DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 5 de agosto de 2024 Páx. 45450

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S-16.R do PXOM de Lugo.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 27.6.2024, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S-16.R, formulado pola entidade mercantil Bipahura, S.L., representada por Raúl Ferreiros Barreira, de conformidade cos informes sectoriais emitidos no presente procedemento, cos informes dos servizos municipais de Arqueoloxía do 14.6.2024, Enxeñaría, Ambiente e Arquitectura do 17.6.2024, e co informe do Servizo Municipal de Urbanismo emitido o 18.6.2024.

Signifícase que esta aprobación definitiva se fai de conformidade cos seguintes condicionantes:

– Os sinalados no informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, do 29.5.2024, que afectan as dúas actuacións deste concello que a continuación se transcriben na literalidade manifestada no devandito informe:

«a. A obtención da modificación de características da autorización de vertedura con número de expediente V/27/00022, de forma que se incremente o volume de vertedura de augas residuais para que sexa igual ou superior á suma dos caudais actualmente producidos e os derivados do desenvolvemento da figura de planeamento que se informa, de acordo co referido nas consideracións da epígrafe II.1.2.2 deste informe.

b. O cumprimento do PRC en vigor».

– Os sinalados no informe do Servizo Municipal de Arquitectura, do 17.6.2024, que a continuación tamén se transcriben na literalidade manifestada no devandito informe, os cales deberán ser cumpridos con carácter previo ao trámite do anuncio no Diario Oficial de Galicia posterior ao acordo de aprobación definitiva deste instrumento de planeamento:

«Primeiro.

No punto 3.4 da memoria xustificativa, páxina 17, onde di: «Desta maneira, repártese a edificabilidade entre as parcelas proxectadas, previndo as dimensións da edificación que se concretan en 6 alturas+B, con aproveitamento para o baixo cuberta por riba da altura máxima permitida».

Debe dicir:

«Desta maneira, repártese a edificabilidade entre as parcelas proxectadas, previndo as dimensións da edificación que se concretan en baixo+ 5 alturas, incluído o baixo cuberta».

Segundo.

O plano 10.1, Seccións transversais do sector, debe eliminar o volume sinalado coa trama vermella.

missing image file

Terceiro.

Débense eliminar da ordenanza de equipamento dotacional, punto 1.3.3 do documento de normativa urbanística, paxina 16, as condicións do espazo libre de parcela:

Espazos libres de parcela:

Os patios de parcela serán empregados como zonas de acceso aos volumes en altura.

O proxecto de edificación definirá estes espazos de maneira precisa; deberá definir a forma e as condicións de urbanización, coas seguintes condicións:

– Só se permiten usos e actividades de esparexemento, os deportivos que non precisen instalacións cubertas.

– Non se permite o aparcamento de vehículos.

– Polo menos o 40 % da súa superficie deberá ter un tratamento vexetal.

Cuarto.

Os documentos da carpeta 27028_PP_202406_AD_01PDF deberán eliminar do nome de cada documento a raíz «_firmado».

Segundo. Publicar este acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción, unha vez que o promotor presente neste concello, con carácter previo a esa publicación, un exemplar deste Plan parcial co seu contido corrixido de conformidade cos condicionantes do informe do Servizo Municipal de Arquitectura anteriormente transcritos. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste Plan parcial á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado no DOG o anuncio a que fai referencia o anterior acordo, remitir un exemplar deste Plan parcial en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas (CVPI) para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, publicarase o anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos interesados, indicándolles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito».

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://concellodelugo.gal/es/actuaciones/normativa-urbanistica

Lugo, 30 de xullo de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 1727/2024)
Hipólito José Ramón Pérez Novo
Director xeral de Urbanismo