DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 9 de agosto de 2024 Páx. 46116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Negreira (expediente IN407A 2023/330-1).

Expediente: IN407A 2023/330-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: instalación de Telecontrol en LMT NEG811 no apoio 9SUDG7AH//D62-2.

Concello: Negreira.

Feitos:

1. O día 10.7.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada co obxecto de mellorar a calidade e seguridade da subministración eléctrica no lugar de San Liñaio, parroquia de San Martiño de Liñaio, concello de Negreira, proxéctase a instalación dun elemento de seccionamento telecontrolado na liña de distribución LMT NEG811 CORGAL 11 (expediente 51.420) procedente da subestación Negreira, instalando un reconectador telecontrolado nun novo apoio metálico que substituirá a un de formigón existente.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado instalación de telecontrol en LMT NEG811 no apoio 9SUDG7AH//D62-2, asinado o día 27.2.2023 por Miguel Caramés Vila, graduado en enxeñaría eléctrica, número colexiado 4.769 de Vigo, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 9.11.2023.

• BOP: 23.10.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 17.10.2023.

• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 8.1.2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Negreira, Augas de Galicia, Deputación Provincial da Coruña e Servizo de Infraestruturas Agrarias. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 11.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, da Consellería e Economía e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de San Liñaio, parroquia de San Martiño de Liñaio, concello de Negreira, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Reconectador telecontrolado (RC) no novo apoio número 9SUDG7AH//D62-2 tipo C-1000/14 da LMT NEG811 CORGAL 11 (expediente 51.420) procedente da subestación Negreira, en substitución do existente de formigón. Retirada do curtacircuítos XS do apoio número 9SPWAQSU//D62-1 existente. Retensado dos vans adxacentes de LMTA 20 kV e condutor LA-30 Al.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o esixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 14 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Negreira.

Instalación de telecontrol en LMT NEG-811-apoio 9SUDG7AH//D62-2

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Encarnación Ofelia

Lueiro Riveiro

15057E508001120000KZ

Tallo Grande

Novo apoio

núm. 62-2 (ITC)

2

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías