DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 9 de agosto de 2024 Páx. 46121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Miño (expediente IN407A 2023/221-1).

Expediente: IN407A 2023/221-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: instalación de telecontrol en LMT PED705, apoio APS1GRNH//33.

Concello: Miño.

Feitos:

1. O día 27.4.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade e seguridade do servizo eléctrico, coa implementación de elementos de seccionamento telecontrolados na liña eléctrica con código PED705 Miño-COG. Lagasa 5, coa mellora dos Tiepi nas interrupcións levadas a cabo nas operacións de explotación e mantemento da citada liña.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Instalación de telecontrol en LMT PED705 apoio APS1GRNH//33”, asinado o día 26.1.2023 (visado 22300187 do 26.1.2023) por Ángel, Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en enxeñaría eléctrica, nº de colexiado 4.781 de Vigo; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 23.8.2023.

• BOP: 4.8.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 16.8.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 1.12.2023.

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Miño, Deputación Provincial, Patrimonio Cultural, e Telefónica. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 6.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, da Consellería de Economía e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Bañobre, parroquia de Castro, no concello de Miño, e as súas características técnicas son as seguintes:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PED705, de 15 kV, autorizada no expediente 33.232, de 193,8 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios nº 32 (matrícula: APS7GC14) de formigón tipo AM-AG-HV-2×(1600/14)-CR1-CAII e nº 34 (matrícula: APRJ12M6) de formigón tipo S AL-HP-400/12-B1-CSRI, consistente en:

– Substitución, respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15049A005000170000MJ sita no lugar de Bañobre (Castro), cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 32, do apoio nº 33 (matrícula: APS1GRNH) de formigón tipo AM-AL-HV-2x(1600/14)-H35-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/14-H35-CA(CS), en que se proxecta a substitución do actual interruptor telecontrolado por un novo reconectador telecontrolado composto por un equipamento interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña PED-705 de 82,7 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 32 existente e o novo apoio nº 33 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña PED-705 de 111 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 33 proxectado e o apoio nº 34 existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 14 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Miño.

Instalación de telecontrol en LMT PED-705, apoio APS1GRNH//33.

Nº parcela

Lugar

Datos catastrais

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Apoio nº

Superficie m2

1

Salgueiro

15049A005000170000MJ

Rústico. Agrario. Matogueira

Descoñecido

Novo apoio nº 33 (ITC)

2