Expediente: IN407A 2024/069-4.
Promotora: Acuñanova, S.L., B94103983.
Denominación: LMT, CS Polígono Industrial de Barro, parcela A-20, Outeda.
Concello: Barro.
Feitos:
1. O 21.2.2024, Acuñanova, S.L. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMT, CS Polígono Industrial de Barro, parcela A-20, Outeda.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro agrónomo César Vázquez Valcárcel, colexiado 742 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, e polo enxeñeiro técnico industrial José Manuel Engroba Cabo, colexiado número 654 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, e no que figura un orzamento total de 58.813,39 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na instalación dun centro de seccionamento nunha nave destinada a obradoiro artesán de panadaría, pastelaría e confeitaría e dunha liña de media tensión subterránea de 12 metros de lonxitude. As actuacións están previstas no polígono industrial de Barro, parcela A-20 (referencia catastral 36002A049003220000HZ), en Outeda, no concello de Barro (Pontevedra).
2. Non hai administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Dirección Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 12 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS BRA801, entre os centros de transformación 36CXV1 e 36CXV8, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado.
– Centro de seccionamento (CS) con celas prefabricadas baixo envolvente metálica con corte e illamento en SF6.
A instalación está situada no polígono industrial de Barro, parcela A-20, Outeda, no concello de Barro (Pontevedra).
Conforme ao indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar a Acuñanova, S.L. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMT, CS Polígono Industrial de Barro, parcela A-20, Outeda, expediente IN407A 2024/069-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. Acuñanova, S.L. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado dirección final de obra no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 15 de xullo de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
