DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 8 de agosto de 2024 Páx. 45786

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2024 pola que se publica o Plan especial de protección civil ante emerxencias por accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril en Galicia (Transgal).

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de xullo de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte Acordo:

1. Aprobar o Plan especial de protección civil ante emerxencias por accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril en Galicia (Transgal).

2. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. Deixar sen efecto o Plan de emerxencia por accidente no transporte de mercadorías perigosas da Comunidade Autónoma de Galicia aprobado polo Acordo do Consello da Xunta do día 4 de xullo de 2013 (DOG nº 146, do 1 de agosto).

Para dar cumprimento ao disposto no número 2 do Acordo,

RESOLVO:

Proceder á publicación do Plan especial de protección civil ante emerxencias por accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril en Galicia (Transgal), no enderezo da páxina web https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/plans-de-emerxencia

O mencionado plan estará dispoñible na sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, así como nas dependencias dos servizos de Emerxencias das direccións territoriais.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes