DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2024 Páx. 48589

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faise pública a resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestionar a biomasa na relación de parcelas con referencia catastral que se detallan na táboa, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Efectuar comunicación para lembrarlles aos responsables o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas dos seguintes inmobles/parcelas desta localidade:

Referencia catastral

Localización

Superficie parcela

Superficie afectada

Rede de defensa contra incendios

Persoa responsable

36025A005011740000GO (parcialmente)

Brexiña-A Lama

0,2982 ha

0,1883 ha

Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

En investigación

36025A020001600000GJ

Cornide-Antas

0,0104 ha

0,0104 ha

Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Julio Sanjurjo Villanueva

36025A020001580000GE

Cornide-Antas

0,0125 ha

0,0125 ha

Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Dalmacio Benigno Durán Adán

Hros. Laura

Rodríguez Gómez

36025A020001570000GJ

Cornide-Antas

0,0117 ha

0,0117 ha

Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Amparo Alfaya Portela

36025A020001560000GI

Cornide-Antas

0,0118 ha

0,0118 ha

Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Casilda Adoración Cabalar Adán

36025A021007120000GS

O Seixido-Seixido

0,0919 ha

0,0919 ha

Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

César Portela Villanueva

36025A018001880001HQ

O Ramallal-Antas

0,0171 ha

0,0171 ha

Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Armando Burallo Carrera

36025A011000710000GK

A Porteliña-Antas

0,1585 ha

0,1585 ha

Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Dalmacio Benigno Durán Adán

36025A014009220000GM

A Vila do Cabo-Antas

0,1464 ha

0,1464 ha

Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

José Manuel Hermida Villanueva

36025A014009300001HM

A Vila do Cabo-Antas

0,2504 ha

0,2504 ha

Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

José Manuel Hermida Villanueva

36025A002001250000GZ

As Gándaras-Verducido

0,2122 ha

0,2122 ha

Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Concepción Piñeiro Rodeiro

Mª del Carmen Couto López

Segundo. De acordo co informe do técnico municipal apreciáronse, entre outras, as seguintes deficiencias:

A parcela denunciada conta con extracto arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumpre deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Terceiro. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación DEFINITIVA tras o trámite de audiencia ou ao da publicación DEFINITIVA do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que o responsable proceda á realización das actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Cuarto. Transcorrido o dito prazo, que os servizos técnicos municipais realicen visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Quinto. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á execución subsidiaria.

Lembrarlle o responsable a obriga que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Sexto. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Nº expediente

Referencia catastral

ha afectadas pola execución

Liquidación provisional

259/2024

36025A005011740000GO

0,1883 ha

180,07 €

260/2024

36025A020001600000GJ

0,0104 ha

23,38 €

260/2024

36025A020001580000GE

0,0125 ha

28,10 €

260/2024

36025A020001570000GJ

0,0117 ha

26,30 €

260/2024

36025A020001560000GI

0,0118 ha

26,53 €

261/2024

36025A021007120000GS

0,0919 ha

206,59 €

262/2024

36025A018001880001HQ

0,0171 ha

38,44 €

267/2024

36025A011000710000GK

0,1585 ha

524,14 €

268/2024

36025A014009220000GM

0,1464 ha

372,24 €

268/2024

36025A014009300001HM

0,2504 ha

606,03 €

269/2024

36025A002001250000GZ

0,2122 ha

267,93 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, se procederá á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Sétimo. Advertir de que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, se iniciará tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Oitavo. Notificarlles esta resolución aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan examinar o expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Recibidas as alegacións ou transcorrido o prazo de audiencia outorgado, a Alcaldía formulará comunicación DEFINITIVA ao responsable, co contido sinalado no punto sétimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, na cal se lle lembrarán as mencionadas obrigas incumpridas e se lle concederá para cumprilas un prazo máximo de quince días naturais.

O que se comunica para o seu coñecemento e efectos, de conformidade co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, advertíndose que se trata dun acto de trámite e como tal non procede a interposición de recursos contra el.

No entanto, contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpor o recurso potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade e anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpor recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Así mesmo, e de conformidade co disposto nos artigos 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por este anuncio concédeselles un prazo de dez días para que se presenten nas dependencias deste concello e examinen o expediente para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

A Lama, 2 de agosto de 2024

David Carrera Cal
Alcalde presidente