzamentarios nestas entidades ata a tramitación dos orzamentos do exercicio 2025.
O artigo 5.q) da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, atribúe á persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública competencias específicas para realizar, entre outras modificacións orzamentarias, as adaptacións técnicas e as transferencias de crédito que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, da posta en marcha de organismos autónomos e axencias públicas autonómicas, ou do traspaso de competencias nas cales estean implicadas outras administracións, sen que en ningún caso, polo que se refire aos dous primeiros supostos, poida orixinarse un incremento de gasto.
Á vista da habilitación legal anterior, e das reguladas na disposición derradeira segunda do Decreto 42/2024, do 14 de abril, na disposición derradeira primeira do Decreto 48/2024, do 22 de abril, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e na disposición derradeira terceira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento para a adaptación das estruturas orzamentarias e contables á nova estrutura da Xunta de Galicia aprobada polo Decreto 42/2024, do 14 de abril, o Decreto 48/2024, do 22 de abril, e o Decreto 49/2024, do 22 de abril, ao abeiro do disposto no artigo 5.q) da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
Artigo 2. Ámbito de aplicación
As transformacións e actuacións previstos nesta orde aplicaranse ás consellerías creadas polo Decreto 42/2024, do 14 de abril, e aos órganos regulados no Decreto 48/2024, do 22 de abril.
Non se realizarán cambios nas seccións orzamentarias que non están afectadas polos ditos decretos.
En concreto, non se realizarán cambios nas seguintes seccións orzamentarias:
01 - Parlamento de Galicia
02 - Consello de Contas
03 - Consello da Cultura Galega
20 - Consello Consultivo de Galicia
21 - Transferencias a corporacións locais
22 - Débeda pública da Comunidade Autónoma
23 - Gastos de diversas consellerías
Non se realizarán cambios nas estruturas das entidades contables diferentes da Xunta de Galicia. Estas entidades manterán a súa codificación ata o final do exercicio contable 2024.
Artigo 3. Nova codificación orzamentaria
Apróbase unha nova codificación orzamentaria para as consellerías reguladas no Decreto 42/2024, do 14 de abril, e para os órganos regulados no Decreto 48/2024, do 22 de abril.
A definición da nova codificación detállase no anexo desta orde.
Artigo 4. Asignación de expedientes á nova estrutura
Os expedientes iniciados e non concluídos modificaranse para seren adaptados á nova estrutura.
A modificación dos expedientes supón a transformación da codificación das aplicacións contables á nova estrutura. De ser necesario, por motivos operativos, poderanse modificar tamén outras codificacións asociadas aos expedientes.
Para os efectos do previsto neste artigo, entenderase por expediente iniciado aquel expediente para o que se contabilizase algún documento contable, e que non fose anulado antes do inicio do proceso de transformación contable.
Entenderase por expediente non concluído aquel expediente para o cal non se acadase a fase de «proposta de pagamento» (fase K).
No caso de expedientes que acadasen parcialmente a fase K, a transformación aplicarase aos saldos que non acadasen a dita fase.
Artigo 5. Tramitación de oficio
A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma determinará as transformacións necesarias en cada consellería.
A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a través da Subdirección Xeral de Contabilidade, contabilizará de oficio todas as operacións necesarias para realizar as transformacións previstas nesta orde.
Cando, pola complexidade da transformación, non sexa posible realizala de forma automatizada, a Intervención Xeral poderá realizar as operacións precisas para garantir a integridade do proceso.
Artigo 6. Procedemento
O proceso de transformación contable consistirá en realizar de forma masiva e automatizada as seguintes operacións:
a) Operacións negativas de anulación de saldos pendentes na estrutura antiga.
b) Modificacións de crédito e de límites de gasto en exercicios futuros necesarias para adaptar a situación orzamentaria á nova estrutura.
c) Operacións positivas para imputar os saldos vivos á nova estrutura orzamentaria.
A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma poderá ditar as instrucións concretas necesarias para a definición do detalle do proceso.
Artigo 7. Reapertura da contabilidade
Unha vez concluído o proceso de transformación contable, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma comunicará ás consellerías correspondentes a apertura da contabilidade e informará sobre os cambios realizados na codificación dos expedientes e aplicacións.
Artigo 8. Actuacións posteriores
Unha vez completado o proceso automatizado de transformación contable, a Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico realizará as modificacións orzamentarias necesarias para completar o proceso de reestruturación, con base no previsto no artigo 5.q) da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024
Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública
ANEXO
Novos códigos orzamentarios das seccións e servizos da Xunta de Galicia
Código sección |
Código servizo |
Descrición |
34 |
|
Presidencia da Xunta de Galicia |
34 |
01 |
Secretaría Xeral da Presidencia |
34 |
03 |
Secretaría Xeral de Medios |
34 |
05 |
Oficina de Coordinación Económica da Presidencia |
34 |
06 |
Asesoría Xurídica Xeral |
34 |
08 |
Delegacións territoriais |
|
|
|
35 |
|
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes |
35 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica |
35 |
02 |
Secretaría Xeral para o Deporte |
35 |
03 |
Dirección Xeral de Xustiza |
35 |
04 |
Dirección Xeral de Administración Local |
35 |
05 |
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias |
35 |
06 |
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior |
35 |
07 |
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea |
35 |
08 |
Dirección Xeral de Mobilidade |
|
|
|
36 |
|
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático |
36 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica |
36 |
02 |
Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático |
36 |
03 |
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade |
36 |
04 |
Dirección Xeral de Patrimonio Natural |
|
|
|
37 |
|
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional |
37 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica |
37 |
02 |
Secretaría Xeral de Universidades |
37 |
03 |
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa |
37 |
04 |
Dirección Xeral de Formación Profesional |
37 |
05 |
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos |
|
|
|
38 |
|
Consellería de Política Social e Igualdade |
38 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica |
38 |
02 |
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica |
38 |
03 |
Dirección Xeral de Inclusión Social |
38 |
04 |
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade |
38 |
05 |
Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria |
38 |
06 |
Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero |
38 |
07 |
Dirección Xeral de Promoción da Igualdade |
|
|
|
39 |
|
Consellería de Economía e Industria |
39 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica |
39 |
02 |
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético |
39 |
03 |
Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial |
39 |
04 |
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas |
|
|
|
40 |
|
Consellería de Facenda e Administración Pública |
40 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro |
40 |
02 |
Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico |
40 |
03 |
Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos |
40 |
04 |
Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal |
40 |
05 |
Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio |
40 |
06 |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
|
|
|
41 |
|
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas |
41 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica |
41 |
02 |
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo |
41 |
03 |
Dirección Xeral de Urbanismo |
41 |
04 |
Xurado de Expropiación de Galicia |
|
|
|
42 |
|
Consellería de Sanidade |
42 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica |
42 |
02 |
Dirección Xeral de Saúde Pública |
42 |
03 |
Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria |
|
|
|
43 |
|
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude |
43 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica |
43 |
02 |
Secretaría Xeral da Lingua |
43 |
03 |
Dirección Xeral de Cultura |
43 |
04 |
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural |
43 |
05 |
Dirección Xeral de Xuventude |
|
|
|
44 |
|
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración |
44 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica |
44 |
02 |
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais |
44 |
03 |
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego |
44 |
04 |
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social |
44 |
05 |
Secretaría Xeral da Emigración |
44 |
06 |
Dirección Xeral de Comercio e Consumo |
|
|
|
45 |
|
Consellería do Medio Rural |
45 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica |
45 |
02 |
Dirección Xeral de Defensa do Monte |
45 |
03 |
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal |
45 |
04 |
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias |
45 |
05 |
Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria |
45 |
06 |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural |
|
|
|
46 |
|
Consellería do Mar |
46 |
01 |
Secretaría Xeral Técnica |
46 |
02 |
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica |
46 |
03 |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro |