DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xullo de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Andón da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Andón, no concello de Forcarei (expediente RE22033).

Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade ao acordo acadado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 26 de xuño de 2024, respecto á revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal denominado Andón da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Andón, no concello de Forcarei (expediente RE22033).

O 22.4.2024, o Servizo de Montes deste departamento territorial emite o seguinte informe:

Feitos.

Primeiro. O 23.9.2022 e número de rexistro de entrada 2022/2337168 a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Andón, parroquia de Santa María de Aciveiro (Forcarei), solicita a revisión parcial do esbozo do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) Andón (ID2768). A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente RE22033. Consta no expediente a seguinte documentación:

– Revisión do esbozo do monte veciñal en man común de Andón, parroquia de Aciveiro (Santa María), concello de Forcarei. Asinada polo enxeñeiro de montes colexiado núm. 5039 o 29.12.2023.

– Certificado do secretario coa conformidade do presidente da CMVMC de Andón do 4.9.2022 da aprobación en Asemblea Xeral do 4.9.2022.

– Cartografía en formato dixital ETRS 89 UTM ZONE 29N.

Proponse a modificación dos lindes entre o MVMC de Andón coas parcelas de propietarios particulares limítrofes. Os novos lindes recollen as parcelas catastrais pertencentes ao MVMC de Andón unha vez extraídas aquelas parcelas de propiedade particular.

Segundo. O MVMC de Andón foi clasificado polo Xurado de MVMC de Pontevedra o 5.3.1975 e unha superficie inicial de 82 has. Segundo os datos do Sistema rexistral forestal regulado no artigo 126 da Lei 7/2012, de montes de Galicia:

– Non consta contrato de xestión coa Administración forestal.

– A CMVMC de Andón dispón dun documento de ordenación forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados de Galicia co núm. 360290 e vixente ata 2031.

– Non constan actos de disposición que modifican o perímetro e superficie do MVMC.

Terceiro. A superficie e perímetro da revisión do esbozo proposto total é de 89,36 has e 9,23 km. Non se modifican os límites establecidos na resolución de clasificación do Xurado de MVMC de Pontevedra do 5.3.1975.

Cuarto. O 30.11.2022, o Xurado Provincial de MVMC de Pontevedra acorda solicitar ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal clasificado a favor da CMVMC de Andón (Forcarei), expediente RE22033, coa finalidade de dar cumprimento ao establecido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, LMG), na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

Segunda. A revisión do esbozo do monte veciñal Andón proposta polo Servizo de Montes é a presentada pola CMVMC de Andón e queda definido consonte os datos reflectidos no feito terceiro.

Vista a proposta de revisión presentada polo Servizo de Montes sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal denominado Andón e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este xurado por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar a revisión do esbozo do monte veciñal denominado Andón clasificado a prol da CMVMC de Andón (Forcarei), segundo a proposta do Servizo de Montes e a planimetría elaborada por este.

Pontevedra, 29 de xullo de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común