Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola directora xeral de Mobilidade no expediente sancionador número PO-03462-O-2023 e tres máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, encóntranse á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024
Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF persoa sancionada |
Infracción cometida Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
|
PO-03462-O-2023 3783-DCF |
46096875E |
Exceso de peso igual ou superior ao 25 % 29.4.2023; 7.59.00; N-640; 238,5 |
Artigo 140.23 da LOTT Artigo 197.26 do ROTT |
Artigo 143.1.c) da LOTT Artigo 201.h) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
2.001 euros |
|
PO-03729-O-2023 3296-KGF |
35579882D |
A realización de transportes de mercadorías incumprindo as condicións establecidas no artigo 54 da LOTT. 25.4.2023; 12.53.00; A-52; 282,162 |
Artigo 140.32 da LOTT Artigo 197.37 do ROTT |
Artigo 201.1.g) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
1.001 euros |
|
PO-03730-O-2023 3296-KGF |
35579882D |
Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante. 25.4.2023; 12.53.00; A-52; 282,162 |
Artigo 140.1 da LOTT Artigo 197.1 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.i) do ROTT |
4.001 euros |
|
XC-03459-O-2023 6237-LJK |
71683072F |
A realización de transportes privados de mercadorías utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE), carecendo deste. 14.3.2023; 10.10.00; AP-9M; 1,2 |
Artigo 197.45 do ROTT |
Artigo 201.h) do ROTT |
2.001 euros |
