DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 2 de setembro de 2024 Páx. 49181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Dumbría (expediente IN407A 2022-270-1).

Expediente: IN407A 2022/270-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Regulamentación LAMT POT810 San Crimenzo-Olveira 10 entre os apoios 9CP31FTV//D53 e 9CKLU1H6//D53-6.

Concello: Dumbría.

Feitos:

1. O día 9.9.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co fin de realizar obras de regulamentación nun tramo da liña de distribución de media tensión denominada LMTA POT810 San Crimenzo-Olveira 10 (IN407A 09/291) por danos e irregularidades, no concello de Dumbría.

Proxéctase a substitución de tres apoios de madeira por metálicos de celosía e a substitución do condutor existente.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Regulamentación LAMT POT810 San Crimenzo-Olveira 10 entre apoios 9CP31FTV//D53 e 9CKLU1H6//D53-6, asinado o día 1.2.2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado LE-1010, anexo asinado o día 9.8.2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, núm. colexiado 15.670 de Madrid; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 25.5.2023.

• BOP: 5.5.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 4.7.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 1.4.2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública, non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Dumbría.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta do Concello de Dumbría á solicitude de informe.

5. O día 26.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no concello de Dumbría, e as súas características técnicas son as seguintes:

Actuación 1: regulado de LMTA a 20 kV, de 21 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. 9CP31FTV//D53 existente da LMTA POT810 San Crimenzo-Olveira 10 (IN407A 09/291) e remate no apoio núm. 9COLB5R4//D53-1 existente.

Actuación 2: substitución condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 218 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. 9COLB5R4//D53-1 existente da LMTA POT810 San Crimenzo-Olveira 10 (IN407A 09/291) e remate no apoio núm. 9CKLU1H6//D53-6 existente.

Substitución dos apoios existentes na LMTA POT810 San Crimenzo-Olveira 10 (IN407A 09/291):

• AP 9CN6NDFQ//D53-3 de tipo madeira con cruceta en triángulo por un apoio tipo celosía AAL-C-1000-14 (800-1500) - Cruceta H-35–6xCA-(CS).

• AP 9CLGATFF//D53-5 de tipo madeira con cruceta triángulo por un apoio tipo celosía A-AL-C-2000-12 (2000-600)-Cruceta H-35-6xCA-(CS).

Desmantelamento dos apoios existentes na LMTA POT810 San Crimenzo-Olveira 10 (IN407A 09/291): AP 9CO2L3HP//D53-2 de tipo madeira con cruceta e AP núm. 9CMC8JHD//D53-4 de tipo madeira con cruceta en triángulo.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o esixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 12 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Dumbría

Regulamentación LAMT POT8-10 San Crimenzo-Olveira 10 entre os apoios 9CP31FTV//D53 e 9CKLU1H6//D53-6

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de

enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Núm. do apoio

Superficie

(m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Antonio Díaz Trillo

Polígono 505, parcela 487

Grisa Moura

Novo apoio núm. D53-3

2

Matogueira

2

Antonio Trillo Lema

Polígono 505, parcela 485

Grisa Moura

Novo apoio núm. D53-5 (½)

1

Prado. Matogueira

3

Antonio Trillo Lema

Polígono 505, parcela 169

Grisa Moura

Novo apoio núm. D53-5 (½)

1

Prado. Matogueira