DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 10 de xullo de 2024 Páx. 41618

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 1 de xullo de 2024 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello Galego de Cooperativas.

O Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, en desenvolvemento das previsións contidas na súa norma de creación, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, regula no seu artigo 4 a composición do Consello, no artigo 5, o procedemento de nomeamento e cesamento dos seus membros, e no artigo 6, a duración do mandato e substitucións.

Os actuais membros do Consello Galego de Cooperativas foron nomeados mediante a Orde do 16 de outubro de 2017 (DOG núm. 208, do 2 de novembro) pola que se procede ao nomeamento de membros do Consello Galego de Cooperativas, e polas ordes do 27 de xuño de 2018 (DOG núm. 131, do 10 de xullo); a Orde do 4 de setembro de 2018 (DOG núm. 177, do 4 de setembro); a Orde do 7 de novembro de 2019 (DOG núm. 220, do 19 de noviembre); a Orde do 2 de marzo de 2020 (DOG núm. 53, do 17 de marzo); a Orde do 16 de novembro de 2020 (DOG núm. 242, do 1 de decembro); a Orde do 3 de xuño de 2021 (DOG núm. 118, do 23 de xuño); a Orde do 9 de agosto de 2021 (DOG núm. 159, do 19 de agosto); a Orde do 1 de febreiro de 2022 (DOG núm. 29, do 11 de febreiro), e a Orde do 7 de febreiro de 2023 (DOG núm. 32, do 15 de febreiro) polas que se procedeu ao cesamento e nomeamento de membros do Consello Galego de Cooperativas.

Os cambios producidos nos órganos superiores e de dirección adscritos á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración fan necesario substituír os vogais, titular e suplente, que representan esta consellería.

Así mesmo, o Consello Galego de Universidades acordou propoñer a dous novos vogais, titular e suplente, en representación das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 5 do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regulan a organización e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, por proposta da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e do Consello Galego de Universidades.

DISPOÑO:

Primeiro

Que cese José Ramón Pardo Cabarcos como vogal titular en representación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; Montserrat Valcárcel Armesto como vogal titular en representación das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia; Susana Touza Figueiras como vogal suplente en representación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e Manuel Fernández Grela como vogal suplente en representación das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.

Segundo

Nomear a Joaquín Macho Canales como vogal titular en representación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; María José Cabaleiro Casal como vogal titular en representación das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia; Farrah Lisa Meghazi como vogal suplente en representación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e Carlos Iglesias Malvido como vogal suplente en representación das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.

Contra esta orde poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a conselleira de Emprego e Igualdade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración