Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: reglamentación LMTA CRG811 no tramo entre os apoios números 63-47 e números 63-69 (Baleira).
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avda. America, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
– Reforma da LMTA CRG811 a 20 kV, no tramo comprendido entre os apoios números 63-47 e 63-69, substituíndo os apoios números 63-48, 63-49 e 63-68 por outros de celosía metálica de tipo C-18/1000, C-16/1000 e C-18/1000 respectivamente e instalando un novo apoio (núm. 63-65/1) de tipo C-20/1000 entre os apoios existentes números 63-65 e 63-66.
– Renovación do condutor tipo LA-56 entre os apoios proxectados números 63-48 e 63-49, cunha lonxitude de 160 m.
– Retensado do condutor existente tipo LA-56 nos vans contiguos ós apoios proxectados, cunha lonxitude de 723 m.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, de 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta dirección territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que xulguen oportunas no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación.
Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta dirección territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e no seguinte enlace web da Consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacion-electrica/baleira-4
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160 do 27 de xuño).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 7 de agosto de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Proxecto: regulamentación LMTA CRG811 no tramo entre os apoios números 63-47 e números 63-69 (Baleira).
Concello: Baleira (Lugo)
Expediente: IN407A 2024/53-2.
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
Apoio |
Apoio (m2) |
Sup. (m2) |
|
3 |
58 |
320 |
Seara |
Monte alto |
Herdeiros de Antonio López Pin |
63-65/1 |
1 |
2 |
