DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 49029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 8 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente 2021/109 ATE).

O 4.3.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ditou resolución pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción e se declarou a utilidade pública da instalación eléctrica Incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira (Revisión 1).

Posteriormente, a beneficiaria (Begasa), o 29 de xullo de 2024, solicitou a expropiación forzosa do predio 114.

Por isto, co obxecto de que a DXPEM (órgano substantivo) declare a utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica sobre o predio núm. 114, cómpre que a Dirección Territorial de Lugo, e para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, someta a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, P.I. As Gándaras, 27003 Lugo.

Características técnicas principais:

• Novo circuíto a 132 kV da LAT Mondoñedo-Meira, cunha lonxitude de 21.180 m, con orixe no apoio 22, condutor tipo LA-280 dúplex e final no apoio 106, adaptando os armados dalgúns apoios existentes e substituíndo outros. Neste tramo substituirase o cable de fibra óptica existente por cable OPGW 96 fibras 17 kA/0,3s. A instalación disporá, tras a modificación, de 3 circuítos entre os apoios 22 e 35, e de 2 circuítos entre os apoios 35 e 106.

• Liña de alta tensión a 132 kV soterrada, cunha lonxitude de 100 m, con orixe no apoio 106 de conversión proxectado entre os apoios 104 e 105 existentes da LAT Mondoñedo-Meira, condutor tipo RHZ1-OL 76/132 kV 1×1200 Cu+H205 Cu e final na subestación de Meira. Neste tramo instalarase cable de fibra óptica PVT 96 fibras.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Dirección Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello da Pastoriza. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacion-electrica/a-pastoriza

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 8 de agosto de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

anexo

parcela

Referencia

catastral

Polígono

Parcela

Termo

municipal

Titular

Cultivo

Lonxitude

(m)

Superficie afectada

(m²)

114

27044F00200005

2

5

A Pastoriza

Fiscal Audiencia Provincial de Lugo

(Rpta. Gumersindo Castro Ledo)

Olimpia Castro Ledo
José Pablo Castro Ledo
Fiscal Audiencia Provincial de Lugo

(Rpta. Hros Lisardo Castro Ledo)

Prado/labradío

286