Para os efectos de establecer en Galicia o procedemento de solicitude para a asignación de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade procedentes da reserva nacional da campaña 2023, no marco establecido polo Real decreto 1045/2022, do 27 de decembro, sobre dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da política agraria común, publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural, do 15 de marzo de 2023, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 20 a 29 do Real decreto 1045/2022, tramitou e informou sobre as solicitudes de acceso á reserva nacional, e deu traslado dos expedientes á persoa titular da presidencia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) para a súa resolución.
De acordo co disposto no artigo 28.1 do devandito Real decreto 1045/2022, a persoa titular da presidencia do FEGA comunicou ao Fogga, para a súa notificación ás persoas solicitantes, a resolución sobre a asignación de solicitudes de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da reserva nacional.
Conforme co anterior, esta dirección
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública e notificar na páxina web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/dereitos_axuda_basica_renda_sostibilidade) a resolución da persoa titular da presidencia do FEGA de asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2023.
Segundo. Contra a resolución da persoa titular da presidencia do FEGA, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024
Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria