A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 22 de xullo de 2024, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) na parcela SU-4 (área de servizos urbanos de Amio), formulado de oficio polo Concello de Santiago, e asinado en xullo de 2024 pola arquitecta municipal de Planeamento.
Segundo. Consonte o disposto no artigo 75.1 da Lei 2/2016 do solo de Galicia e no 186 do seu regulamento, o plan especial inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, efectuarse notificación persoal aos propietarios das parcelas afectadas, segundo figuren no Catastro.
Durante o trámite de información pública solicitaranse os informes sectoriais preceptivos (patrimonio cultural, telecomunicacións e estradas do Estado), así como os das empresas subministradoras de servizos. Así mesmo, darase traslado á Delegación do Goberno en Galicia e á entidade titular do gasoduto (Enagás).
As persoas interesadas poderán consultar o expediente e alegar por escrito durante o prazo de dous (2) meses. Este prazo iniciarase o día seguinte ao da última publicación deste anuncio.
A documentación pode consultarse no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web do Concello https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Plan-especial-da-parcela-dotacional-de-servizos-urbanos-SU-4.-Amio---Meixonfrio-/gl
As alegacións poderán presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela na epígrafe Catálogo de trámites a través do trámite Presentación de documentación e alegacións e da opción Achega libre. Deberase introducir o dato 2024/891V no campo Referencia e incorporar o documento das alegacións.
Tamén se poderán presentar as alegacións por calquera dos outros medios relacionados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024
A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo,
Vivenda e Cidade Histórica
