DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 5 de agosto de 2024 Páx. 45454

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 12 de xullo de 2024 de notificación do procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Referencia catastral

polígono/parcela

Localización

Persoa responsable

Custos da execución subsidiaria

Orde de execución

(exp. 1524-2022)

Resolucion de execución subsidiaria do 27.6.2024

36043A023005250000JO
(polígono 23 – parcela 525)

Buchabade

Ponte Caldelas

Hdos de José Malvar Senra

960,00 €

Orde de execución

(exp. 1525-2022)

Resolucion de execución subsidiaria do 27.6.2024

36043A023005240000JM
(polígono 23 – parcela 524)

Buchabade

Ponte Caldelas

Hdos de José Malvar Senra

960,00 €

Orde de execución

(exp. 1438-2022)

Resolucion de execución subsidiaria do 3.7.2024

36043A044037850000JF
(polígono 44 – parcela 3785)

A Insua

Ponte Caldelas

En investigación

480,00 €

Orde de execución

(exp. 1539-2022)

Resolucion de execución subsidiaria do 3.7.2024

36043A044037670000JZ
(polígono 44 – parcela 3767)

A Insua

Ponte Caldelas

En investigación

600,00 €

Orde de execución

(exp. 1540-2022)

Resolucion de execución subsidiaria do 3.7.2024

36043A044037690000JH
(polígono 44 – parcela 3769)

A Insua

Ponte Caldelas

En investigación

1.200,00 €

Orde de execución

(exp. 1304-2023)

Resolucion de execución subsidiaria do 4.7.2024

36043A012009890000JB
(polígono 12 – parcela 989)

Cuñas

Ponte Caldelas

María Andre Escuredo

480,00 €

Orde de execución

(exp. 779-2024)

Resolucion de execución subsidiaria do 4.7.2024

36043A012014470000JA
(polígono 12 – parcela 1447)

Caldelas

Ponte Caldelas

Segundo Álvarez Boullosa

240,00 €

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, núm. 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, con repercusión dos custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Prazo: 1 mes.

Ponte Caldelas, 12 de xullo de 2024

Andrés Díaz Sobral
Alcalde