Conforme o previsto no artigo 44 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do recurso de alzada ditada pola directora xeral de Mobilidade, no expediente sancionador número XC-00408-O-2023, tramitado por infracción da normativa reguladora do transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, encóntranse á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
Contra a resolución do recurso de alzada, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024
Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF persoa sancionada |
Infracción cometida Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
Resolución recurso |
|
XC-00408-O-2023 0753-HBB |
32145103G |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 5.10.2022; 10.45.00; DP0812; 4,5 |
Artigo 199.9 ROTT Artigo 142.8 LOTT |
Artigo 201.b) ROTT Artigo143.1 LOTT |
201 |
Desestimado |
