DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 12 de agosto de 2024 Páx. 46386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boqueixón (expediente IN407A 2023/328-1).

Expediente: IN407A 2023/328-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: instalación de telecontrol en LMT SNT824 no apoIo AE15LXCE//141.

Concello: Boqueixón.

Feitos:

1. O día 6 de xullo de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade e seguridade do servizo eléctrico e dos valores do TIEPI.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentou o proxecto de execución denominado Instalación de telecontrol na LMT SNT824 no apoIo AE15LXCE//141, asinado o día 22.3.2023 por Miguel Caramés Vila, graduado en Enxeñaría Eléctrica, nº colexiado 4.769 de Vigo (COITIVigo), e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 9.11.2023.

– BOP: 23.10.2023.

– Xornal La Voz de Galicia: 16.10.2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 12.4.2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Boqueixón como entidade afectada. No día desta resolución, non consta no expediente resposta á solicitude de informe.

5. O día 28.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Santa Baia, parroquia de Vigo, no concello de Boqueixón, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Modificación, sen alterar o seu actual trazado, do treito da liña SNT-824 autorizado no expediente 51.327, de 344 metros de lonxitude en condutores tipo LA-56 e LA-30, comprendido entre os seus apoios núm. 140 (matrícula AE1D4DQQ) metálico tipo ESP-C-2000/18-T35-CA, no cal se atopa a orixe das derivadas ao CT Xiadás (expedientes 30.193 e IN407A 2016/1867-1/matrícula 15AH34) e ao CT Gastrar (expediente 30.193/matrícula 15CH35), e núm. 143 (matrícula AE15LXJ7) de formigón tipo ANG-HV-400/13-CR1-CA, consistente en:

• Desmontaxe de 133,4 metros de condutor tipo LA-30 no treito da LMT SNT-824 comprendido entre os apoios núm. 141 e núm. 142.

• Substitución, respectando a súa localización actual cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 140, do apoio núm. 141 (matrícula AE15LXCE) de formigón tipo S-AL-HV-630/15-CR-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H35-CA(CS), no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipamento interruptor e un armario de control, que pasa a ter a condición de frecuentado. Esta operación implicará a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados neste apoio.

• Substitución, respectando a súa localización actual cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 143, do apoio núm. 142 (matrícula AE1A4LQU) de formigón tipo S-AL-HV-630/15-CR-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H35-CA(CS). Rematada a instalación dos novos apoios proxectados, o condutor tipo LA-30 retirado será substituído por un novo condutor tipo LA-56.

4. Na visita de campo realizada o 24.4.2024 para examinar o lugar da instalación non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do RD 1955/2000 para impor servidumes de paso.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 11 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Boqueixón (expediente IN407A 2023/328-1).

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

1

Luis Manuel Carrillo Laviña

15012A010003970000EA

Viveiro

Novo apoio núm. 141

(ITC)

2

Rústico. Agrario. Eucaliptus

2

Julio Manuel Bermúdez Uzal

15012A010003900000EJ

Largo do Liñón

Novo apoio núm. 142

2

Rústico. Agrario. Eucaliptus