BDNS (Identif.): 780358.
De conformidade co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Obxecto, finalidade e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, para persoas traballadoras ocupadas (código de procedemento TR301X).
2. As subvencións que se concedan ao abeiro do disposto nesta orde de bases reguladoras e primeira convocatoria terán como finalidade o financiamento das especialidades formativas que se van impartir e estarán dirixidas á adquisición e mellora de competencias profesionais con impacto no mercado laboral conducentes a unha formación formal total ou parcial incluída nun certificado profesional, ou á adquisición de competencias clave.
3. As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2024-2026. Coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para o ano 2024.
Segundo. Entidades beneficiarias
1. Poderán solicitar e obter a condición de beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases as empresas e as entidades sen ánimo de lucro que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, estean acreditadas ou, de ser o caso, inscritas para impartiren no ámbito da Comunidade Autónoma as ofertas formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C e/ou as competencias clave para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial ou virtual, entendida esta última como modalidade de teleformación.
As entidades deberán dispor, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, das instalacións debidamente homologadas que permitan a impartición das actividades presenciais das acciones formativas solicitadas.
As entidades que soliciten impartir a formación na modalidade virtual deberán contar con autorización previa para a impartición das mesmas ofertas na modalidade presencial.
No caso de contar coa autorización para impartir a oferta presencial, deberá garantirse que se dispón dos requisitos de espazos e recursos necesarios para iso ou, de ser o caso, deberá formalizarse un convenio ou acordo público cun centro de formación profesional localizado na Comunidade Autónoma de Galicia que, estando acreditado na data de entrada en vigor da convocatoria para impartir as referidas ofertas na modalidade presencial, garanta a presencialidade nos casos necesarios, incluídas as probas finais de cada módulo profesional. Estes centros non se poderán modificar durante o desenvolvemento da acción formativa.
2. Para poder ser beneficiarias da subvención, as entidades deberán contar co compromiso de participación do número mínimo de persoas traballadoras ocupadas que se determine na convocatoria para poder iniciar a acción formativa, asi como do persoal docente encargado da súa impartición.
Terceiro. Accións formativas
A acción formativa está constituída polo contido específico da especialidade formativa que se vai impartir e polos módulos formativos transversais aos cales se refire a orde de bases e primeira convocatoria.
Cuarto. Determinación da subvención
O réxime de concesión e xustificación da subvención será a través de módulos económicos, segundo o previsto no Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
O anexo III de cada convocatoria incluirá a contía dos módulos económicos específicos establecidos como límite máximo que se poderá solicitar para cada familia profesional, área profesional ou especialidade formativa, de acordo co disposto no artigo 3 e no anexo I da Orde EFP/942/2022.
Para os efectos do previsto nesta orde, enténdese por módulo económico o custo por participante e hora de formación que poderá ser obxecto de financiamento público.
Quinto. Financiamento da primeira convocatoria
Destínase a esta primeira convocatoria un crédito por importe total de 4.000.000,00 €, que se imputará con cargo ás aplicacións orzamentarias que a seguir se relacionan ou a aquelas que as substitúan, de conformidade coa normativa orzamentaria aplicable, con código de proxecto 2021 00150:
|
Aplicación orzamentaria |
Total |
|
44.03.323B.471.0 |
3.200.000,00 € |
|
44.03.323B.481.0 |
800.000,00 € |
|
Total |
4.000.000,00 € |
Sexto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes, contado desde o día da entrada en vigor da orde, estará aberto ata o día 31 de outubro de 2024 ou, de ser o caso, ata que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.
Sétimo. Forma e lugar de presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes.
Oitavo. Execución da primeira convocatoria
As accións formativas deberán comezar no prazo máximo dun mes, contado desde a data de notificación da resolución de concesión, e requirirán a validación previa do persoal técnico da unidade administrativa competente a través da aplicación informática SIFO.
A data límite para o remate das accións formativas da primeira convocatoria será o 30 de novembro de 2024.
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2024
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
